Taboleiro de anuncios

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS/OS NO SERVIZO TEMPO DE NADAL 2024-2025 DO PROGRAMA “OUTES CONCILIA”
19/12/2024

O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidos no Servizo Tempo de Nadal 2024-2025, servizo enmarcado dentro do programa Outes Concilia.

 Ver listaxe

Gallery imx2 pos
Ico anuncio ANUNCIO
PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (PLAN ÚNICO DE CONCELLOS) “POS+2024”
18/12/2024

 

 POS - Anexo I

 POS - Anexo XV

II GALA DO DEPORTE EN OUTES
11/12/2024

O Concello de Outes publica os finalistas aos galardóns da II Gala do Deporte en Outes.

 Ver finalistas

SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DO CONCELLO DE OUTES 2024
04/12/2024

O Concello de Outes publica a proposta de resolución provisional da concesión das subvencións a deportistas individuais.

 Ver resolución

CONSULTA PÚBLICA PREVIA Á APROBACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA PROTECCIÓN DOS CAMIÑOS MUNICIPAIS EN RELACIÓN COAS OPERACIÓNS FORESTAIS E AGRÍCOLAS E A LIMPEZA DAS FINCAS LINDEIRAS
28/11/2024

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto da Ordenanza Municipal reguladora da protección dos camiños municipais en relación coas operacións forestais e agrícolas e a limpeza de fincas lindeiras, iníciase un proceso de consulta pública previa coa finalidade de mellorar a participación cidadá no procedemento de elaboración normativa e recoller opinións de persoas e organizacións potencialmente afectadas pola futura ordenanza municipal.

O obxectivo principal desta consulta pública é coñecer as opinións sobre diversos aspectos relacionados coa necesidade e impacto da futura normativa, especialmente aqueles vinculados aos problemas detectados, a oportunidade de implementar esta nova regulación, os obxectivos que se buscan alcanzar e as posibles alternativas dispoñibles. Os/as cidadáns/ás, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos durante o prazo de 10 días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.   

 Ver texto da consulta pública

 

AMPLIACIÓN DE ACTIVIDADES DA AULA SOSTIBLE DO FREIXO
27/11/2024

O Concello de Outes participa como socio beneficiario do proxecto Ampliación de actividades da Aula Sostible do Freixo (Expediente PE155A-2024-00240) xunto coa Asociación Mulleres Seo Fisterra Ría Muros Noia Costa Sostible e a Asociación Misela co obxecto de mellorar o espazo de traballo da Aula Sostible do Freixo, ampliando a cuberta e gañando espazo para continuar co desenvolvemento de actividades de limpeza e clasificación de plásticos dirixidas ao deseño e produción de pezas. O resultado do proxecto permitirá ampliar a programación de actividades e mellorar as condicións espaciais da Aula.

O proxecto conta con unha axuda de 167.301,85€ sendo un 30% financiado pola Consellería do Mar e un 70% financiado polo FEMPA. Deste montante ao Concello de Outes correspóndelle unha axuda de 63.791,58€ (19.137,41 Consellería do Mar e 44.654,10 FEMPA)

 

ANUNCIO PUNTUACIÓNS FINAIS DO PROCESO SELECTIVO DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA "ESTALEIRO CIPRIÁN"
20/11/2024

Mediante a presente, procédese á publicación do Acordo do Tribunal de Selección de data 20 de novembro do 2024 relativo ao proceso selectivo para a cobertura dunha praza de Técnico/a Medio de Atención ao Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira "Estaleiro Ciprián".

En atención á reclamación presentada por unha aspirante, o tribunal acordou a anulación da pregunta 36 do primeiro exercicio da fase de oposición, debido a un erro no seu enunciado, ao referirse a "sanción leve" en lugar de "infracción leve", contravindo o establecido na Lei 5/2016, do Patrimonio Cultural de Galicia. Este erro podía inducir a confusión nos aspirantes, polo que se procedeu á súa substitución pola primeira pregunta de reserva e á realización dunha nova corrección do primeiro exercicio.

Unha vez realizada a nova corrección do primeiro exercicio e finalizada a valoración da fase de concurso de méritos, estableceuse a puntuación final do proceso selectivo, resultante da suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e de concurso.

