Taboleiro de anuncios

BANDO: AMPLIACIÓN DE HORARIO POLAS FESTAS DE ENTÍNS
13/09/2024

O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación, en dúas horas, dos horarios xerais de peche dos establecementos públicos, na Serra de Outes, durante a noite do sábado 14 de setembro de 2024.

 Ver bando

BANDO DA ALCALDÍA: DESIGNACIÓN DE XUIZ/A DE PAZ SUBSTITUTO/A
18/07/2024

MANUEL GONZÁLEZ LÓPEZ, ALCALDE-PRESIDENTE deste Concello, fago saber: 

Que se produciu unha vacante no cargo de XUIZ/A DE PAZ SUBSTITUTO/A deste Municipio, correspondendo ao Pleno do Concello elixir as persoas para ser nomeadas Xuíz/a de Paz substituto/a deste Municipio, de conformidade ao que dispoñen os artigos 101 e 102 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e artigo 4 e 5.1 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz. 

Que se abre un prazo de 10 días hábiles para que as persoas que estean interesadas, e reúnan as condicións legais solicíteno por escrito dirixido a esta Alcaldía. 

As solicitudes presentaranse no Rexistro de entrada deste Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

O modelo de instancia atópase a disposición dos interesados nas dependencias municipais da Corporación onde poderán ser presentadas dentro do prazo establecido, así como na sede electrónica deste concello (http://outes.sedelectronica.gal) e páxina web municipal (http://outes.gal).  

Na Secretaría do Concello pode ser examinado o expediente e solicitar a información que se precise en canto a requisitos, duración do cargo, remuneración, etc. 

Que en caso de non presentarse solicitudes, o Pleno da Corporación elixirá libremente, de acordo co previsto no artigo 101.1 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e o artigo 4 e 6 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz, comunicando o Acordo ao Xulgado de Primeira Instancia do partido.  

 Ver anuncio no BOP da Coruña.

 Modelo de instancia

BANDO: CACHARELAS DE SAN XOÁN
05/06/2024

As persoas ou asociacións que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello antes das 14:00 horas do día 20 de xuño.

 Ver bando

BANDO: AMPLIACIÓN DE HORARIO POLO PAMPALLÍN
29/04/2024

O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche dos establecementos públicos, na Serra de Outes, durante a noite do martes 30 de abril de 2024.

 Ver bando

PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
12/04/2024

O Concello de Outes publica un bando para anunciar ás persoas propietarias de parcelas na faixa secundaria de protección de 50 metros ao redor dos núcleos de poboación,  que as deben manter rozadas e libre de árbores (piñeiros, eucaliptos e acacias).

 Ver bando

ELECCIÓN XUÍZ DE PAZ
16/02/2024

O Concello de Outes informa que dende o día 9 de febreiro até o día 4 de marzo de 2024, está aberto o prazo de presentación de solicitudes para nomeamento como XUIZ DE PAZ TITULAR do Concello de Outes.

As solicitudes presentaranse no Rexistro de entrada deste Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 Ver bando

AMPLIACIÓN DE HORARIOS POLA CELEBRACIÓN DO ENTROIO 2024
06/02/2024

O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche de establecementos públicos, en todo o termo municipal, durante as noites do venres 9 e do martes 12 de febreiro do 2024.

Os establecementos que se poden acoller á ampliación horaria con motivo da celebración das festas, serán aqueles que consten con licenza municipal para actividade de hostalaría.

 Ver bando

AMPLIACIÓN DE HORARIOS POLAS FESTAS DE SAN CAMPIO
25/09/2023

O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche de establecementos públicos e de finalización dos espectáculos públicos das actividades recreativas, en todo o termo municipal, durante as noites do xoves 28 e do venres 29 de setembro do 2023.

Os establecementos que se poden acoller á ampliación horaria con motivo da celebración das festas, serán aqueles que consten con licenza municipal para actividade de hostalaría.

 Ver bando

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS A CORTES XERAIS DO 23 DE XULLO 2023
05/06/2023

Entre os días 5 e 12 de xuño, ámbolos dous incluídos, estará exposto o Censo Electoral para todas aquelas persoas que precisen consultalo. Se algún dos seus datos censuais presenta erros, poderá presentar a reclamación correspondente.

 Ver bando

ELECCIÓN DE XUIZ DE PAZ SUBSTITUTO DO CONCELLO DE OUTES
17/11/2022

O Concello de Outes publica a convocatoria para a elección de Xuíz de Paz Substituto.

NOTA: Para a xustificación de antecedentes penais bastará cunha declaración xurada.

 Ver bando

 Instancia e declaración responsable