Outes Dixital
Taboleiro de anuncios
BOLSA DE EMPREGO PERSOAL DE LIMPEZA: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS AO PROCESO DE SELECCIÓN
23/06/2022O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía aprobando a listaxe provisional de admitidos ao proceso de selección de persoal para unha bolsa de emprego para persoal de limpeza.
CAMPAMENTO DE VERÁN 2022, OUTES CONCILIA: LISTAXE DEFINITIVA
21/06/2022O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de admitidas/os no campamento de verán 2022.
SELECCIÓN DE 6 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS
17/06/2022O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal, fase oposición, fase concurso e resolución da 2ª convocatoria do proceso de selección para cubrir 6 postos de socorristas en espazos acuáticos naturais para a campaña de verán de 2022.
SELECCIÓN DE 6 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS
14/06/2022O Concello de Outes publica a acta de desenvolvemento da fase de concurso e resolución da convocatoria do proceso de selección para cubrir 6 postos de socorristas en espazos acuáticos naturais para a campaña de verán de 2022.
ANUNCIO DE APROBACIÓN DO PADRÓN FISCAL DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO ANO 2022.
14/06/2022A Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión do 7 de xuño de 2022, aprobou o padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano 2022, composto por un total de 5.636 recibos.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2022
14/06/2022O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal, exame de galego e resolución da convocatoria para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2022.
SELECCIÓN DE 6 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS
14/06/2022O Concello de Outes publica a lista definitiva de admitidos/as ao proceso de selección para cubrir 6 postos de socorristas en espazos acuáticos naturais para a campaña de verán de 2022.
CAMPAMENTO DE VERÁN 2022, OUTES CONCILIA
10/06/2022O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidas/os no campamento de verán 2022.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2022
10/06/2022O Concello de Outes publica a acta coa puntuación total da fase de concurso para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2022.
SELECCIÓN DE 6 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS
09/06/2022O Concello de Outes publica a ACTA DE CONSTITUCIÓN DO TRIBUNAL E DESENVOLVEMENTO DA FASE OPOSICIÓN: PROBA APTITUDE FÍSICA do proceso de selección para cubrir 6 postos de socorristas en espazos acuáticos naturais para a campaña de verán de 2022.
CONTRATACIÓN DUN TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2022
08/06/2022O Concello de Outes publica a acta coa puntuación e a resolución da convocatoria do proceso de selección para cubrir 1 posto de tractorista dentro do Programa APROL RURAL 2022.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2022
08/06/2022O concello de Outes publica a acta co resultado do desenvolvemento do segundo exercicio da fase oposición, puntuación total da fase oposición e convocatoria do exame de galego, do proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2022.
SELECCIÓN DE 6 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS
03/06/2022O Concello de Outes publica a lista definitiva de admitidos/as ao proceso de selección para cubrir 6 postos de socorristas en espazos acuáticos naturais para a campaña de verán de 2022.
CONTRATACIÓN DUN TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2022
03/06/2022O Concello de Outes publica a resolución coa lista definitiva de admitidos e a data para a realización da proba práctica do proceso de selección para cubrir 1 posto de tractorista dentro do Programa APROL RURAL 2022.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2022
02/06/2022O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal cualificador e desenvolvemento do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2022, e a data de realización do segundo exercicio.
BANDO DO CONCELLO: CACHARELAS DE SAN XOÁN
02/06/2022As persoas ou asociacións que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no concello antes das 14:00 horas do 22 de xuño.
BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DE LIMPEZA PARA O CONCELLO DE OUTES
02/06/2022O Concello de Outes publica no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 103, do mércores 1 de xuño de 2022, a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal de limpeza no concello de Outes.
Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 02/06/2022 ata o 15/06/2022, ambos inclusive.
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I.
31/05/2022O Concello de Outes publica no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 102, do martes 31 de maio de 2022, as convocatorias para a creación de dúas bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.).