A aspirante que obtivo a mellor puntuación, Dª PAULA LÓPEZ GARCÍA é proposta para a contratación, polo que deberá presentar, no prazo improrrogable de tres días hábiles, a seguinte documentación:

  • Certificado médico ou informe de saúde que acredite non padecer enfermidade ou limitación física ou psíquica que impida o normal desenvolvemento das tarefas correspondentes ao posto ofertado.
  • Declaración xurada de non ter sido separada mediante expediente disciplinario do servizo do Estado, Comunidades Autónomas ou Entidades Locais, nin atoparse inhabilitada para o exercicio de funcións públicas.

De non presentar a documentación requirida no prazo indicado, entenderase que renuncia ao posto, procedéndose conforme ás bases do proceso selectivo.

 Ver puntuacións

PUNTUACIÓNS DO SEGUNDO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN DO PROCESO DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA "ESTALEIRO CIPRIÁN".
15/11/2024

Por medio da presente procédese á publicación do Acordo do Tribunal de selección polo que se acordan as puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición do proceso de selección dun Técnico/a de atención ao espazo museístico da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”.

 Ver puntuacións

APROBACIÓN PROVISIONAL DA IMPOSICIÓN E ORDENACIÓN DA TAXA POR UTILIZACIÓN DE VIVENDAS MUNICIPAIS DESTINADAS A ALUGAMENTO SOCIAL
06/11/2024

O Pleno do Concello de Outes, en sesión ordinaria celebrada o día 29 de outubro do 2024, acordou a aprobación provisional da imposición e ordenación da taxa por utilización de vivendas municipais destinadas a alugamento social. E en cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello [http://outes.sedelectronica.gal] e páxina web municipal [www.outes.gal].

Se transcorrido o devandito prazo non se presentaron reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o devandito Acordo. 

 Ver ordenanza 

MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DO LIXO
06/11/2024

O Pleno deste Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 29 de outubro do 2024, acordou a aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal de recollida e tratamento de lixo.

E en cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. 

Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello [http://outes.sedelectronica.gal] e páxina web municipal [www.outes.gal]. Se transcorrido o devandito prazo non se presentaron reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o devandito Acordo.

Ver anuncio completo no BOP da Coruña

APROBACIÓN INICIAL DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN, NORMAS DE FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN DAS VIVENDAS SOCIAIS MUNICIPAIS
06/11/2024

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día 29 de outubro de 2024 a Ordenanza municipal reguladora dos criterios de adxudicación, normas de funcionamento e utilización das vivendas sociais municipais, de conformidade cos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 56 do Texto Refundido de Réxime Local, sométese a información pública polo prazo de 30 días, a contar dende o día seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia para que poida ser examinada e presentar as reclamacións que se estimen oportunas. 

Durante devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello [https://outes.sedelectronica.gal] e páxina web municipal [www.outes.gal]. 

No caso de non presentarse reclamacións no citado prazo, entenderase definitivamente aprobado o Acordo de aprobación da mencionada Ordenanza. 

 Ver ordenanza

II GALA DO DEPORTE EN OUTES
31/10/2024

Xa está en marcha a II Gala do Deporte en Outes. Logo da súa presentación coa presenza de varios representantes das entidades deportivas do noso concello o pasado martes, quedan aprobadas e publicadas a día de hoxe as bases que rexerán a mesma.

 Ver bases 

 Anexo: Ficha de nomeamento

ANUNCIO DE CUALIFICACIÓNS DO PRIMEIRO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN DO PROCESO DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA “ESTALEIRO CIPRIÁN”
31/10/2024

Por medio da presente procédese á publicación do Acordo do Tribunal de selección polo que se aproba a puntuación do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso de selección dun Técnico/a de atención ao espazo museístico da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”.

A realización do segundo exercicio da fase de oposición fíxase para o día 7 de novembro de 2024, ás 10:00 horas, na planta baixa da Casa da Cultura de Outes, sita na Avenida de San Campio, núm. 1 da Serra de Outes, debendo portar os aspirantes a documentación identificativa indicada na Base 7.2 do proceso selectivo. 

