Anuncio

BANDO DA ALCALDÍA: DESIGNACIÓN DE XUIZ/A DE PAZ SUBSTITUTO/A

MANUEL GONZÁLEZ LÓPEZ, ALCALDE-PRESIDENTE deste Concello, fago saber: 

Que se produciu unha vacante no cargo de XUIZ/A DE PAZ SUBSTITUTO/A deste Municipio, correspondendo ao Pleno do Concello elixir as persoas para ser nomeadas Xuíz/a de Paz substituto/a deste Municipio, de conformidade ao que dispoñen os artigos 101 e 102 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e artigo 4 e 5.1 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz. 

Que se abre un prazo de 10 días hábiles para que as persoas que estean interesadas, e reúnan as condicións legais solicíteno por escrito dirixido a esta Alcaldía. 

As solicitudes presentaranse no Rexistro de entrada deste Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

O modelo de instancia atópase a disposición dos interesados nas dependencias municipais da Corporación onde poderán ser presentadas dentro do prazo establecido, así como na sede electrónica deste concello (http://outes.sedelectronica.gal) e páxina web municipal (http://outes.gal).  

Na Secretaría do Concello pode ser examinado o expediente e solicitar a información que se precise en canto a requisitos, duración do cargo, remuneración, etc. 

Que en caso de non presentarse solicitudes, o Pleno da Corporación elixirá libremente, de acordo co previsto no artigo 101.1 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e o artigo 4 e 6 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz, comunicando o Acordo ao Xulgado de Primeira Instancia do partido.  

 Ver anuncio no BOP da Coruña.

 Modelo de instancia