Os postos a cubrir son:
- PERSOAL DE ATENCIÓN EDUCATIVA
Ver bases
Impreso de solicitude
- PERSOAL DE APOIO/AUXILIAR
Ver bases
Impreso de solicitude
CONTRATACIÓN DUN TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2022
30/05/2022O Concello de Outes publica as bases do proceso de selección para cubrir 1 posto de tractorista dentro do Programa APROL RURAL 2022.
SELECCIÓN DE 6 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS
30/05/2022O Concello de Outes publica as bases do proceso de selección para cubrir 6 postos de socorristas en espazos acuáticos naturais para a campaña de verán de 2022.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2022
27/05/2022O concello de Outes publica a relación definitiva de admitidos e data do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2022.
PUNTO ATENCIÓN Á INFANCIA (PAI)
27/05/2022O Concello de Outes publica a lista definitiva de admitidos/as e agarda logo de rematado o prazo ordinario para solicitudes de novo ingreso no PAI para o curso 2022/2023 e as datas para formalizar a matrícula.
OFERTA DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE OUTES
25/05/2022O Concello de Outes publica a Oferta de Emprego Público, ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2022
04/05/2022O concello de Outes informa da apertura do prazo de inscrición no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2022.
A solicitude de inscrición e a información sobre os requisitos de participación e o procedemento de selección poden consultarse nos arquivos adxuntos.
O prazo de presentación de solicitudes remata o xoves 18 de maio de 2022.
PUNTO ATENCIÓN Á INFANCIA: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022/2023
28/04/2022O Concello de Outes publica a lista provisional de admitidos/as e agarda logo de rematado o prazo ordinario para solicitudes de novo ingreso no P.A.I. para o curso 2022-2023.
As persoas solicitantes disporán dun prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución das listaxes provisionais, para a presentación das reclamacións no rexistro xeral do concello.
INFORMACIÓN PÚBLICA DA SOLICITUDE DE DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DO PROXECTO DO PARQUE EÓLICO BANZAS NOS CONCELLOS DE OUTES, NEGREIRA E MAZARICOS
25/04/2022O Concello de Outes informa que no DOG do 25 de abril se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Banzas, nos concellos de Outes, Negreira e Mazaricos.
O anuncio pode verse completo no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220425/AnuncioG0596-290322-0005_gl.html
INFORMACIÓN PÚBLICA DA SOLICITUDE DE DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DO PROXECTO DO PARQUE EÓLICO MARAGOUTO NOS CONCELLOS DE OUTES E MAZARICOS
19/04/2022O Concello de Outes informa que no DOG do 19 de abril se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Maragouto, nos concellos de Outes e Mazaricos.
O anuncio pode verse completo no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220419/AnuncioG0596-060422-0001_gl.html
CONVOCATORIA DAS PROBAS CELGA
21/03/2022A Xunta abre o prazo para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados oficiais que acreditan os niveis de coñecemento da lingua galega, os Celga. A realización das probas dos Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 está prevista para os meses de maio e xuño en Santiago de Compostela e Ponferrada. As datas concretas das probas así como os lugares exactos para facelas publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galiza (DOG) e no Portal da Lingua Galega (lingua.gal).
O prazo para matricularse vai do 21 de marzo ao 8 de abril de 2022.
Máis información https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PL500C&ano=2022&numpub=1&lang=gl
PUNTO ATENCIÓN Á INFANCIA: RENOVACIÓNS DE PRAZAS PARA O CURSO 2022/2023 E PRAZAS VACANTES
17/03/2022O Concello de Outes publica a lista definitiva de admitidos/as no P.A.I. e as prazas vacantes dispoñibles para o curso 2022/2023.
ESTABLECEMENTO DE DIRECCIÓN ÚNICA NAS RÚAS ROSALÍA DE CASTRO E AGRIÑO
17/03/2022O Concello de Outes ten a intención de establecer como vía de dirección única un tramo da rúa Rosalía de Castro e outro da rúa Agriño, ambas na Serra de Outes.
Os interesado/as en realizar algún tipo de consideración ou alegación poderano facer nas oficinas da casa do concello antes do vindeiro 25 marzo.