 Ver puntuacións

AMPLIACIÓN DE HORARIOS NA HOSTALARÍA CON MOTIVO DO SAMAÍN
30/10/2024

Con motivo da celebración do Samaín en Outes, acórdase a ampliación de horario de peche dos establecementos públicos, segundo o disposto a continuación: consultar bando premendo aquí

COMUNICADO DO GOBERNO MUNICIPAL SOBRE O SUPOSTO EPISODIO GRAVE NA REDE DE ABASTECEMENTO NO PASADO MES DE ABRIL
24/10/2024

Diante das informacións publicadas polo grupo da oposición Populares de Outes no día de hoxe relativas a un suposto "Episodio grave na rede abastecemento no pasado mes de abril", o Goberno Municipal de Outes vese na obriga de clarificar o seguinte:

  1.  A incidencia que aparece no SINAC (Sistema de Información Nacional de Augas no Consumo) é incorrecta.
  2. O suposto incumprimento do parámetro referido ao praguicida Ometoato, non é tal, posto que ese parámetro nin sequera foi analizado por parte do laboratorio que realiza as analíticas.
  3. Unha vez consultado o laboratorio encargado das analíticas e de subir os resultados ao SINAC, este indícanos que a corrección dese erro, de carácter administrativo, xa foi reclamada o pasado mes de Xullo, sen que o SINAC lle dera resposta algunha aínda.
  4. Por último, lamentamos que o grupo da oposición prantexe esta cuestión referida a unha incidencia de hai meses, creando nestes momentos delicados unha alarma social innecesaria. 

Xúntase o informe realizado pola empresa  ASAGLAB GROUP S.L, ao respecto.

 Ver informe

INSCRICIÓNS PARA O III CONCURSO DE TAPAS
23/10/2024

O Concello de Outes convoca o III concurso de Tapas para dar a coñecer a gastronomía e produtos da contorna a través da “mellor tapa” entre todos os establecementos hostaleiros.

Poderán participar neste concurso todos os establecementos de hostalería e restauración do Concello de Outes que se adscriban a este proxecto antes das 14:00 horas do día 28 de outubro de 2024.

 Máis información e bases do concurso

 Folla de inscrición

RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ASPIRANTES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO PROCESO DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA “ESTALEIRO CIPRIÁN”
22/10/2024

Logo de aprobarse por Resolución da Alcaldía de data 17 de outubro do 2024 a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso de selección dun Técnico/a Medio de atención ao espazo museístico do Centro de Interpretación da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”, procédese a súa publicación a efectos do seu xeral coñecemento polas persoas interesadas.

A realización do primeiro exercicio da fase de oposición fíxase para o día 29 de outubro de 2024, ás 10:00 horas, na planta baixa da Casa da Cultura de Outes, sita na Avenida de San Campio, núm. 1 da Serra de Outes, debendo portar os aspirantes a documentación identificativa indicada na Base 7.2 do proceso selectivo. 

O chamamento para posteriores exercicios farase mediante a publicación no taboleiro de anuncios da Corporación aloxado na sede electrónica deste Concello [ http://outes.sedelectronica.gal] e páxina web municipal [www.outes.gal], con 24 horas, polo menos, de antelación ao comezo de este.  

Ver anuncio co listado no BOP da Coruña

RELACIÓN PROVISIONAL DE PERSOAS ASPIRANTES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO PROCESO DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA “ESTALEIRO CIPRIÁN”
11/10/2024

Logo de aprobar por Resolución da Alcaldía de data 7 de outubro do 2024 a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso de selección dun Técnico/a Medio de atención ao espazo museístico do Centro de Interpretación da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”, procédese a súa publicación a efectos do seu xeral coñecemento polas persoas interesadas.

De acordo co establecido na cláusula quinta das Bases reguladoras, concédese un prazo de tres días hábiles a partir do seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial da Provincia para que os/as aspirantes excluídos/as poidan emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou formular reclamacións. 

De non atender o requirimento de subsanación dentro do prazo sinalado, serán excluídos definitivamente do proceso selectivo.

Ver resolución no BOP da Provincia da Coruña

 Ver Anexo II: solicitude de participación (LibreOffice)

 Ver Anexo II: solicitude de participación (Word)

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DO CONCELLO DE OUTES 2024
11/10/2024

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na  Base de Datos Nacional de Subvencións.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Outes, ou por sede electrónica, dentro do prazo de 10 días hábiles, a contar dende o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Ver publicación no BOP da Provincia da Coruña

 Solicitude e anexos da subvención (LibreOffice)

 Solicitude e anexos da subvención (Pdf)

 

LISTA DE AGARDA DO SERVIZO DE MADRUGADORES: CURSO ESCOLAR 2024-2025
07/10/2024

O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía coa lista de agarda do servizo de Madrugadores para o curso escolar 2024-2025 do Programa Outes Concilia.

 Ver resolución

CORRECIÓN DE ERRO NAS BASES PARA A SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA “ESTALEIRO CIPRIÁN”
02/10/2024

Por Resolución da Alcaldía de data 27 de agosto do 2024 procedeuse  á corrección do erro detectado no Anexo I das bases reguladoras, mediante a substitución do tema 4 do ANEXO I , que inicialmente facía referencia ao Decreto 314/1986, de 16 de outubro, pola Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia, norma que foi derrogada pola Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia.

O tema 4 do Anexo I queda, polo tanto, redactado como segue: “Tema 4. Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia.”  

Ver anuncio no BOP

AXUDAS ÁS FAMILIAS CON NENOS E NENAS PARA A CONCILIACIÓN EN SITUACIÓNS PUNTUAIS E PERÍODOS DE VACACIÓNS: BONO CONCILIA FAMILIA
01/10/2024

O Concello de Outes informa da convocatoria 2024: Solicitude de Axudas económicas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce años de idade, estes incluídos, para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares que tiveran lugar entre o 1 de xaneiro e o 10 de setembro de 2024 a través do Bono Concilia Familia.

 Ver publicación no BOP da Provincia da Coruña

O prazo de solicitude está aberto ata o 17 do10 do 2024.

Máis información: Educadora familiar , Tfno: 637 063 653, enderezo electrónico: juana.pedrosa@outes.gal

 

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DAS AXUDAS INDIVIDUAIS DESTINADAS A PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E A ACCESIBILIDADE 2024
01/10/2024

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na  Base de Datos Nacional de Subvencións. BDNS (Identif.): 787230

Ver bases no BOP da Provincia da Coruña

 Ver convocatoria no BOP da Provincia da Coruña

 Modelo de solicitude (Pdf)

 Modelo de solicitude (Word)

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS 2024
01/10/2024

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións. BDNS (Identif.): 787605

Ver bases no BOP da Provincia da Coruña

 Ver convocatoria no BOP da Provincia da Coruña

 Solicitude de subvención

BASES E CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA
26/09/2024

Logo de aprobar por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 27 de agosto do 2024 a contratación de 1 praza de Técnico/a Medio de atención ao espazo museístico do Centro de Interpretación da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”, polo sistema de concurso-oposición, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Documentación a presentar: 

  1. DNI ou NIE da persoa solicitante. 
  2. DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso. 
  3. A instancia normalizada, segundo o modelo que se inclúe como ANEXO II ás presentes bases e que tamén poderá descargarse na páxina web deste Concello [www.outes.gal]. 
  4. Titulacións ás que se refire a BASE 3.b. 5. Certificado CELGA 4 ou equivalente, no seu caso (no suposto de non ter o certificado se realizará a proba de coñecemento de galego á que se refire a Base Sétima). 

Ver publicación do BOP

 Ver Anexo II: solicitude de participación

 Ver Anexo II: solicitude de participación (LibreOffice)

 Ver Anexo II: solicitude de participación (Word)

BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS A DEPORTISTAS INDIVIDUAIS POR E PARA COMPETICIÓNS OFICIAIS
25/09/2024

O Concello de Outes publica as bases reguladoras das subvencións a deportistas individuais por e para competicións oficiais.

 Ver bases

PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS (PMC) 2024-2025
25/09/2024

O Concello de Outes está a executar as obras que de seguido se relacionan, incluídas no Plan de Melloras de Camiños da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e cofinancidados pola Unión Europea a través dos Fondos FEDER

PROXECTOS:

  • MELLORA DE CAMIÑOS EN TERELLE
  • MELLORA CAMIÑO AO VILAR DE OUTES E OUTROS
  • MELLORA CAMIÑO EN SERRA DE OUTES E OUTROS

AXUDA PÚBLICA AGADER/FONDOS FEDER: 69.905,00 €

PROBAS CELGA 2, 3 E 4. CONVOCATORIA
13/09/2024

O Concello de Outes informa das probas dos distintos niveis Celga que terán lugar en novembro de 2024, en Santiago de Compostela.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (do 16 de setembro ao 4 de outubro).

Se teñen calquera dúbida poden consultala no Servizo de Normalización Lingüística do concello.

 Máis información

BANDO: AMPLIACIÓN DE HORARIO POLAS FESTAS DE ENTÍNS
13/09/2024

O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación, en dúas horas, dos horarios xerais de peche dos establecementos públicos, na Serra de Outes, durante a noite do sábado 14 de setembro de 2024.

 Ver bando

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDAS/OS NO SERVIZO DE MADRUGADORES DO PROGRAMA “OUTES CONCILIA”: CURSO ESCOLAR 2024-2025
10/09/2024

O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de admitidos, para o curso escolar 2024-2025, no Servizo de Madrugadores, servizo enmarcado dentro do programa Outes Concilia.