AXUDAS DE TRANSPORTE ESCOLAR 2021-2022 PARA ESTUDOS NON OBRIGATORIOS
04/03/2022O Concello de Outes comunica a todos os estudantes empadroados nel, e que estean realizando estudos fóra do municipio, que poden solicitar axudas para o transporte escolar dende calquera punto do concello ata o seu lugar de ensino.
O prazo de solicitude é de 20 días naturais dende a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA: SOLICITUDES DE RENOVACIÓN E NOVO INGRESO PARA O CURSO 2022/2023
25/02/2022O concello de Outes publicou no BOP do venres 25 de febreiro de 2021 o procedemento de renovación, novo ingreso, admisión e matrícula de persoas usuarias do Punto de Atención á Infancia para o curso 2022/2023.
O prazo de presentación de solicitudes de renovación de praza será entre o 4 e o 11 de marzo de 2022, ambos inclusive. O prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso será do 21 de marzo ó 13 de abril de 2022, ambos inclusive.
Ditas solicitudes poden presentarse por medios electrónicos, a través da sede electrónica do Concello ( https://outes.sedeelectronica.gal), ou de xeito presencial, solicitando cita previa coa educadora familiar do Concello nos teléfonos 637 063 653 ou 981 850 003.
Pode consultarse o procedemento de renovación, novo ingreso, admisión e matrícula de persoas usuarias e máis descargar o impreso de solicitude de praza no apartado web do P.A.I.
Máis información no Punto de Atención á Infancia e/ou educadora familiar do Concello.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS/OS NO CAMPAMENTO TEMPO DE ENTROIDO 2022 DO PROGRAMA “OUTES CONCILIA”
24/02/2022O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidos/as no Campamento Tempo de Entroido 2022, do programa “Outes Concilia”.
PROBAS E CURSO PREPARATORIO DAS COMPETENCIAS CLAVE
21/02/2022O Concello de Outes abre o prazo para matricularse no curso preparatorio das probas de competencias clave. A finalidade destas competencias é a de mellorar a formación para poder cursar con aproveitamento os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e poder así, mellorar a inserción laboral.
O prazo para matricularse nas probas está aberto até o 7 de abril de 2022. A inscrición poderá facerse electronicamente na web:
https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave/convocatoria-probas
ou de maneira presencial por rexistro no concello.
Por outra banda, o curso preparatorio organizado polo Concello de Outes, comezará o 31 de marzo. As aulas impartiranse na casa da cultura tódolos xoves de 11:00 a 12:30 horas e prepararanse as materias de: Comunicación en lingua galega, Comunicación en lingua castelá e Competencia matemática. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse no Servizo de Educación Familiar.
Para resolver dúbidas e máis información chamar ao teléfono 981 85 00 03 e preguntar por Juana.
CONVOCATORIA DE CURSOS DE LINGUA GALEGA
14/02/2022A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca os cursos voluntarios e gratuítos de preparación das probas dos Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Cursos presenciais:
Haberá cursos presenciais na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Celebraranse en sesións de dúas horas e media, de luns a xoves, entre o 21 de marzo até o 12 de maio. Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas.
Cursos de teleformación:
Haberá tamén cursos na modalidade de teleformación entre o 21 de marzo e o 12 de maio co seguinte número de prazas:
- Celga 1: 150 prazas
- Celga 2: 150 prazas
- Celga 3: 180 prazas
- Celga 4: 390 prazas
Prazo de inscrición: estará aberto até o 7 de marzo.
As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal
Para dúbidas e máis información contactar co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Outes no enderezo electrónico normalizacion@outes.gal ou chamar ao teléfono 981 85 00 03 e preguntar por Luís.
Ligazón ao Diario Oficial de Galiza https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220214/AnuncioG0598-260122-0002_gl.html
CENTRO PARA A TRANSFORMACIÓN DO LIXO MARIÑO
11/02/2022O Concello de Outes participa nesta iniciativa subvencionada polo GALP Costa Sostible xunto coa Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra-Ría de Muros Noia, Asociación A Creba, Asociación de Saúde Mental Misela e o Centro especial de emprego ADISBISMUR.
O principal obxectivo do proxecto é promover o aproveitamento de restos e lixo mariño derivado da actividade pesqueira e a súa reintrodución no sector, xerando dinámicas de economía circular e minorizando o impacto da contaminación nos recursos naturais e entorno mariño e costeiro. Ademais o proxecto diríxese á integración social, contribuíndo á súa vez a reforzar á colaboración entre axentes, ao coidado ambiental e á dinamización económica da zona costeira.
O proxecto implica a transformación social e a defensa dos intereses colectivos e do ben común, apoiando a xeración de redes de traballo colaborativo entre o sector pesqueiro, entidades de inclusión e concello, deseñando un proxecto de economía circular que se centra no aproveitamento de recursos ou refugallos das actividades pesqueiras, dándolle un novo uso dirixido centralmente á actividade pesqueira.
![]() |
FORMACIÓN PARA O EMPRENDEMENTO
31/01/2022Dende a Axencia de Desenvolvemento Local ponse en marcha un programa formativo para persoas emprendedoras e para alumnos de ciclos de FP.
PROPOSTA PARA A DECLARACIÓN COMO ESPAZO NATURAL DE INTERESE LOCAL (ENIL) “MONTE DA PENA”
25/01/2022O Pleno da Corporación acordou iniciar o procedemento para solicitarlle á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a declaración do Espazo Natural de Interese Local “Monte da Pena”.
Polo tanto, exponse ao público dita proposta coa finalidade de que as persoas e entidades interesadas poidan presentar ante o Concello, no prazo dun mes, as suxestións e alegacións que xulguen oportunas.
Ver memoria descriptiva para a solicitude de declaración do ENIL
PROXECTO DE REHABILITACIÓN DO ESTALEIRO TRADICIONAL CIPRIÁN
12/01/2022O proxecto de rehabilitación do Estaleiro tradicional Ciprián, na enseada de Broña, consiste na creación dun centro de interpretación e museístico que poña en valor a carpintería de ribeira para un uso cultural e educacional.
Co apoio económico do GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa sostible estase a rehabilitar integralmente a antiga carpintería de ribeira. Nela conservarase a esencia orixinal de todos os seus espazos: un espazo exterior cuberto de estrutura de madeira e 330 m2 de superficie, onde se construían as embarcacións, do que se recuperará a súa estrutura mediante o uso de madeira, e o Taller-Serradoiro, un espazo pechado de 117 m2 de superficie útil onde se cortaba e labraba a madeira e se creaban as maquetas das embarcacións, que se recuperará como novo espazo museístico formado por catro salas de exposicións: a de recepción, a polivalente, a de exposición permanente coa serra e resto de ferramentas en exhibición e a sala do motor Ayón.
RESOLUCIÓN SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE ÍNDOLE SOCIAL, LÚDICO, CULTURAL E DEPORTIVO DE INTERESE PÚBLICO 2021
28/12/2021Publicada a resolución das SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE ÍNDOLE SOCIAL, LÚDICO, CULTURAL E DEPORTIVO DE INTERESE PÚBLICO 2021
RESOLUCIÓN AXUDAS DESTINADAS Á ADQUISICIÓN DE MATERIAL INFORMÁTICO
28/12/2021A seguir publícase o decreto de resolución das subvencións destinadas á adquisición de material informático.
Resolución subvencións axudas á accesibilidade
22/12/2021A seguir publícase o decreto de resolución das subvencións destinadas á promoción da autonomía persoal e accesibilidade.
Listado provisional persoas admitidas campamento Tempo de Nadal. Outes concilia
21/12/2021Listaxe provisional de admitidos/as nas quendas do campamento de Nadal 2021.
PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES)
01/12/2021O Concello de Outes ven de aprobar no seu pleno municipal o Plan de acción municipal para o clima e a enerxía sustentable. A elaboración e aprobación deste Plan é un factor fundamental na loita contra o cambio climático e tamén para o fomento do uso das enerxías renovables.