 Ver resolución coa listaxe

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDAS/OS NO SERVIZO DE MADRUGADORES DO PROGRAMA “OUTES CONCILIA”: CURSO ESCOLAR 2024-2025
02/09/2024

O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidos, para o curso escolar 2024-2025, no Servizo de Madrugadores, servizo enmarcado dentro do programa Outes Concilia.

 Ver resolución coa listaxe

SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR/A E 3 PEÓNS/PEOAS PARA A BRIGADA EXTINCIÓN DE INCENDIOS
18/07/2024

O concello de Outes publica a acta de resolución da convocatoria ao proceso selectivo da brigada de extinción de incendios.

 Ver acta

BANDO DA ALCALDÍA: DESIGNACIÓN DE XUIZ/A DE PAZ SUBSTITUTO/A
18/07/2024

MANUEL GONZÁLEZ LÓPEZ, ALCALDE-PRESIDENTE deste Concello, fago saber: 

Que se produciu unha vacante no cargo de XUIZ/A DE PAZ SUBSTITUTO/A deste Municipio, correspondendo ao Pleno do Concello elixir as persoas para ser nomeadas Xuíz/a de Paz substituto/a deste Municipio, de conformidade ao que dispoñen os artigos 101 e 102 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e artigo 4 e 5.1 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz. 

Que se abre un prazo de 10 días hábiles para que as persoas que estean interesadas, e reúnan as condicións legais solicíteno por escrito dirixido a esta Alcaldía. 

As solicitudes presentaranse no Rexistro de entrada deste Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 

O modelo de instancia atópase a disposición dos interesados nas dependencias municipais da Corporación onde poderán ser presentadas dentro do prazo establecido, así como na sede electrónica deste concello (http://outes.sedelectronica.gal) e páxina web municipal (http://outes.gal).  

Na Secretaría do Concello pode ser examinado o expediente e solicitar a información que se precise en canto a requisitos, duración do cargo, remuneración, etc. 

Que en caso de non presentarse solicitudes, o Pleno da Corporación elixirá libremente, de acordo co previsto no artigo 101.1 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e o artigo 4 e 6 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz, comunicando o Acordo ao Xulgado de Primeira Instancia do partido.  

 Ver anuncio no BOP da Coruña.

 Modelo de instancia

SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR/A E 3 PEÓNS/PEOAS PARA A BRIGADA EXTINCIÓN DE INCENDIOS
15/07/2024

O concello de Outes publica a acta de realización da proba física, entrevistas e exame de galego dos/as aspirantes admitidos/as ao proceso selectivo da brigada de extinción de incendios.

 Ver acta

APERTURA DE SEGUNDO PERÍODO DE INFORMACIÓN PÚBLICA DA MODIFICACIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE OUTES
15/07/2024

Aprobada inicialmente a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Outes por acordo plenario, no Pleno ordinario do Concello de Outes celebrado o 25.08.2022, procédese á apertura dun segundo período de información pública durante dous meses (até o día 16.09.2024).

Durante devandito prazo, poderá ser examinado por calquera persoa interesada, a efectos de formular as alegacións e suxestións que se estimen pertinentes.

 Descargar todos os documentos que integran o Plan Xeral e o estudo ambiental estratéxico

SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR/A E 3 PEÓNS/PEOAS PARA A BRIGADA EXTINCIÓN DE INCENDIOS
12/07/2024

O concello de Outes publica a acta de méritos dos/as aspirantes admitidos/as ao proceso selectivo da brigada de extinción de incendios.

 Ver acta

SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR/A E 3 PEÓNS/PEOAS PARA A BRIGADA EXTINCIÓN DE INCENDIOS
10/07/2024

O concello de Outes publica a relación definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo da brigada de incendios así como a data das probas físicas, entrevistas e exame de galego.

 Ver resolución coa lista definitiva

SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR/A E 3 PEÓNS/PEOAS PARA A BRIGADA EXTINCIÓN DE INCENDIOS
04/07/2024

O concello de Outes publica a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo da brigada de extinción de incendios así como o prazo para realizar alegacións e/ou emendas.

  Ver resolución coa lista provisional

SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS (CAMPAÑA DE VERÁN 2024)
26/06/2024

O Concello de Outes publica a acta de resolución de convocatoria do procedemento de selección de 4 socorristas en espazos acuáticos naturais para a campaña de verán 2024.