ANUNCIO DE APROBACIÓN DO PADRÓN FISCAL DE SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE DO 2º SEMESTRE DE 2020
01/12/2021A Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión do 9 de novembro de 2021 aprobou o padrón de contribuíntes da taxa polo servizo de subministro de auga potable do 2º semestre de 2020, composto por un total de 1423 recibos.
SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE ÍNDOLE SOCIAL, LÚDICO, CULTURAL E DEPORTIVO
23/11/2021O Concello de Outes anuncia a convocatoria de subvencións a entidades culturais, deportivas, ANPAS, comisións de festas e asociacións de índole social, para o ano 2021.
AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E A ACCESIBILIDADE
08/11/2021O Concello de Outes convoca axudas individuais para a promoción da autonomía persoal e a accesibilidade.
Poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia e/ou discapacidade ou a teñan solicitada con anterioridade a apertura do prazo de solicitude das axudas e que acrediten a necesidade das actuacións solicitadas e cumpran os requisitos sinalados nas bases reguladoras da convocatoria.
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL INFORMÁTICO
08/11/2021O Concello de Outes convoca axudas individuais para a adquisición de determinado material informático para o alumnado do curso actual.
Poderán solicitar estas axudas todas/os as/os alumnos/as que durante o ano 2021 cursen estudios de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación profesional e Universidade, e cumpran os requisitos sinalados nas bases reguladoras da convocatoria.
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PROXECTO “PARQUE EÓLICO VAQUEIRA”
29/10/2021O Concello de Outes publica, para a súa exposición pública, a documentación do proxecto “Parque eólico Vaqueira”.
ADXUDICACIÓN DE PRAZAS A FAMILIAS DE ESPECIAL CONSIDERACIÓN PARA ESTADÍAS DE FIN DE SEMANA NA ESTACIÓN DE MONTAÑA DE MANZANEDA
29/10/2021O Concello de Outes informa que está aberto o prazo para a solicitude de prazas para estadías de fin de semana a familias de especial consideración dentro do programa Montaña en familia na estación de montaña de Manzaneda para o ano 2021.
Poderán ser beneficiarias deste programa as seguintes familias de especial consideración residentes na Comunidade Autónoma de Galicia: familias numerosas, familias monoparentais, familias acolledoras, familias vítimas de violencia de xénero.
Convócanse 600 prazas (individuais) para participar do programa durante as fins de semana do mes de novembro e as dúas primeiras do mes de decembro. As estadías comprenden desde o venres pola noite ata o domingo ao mediodía.
Cada unidade familiar poderá presentar, a través dunha persoa que a represente, unha solicitude para a adxudicación de prazas preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.gal) ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
A data límite de presentación de solicitudes é o vindeiro 15 de novembro de 2021.
Máis información no despacho da Educadora Familiar ou no tfno 981850003 (Juana).
ANUNCIO: ESTUDO DE IMPACTO AMBIENTAL E A SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA PREVIA DO PARQUE EÓLICO SETE FONTES
18/10/2021O Concello de Outes informa do anuncio da área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno en Galicia, polo que se somete a información pública o Estudo de Impacto Ambiental e a solicitude de Autorización Administrativa Previa do Parque Eólico Sete Fontes de 54 MW e a súa infraestrutura de evacuación.
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PROXECTO “SOLUCIÓN DE EVACUACIÓN CONXUNTA DOS PARQUES EÓLICOS MARAGOUTO E BANZAS”
13/10/2021O Concello de Outes publica, para a súa exposición pública, a documentación do proxecto “SOLUCIÓN DE EVACUACIÓN CONXUNTA DOS PARQUES EÓLICOS MARAGOUTO E BANZAS”
PROGRAMA “OUTES CONCILIA”: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS NOS SERVIZOS DE MADRUGADORES E TARDES DIVERTIDAS PARA O CURSO 2021-2022
22/09/2021O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía coa listaxe definitiva de admitidos/as nos servizos de Madrugadores e Tardes Divertidas do Programa “Outes Concilia” para o curso 2021-2022.
ANUNCIO DE CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A CESIÓN DE USO DE PREDIOS RÚSTICOS MUNICIPAIS NO LUGAR DE GOSENDE, EN VALADARES
17/09/2021O Concello de Outes anuncia unha convocatoria para a cesión de uso de predios rústicos municipais.
PROGRAMA “OUTES CONCILIA”: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS NOS SERVIZOS DE MADRUGADORES E TARDES DIVERTIDAS PARA O CURSO 2021-2022
08/09/2021O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía coa listaxe provisional de admitidos/as nos servizos de Madrugadores e Tardes Divertidas do Programa “Outes Concilia” para o curso 2021-2022.
BONO COIDADO
23/08/2021O Concello de Outes informa de que está aberto o prazo para a solicitude de axudas económicas para a conciliación. As axudas están destinadas ó pagamento do importe de servizos de atención á infancia, ben por situacións puntuais de necesidade coa contratación de persoal ou servizos de atención á infancia no domicilio, ou ben coa asistencia a servizos autorizados de conciliación (ludotecas, espazos infantís) e/ou a campamentos nos períodos de vacacións escolares.
Poderán ser beneficiarias as familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para a atención de necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 30 de setembro de 2021.
Máis información no despacho da Educadora Familiar ou no teléfono 981 850 003 (Juana).
SELECCIÓN DE 2 OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES PERCEPTORES DA RISGA PARA O CONCELLO DE OUTES: ACTA
19/08/2021O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal cualificador e desenvolvemento dos exercicios dos/das aspirantes ao proceso de selección de dúas persoas que sexan perceptoras da Renda de Inserción Social de Galicia (Risga) para desenvolver o traballo de operarias de Servizos Múltiples.
CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA)
18/08/2021A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no Diario Oficial de Galiza (DOG) a convocatoria de cursos en liña de linguaxe administrativa de nivel medio e superior e os cursos preparatorios para o Celga (2021/2022).
Estes cursos son de balde e impartiranse entre outubro de 2021 e maio de 2022, en horario de mañá ou de tarde.
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2021, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro), e desde o 4 ata o 14 de xaneiro de 2022, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).
Para máis información consultar o DOG Núm. 155, chamar ao teléfono 981 850 003 ou escribir a normalizacion@outes.gal
INCENTIVOS A LA CONTRATACIÓN DEL ALUMNADO-TRABAJADOR DEL TALLER DUAL DE EMPLEO “OUTES-NOIA-LOUSAME 2020”
16/08/2021El Ayuntamiento de Outes publica las bases de convocatoria de ayudas a través de incentivos a la contratación temporal por cuenta ajena a favor del alumnado-trabajador del taller dual de empleo “OUTES-NOIA-LOUSAME 2020”.
PROCESO DE AVALIACIÓN E ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS
17/06/2021O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Outes informa que xa está aberto o prazo para o proceso de avaliación e acreditación de competencias profesionais adquiridas.
OBRAS FINANCIADAS POLOS FONDOS EUROPEOS FEADER. PLAN MUNICIPAL DE MELLORA DE CAMIÑOS 2020-2021
02/06/2021ANUNCIO DE APROBACIÓN DO PADRÓN FISCAL DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO ANO 2021.
19/05/2021A Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión do 11 de maio de 2021, aprobou o padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano 2021, composto por un total de 5.609 recibos.
MODIFICACIÓN DO PXOM PARA CHAN INDUSTRIAL
19/05/2021O Concello de Outes informa que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental abríu o prazo de consultas no procedemento de avaliación ambiental estratéxica que inicia os trámites para modificar o PXOM de Outes, de cara a delimitar un novo sector urbanizable industrial.
MODELO DE CARTEL PEL-REACTIVA
23/03/2021Segundo as obrigas das bases reguladoras das axudas PEL-Reactiva, poñemos a disposición dos negocios beneficiarios un modelo de cartel no que se fai pública a axuda da Deputación da Coruña e o Concello de Outes.
PUNTO ATENCIÓN Á INFANCIA CURSO 2021/2022: RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA APROBANDO AS SOLICITUDES DE RENOVACIÓN
17/03/2021O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía coa lista definitiva de admitidos/as, logo de rematado o prazo para solicitudes de renovación, no Punto de Atención á Infancia de Outes para o curso 2021/2022.
PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA DE PERSOAS USUARIAS DO P.A.I. DE OUTES
04/03/2021O Concello de Outes informa de que xa está publicado no BOP o procedemento de renovación, novo ingreso, admisión e matrícula de persoas usuarias do Punto de Atención á Infancia do concello para o curso 2021/2022.
Dito procedemento pode consultarse no BOP da provincia da Coruña do 4 de marzo.
DESPREGUE DA FIBRA ÓPTICA EN OUTES
23/02/2021Segundo nos trasladan da empresa que está a realizar o despregue da fibra óptica no concello, do que é responsable Telefónica, nas últimas semanas realizáronse as obras de conexión nos lugares de Catasueiro, Áspera e Viro. O servizo aínda tardará en estar efectivo canto menos un mes. O plan segue coas obras de Villardigo, Cuns e Lagoa.
Por outra banda, os problemas de conexión na rúa da Capela, na Serra de Outes, tamén están sendo solucionados co que o servizo poderá ser efectivo proximamente.
Picar aquí para ver as previsións de despregue nos distintos lugares do concello.
MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DE LIXO
07/11/2020O Concello de Outes publica o certificado de modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de recollida e tratamento de lixo.
LOCAL DE ENSAIO DO CONCELLO DE OUTES
14/10/2020O Concello de Outes pon a disposición da cidadanía do concello e/ou xente vinculada ao mesmo cunha relación de traballo e/ou familia un espazo para o ensaio musical.
O local de ensaio está situado nunha aula do antigo colexio do Cruceiro de Roo e conta cun espazo insonorizado e dispón tamén dun almacén para gardar os instrumentos.
DEPÓSITO DO LIXO NOS CONTEDORES
06/05/2020A FEGAMP recomenda pechar as tapas dos contedores de lixo. As tapas deben permanecer pechadas por hixiene, para evitar cheiros, minimizar a proliferación de animais e insectos e por cuestións económicas.
A contaminación de coronavirus polo contacto directo coas tapas dos contedores pódese evitar co uso de luvas cando se vaia depositar o lixo, botando un xel hidroalcólico e lavando as mans con auga e xabón. Estas medidas son efectivas e evitan a exposición da poboación aos riscos sanitarios derivados de deixar as tapas dos contedores abertas.
CAMPAÑA “ESTAMOS CONTIGO, A VIOLENCIA DE XÉNERO PARÁMOLA UNIDAS”
28/04/2020Recursos de prevención da violencia de xénero en situación de confinamento polo COVID-19.
MODIFICACIÓN NOS TRÁMITES PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS MENORES DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO NAS PROXIMIDADES DOS RÍOS
22/04/2020O Concello de Outes anuncia que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou un novo decreto para facilitar a execución de obras menores de conservación e mantemento nas proximidades dos ríos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.
Trátase da modificación do Decreto 1/2015, do 15 de xaneiro, que aumenta os casos nos que se pode substituír o trámite de autorización polo de declaración responsable. Inclúense traballos menores na zona de policía dos ríos da demarcación Galicia-Costa, en xeral unha franxa de 100 metros a cada lado das canles dos ríos.
Este cambio no regulamento introduce ademais que os traballos menores do dominio público hidráulico ou na zona de policía poidan comezarse dende o mesmo momento da prestación da declaración responsable, o que axiliza a súa tramitación.
CERTIFICADO DE ACORDO PLENARIO
03/04/2020O Concello de Outes informa do acordo de aprobación do Plan Anual Normativo para o ano 2020.
PROXECTO MUSEISTICO ESTALEIRO “CIPRIAN”
17/01/2020O proxecto museográfico define as características xerais da exposición que albergará o futuro estaleiro rehabilitado, onde o fío condutor será a Carpintería de Ribeira: a edificación, o oficio e as súas técnicas construtivas.
O proxecto é froito dos arquitectos Iago Fernández Penedo e Óscar Fortes Dopico, (A tese doutoral de Fortes versa sobre as arquitecturas das carpinterías de ribeira en Galicia) e afrontouse como unha actuación de consolidación e respecto polo antigo estaleiro tradicional, mantendo os volumes que configuraban a carpintería de ribeira orixinal, sen modificala, tal cal chegou aos nosos días, debido a que é froito da evolución e da memoria da actividade de construción de embarcacións de madeira que alí se desenvolvían.
A idea expositiva non trata de presentar toda a información dispoñible sobre o tema se non que busca elaborar unha síntese que axude á interpretación, que simplifique a visita e a aprendizaxe. Pódense expor instrumentos que amplíen e concreten o discurso: exposicións temporais, actividades de difusión, publicacións, visitas guiadas... A idea é converter toda a área como un exemplo vivo do tradicional oficio de construcións de madeira, que sirva como un referente na defensa, a posta en valor e a continuidade da identidade e memoria do patrimonio marítimo galego en xeral, e en concreto do municipio de Outes.
PROXECTO FINANCIADO POLA UNION EUROPEA A TRAVÉS DO GRUPO DE ACCION LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO-SEO DE FISTERRA RÍA DE MUROS-NOIA: COSTA SOSTIBLE.
ANUNCIO DE APROBACIÓN DE ORDENANZAS E REGULAMENTOS
04/12/2019De conformidade cos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 56 do Texto Refundido de Réxime Local, sométese a información pública polo prazo de trinta días, a contar desde o seguinte á publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que poida ser examinados, os textos de ordenanzas e regulamentos que a continuación se publican e poidan, no seu caso, presentarse as reclamacións que se estimen oportunas. Durante o devandito prazo poderá ser examinada por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica e nesta páxina web:
Ver REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DO CONCELLO DE OUTES
Ver REGULAMENTO DO PROGRAMA “OUTES CONCILIA”
No caso de non presentarse reclamacións no citado prazo, entenderase definitivamente aprobado o acordo de aprobación inicial das ordenanzas e regulamentos.
SAT – SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ: Agrupación de Concellos de Noia, Lousame, Muros, Outes e Porto do Son
24/10/2019Que é o SAT?
É un Servizo de Atención Temperá de carácter público e gratuíto que atende á poboación infantil de 0 a 6 anos, ás súas familias e á súa contorna, que ten por obxectivo atender o máis axiña posible as necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos/as con trastornos no seu desenvolvemento ou con risco de padecelos.
Que ofrece?
- Diágnose e valoración dos trastornos de desenvolvemento dos/das nenos/as
- Apoio en todas as areas de desenvolvemento do/a neno/a:
- Desenvolvemento psicomotor
- Desenvolvemento cognitivo
- Desenvolvemento da linguaxe e comunicación
- Desenvolvemento da autonomía
- Desenvolvemento da área social e afectiva
- Apoio, información, habilitación e formación da familia:
- Terapia psicolóxica individual
- Grupos de familias.
- Coordinación coa contorna:
- Colaboración cos /as profesionais do ámbito social, educativo e sanitario e outros recursos da comunidade
Como se pode acceder ao SAT?
- Calquera familia residente nos concellos de Noia, Lousame, Muros, Outes ou Porto do Son poderá solicitar información e atención no mesmo.
- Por derivación pediátrica.
Como contactar co SAT?
- Chamando ao 981 824 248
- A través de correo electrónico sat@noia.es
- Acudindo directamente ao Servizo, situado en Frei Lois Rodríguez, nº 9, baixo- Noia
Normativa que regula os Servizos de Atención Temperá:
Decreto 183/2013 polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá
Protocolo de coordinación, intervención e derivación interinstitucional en Atención Temperá