 Ver acta

CAMPAMENTO DE VERÁN 2024: LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E LISTAXE DEFINITIVA DE AGARDA
21/06/2024

Aprobada a listaxe definitiva de persoas admitidas, así como a listaxe definitiva de agarda no Campamento de Verán 2024 co incremento de 5 prazas, en cada unha das seis quendas, aprobado por Resolución de Alcaldía.

As persoas que figuran como admitidas con praza na listaxe definitiva do Campamento de Verán 2024, punto primeiro da resolución, teñen que ter realizada a formalización do pago bancario antes do comezo do campamento de verán 2024, o martes 25 de xuño.

O pago formalizarase atendendo ao modelo informativo que figura na páxina web do concello, remitindo os xustificantes de pago por correo electrónico a cimoutes@yahoo.es.

As renuncias ás prazas deberán ser presentadas conforme ao modelo normalizado, ben por sede electrónica do Concello de Outes ( https://outes.sedelectronica.gal) ou de xeito presencial no rexistro xeral do Concello de Outes.

De non formalizarse dito proceso nas datas establecidas e conforme as condicións da convocatoria, decaerá o dereito á praza obtida que será ocupada polas persoas que figuran na listaxe de agarda do Campamento de Verán 2024.

 Ver resolución coa listaxe Definitiva

SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS (CAMPAÑA DE VERÁN 2024)
19/06/2024

O Concello de Outes publica as actas da fase de oposición e fase de concurso, así como o prazo de alegacións, do procedemento de selección de 4 socorristas en espazos acuáticos naturais para a campaña de verán 2024.

 Ver acta da fase de oposición

 Ver acta da fase de concurso

PROCESO DE SELECCIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS: OEP PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL (Lei 20/2021, de 28 de decembro)
19/06/2024

O Concello de Outes publica a acta coas puntuacións definitivas e proposta de nomeamentos das seguintes prazas incluídas no proceso de estabilización:

  • C04. TECNICO/A SOCIOCULTURAL
  • C15. CONSERXE-LIMPADOR/A
  • C16. LIMPADOR/A
  • C18. RECEPCIONISTA PISCINA
  • C19. MONITOR/A SOCORRISTA PISCINA
  • C20 LIMPADOR/A PISCINA
  • C24 CONSERXE COLEXIO
  • C03. PSICÓLOGO/A CIM
  • C22. ORIENTADOR/A LABORAL
  • C23. TRABALLADOR/A SOCIAL
  • C08 COORDINADOR/A PUNTO ATENCIÓN Á INFANCIA
  • C09. AUXILIAR PUNTO ATENCIÓN Á INFANCIA

 Ver acta

PROCESO DE SELECCIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS: OEP PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL (Lei 20/2021, de 28 de decembro)
19/06/2024

O Concello de Outes publica a acta logo de realizado o procedemento para resolver os empates, das seguintes prazas incluídas no proceso de estabilización:

  • C04. TECNICO/A SOCIOCULTURAL
  • C15. CONSERXE-LIMPADOR/A
  • C16. LIMPADOR/A
  • C18. RECEPCIONISTA PISCINA
  • C19. MONITOR/A SOCORRISTA PISCINA
  • C20. LIMPADOR/A PISCINA
  • C24. CONSERXE COLEXIO
  • C03. PSICÓLOGO/A CIM
  • C22. ORIENTADOR/A LABORAL
  • C23. TRABALLADOR/A SOCIAL
  • C08. COORDINADOR/A PUNTO ATENCIÓN Á INFANCIA
  • C09. AUXILIAR PUNTO ATENCIÓN Á INFANCIA

 Ver acta

SELECCIÓN DE PERSOAL: 2 OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DE RISGA EN OUTES
14/06/2024

O Concello de Outes publica a acta coas puntuacións finais e a resolución da convocatoria para a selección de 2 operarios de servizos múltiples entre perceptores de RISGA en Outes.

 Ver acta

SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR/A E 3 PEÓNS/PEOAS PARA A BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
13/06/2024

O concello de Outes informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia do día 13 de xuño, das bases e convocatoria que rexerán o proceso selectivo para selección de 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor/a e 3 peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de
incendios.

Prazo de presentación de solicitudes: dende o 14 ata o 28 de xuño (ambos incluídos).

A solicitude de inscrición e a información sobre os requisitos de participación e o procedemento de selección poden consultarse nos arquivos adxuntos.

 Ver bases e convocatoria

 Ver solicitude

SELECCIÓN DE PERSOAL: 2 OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DE RISGA EN OUTES
12/06/2024

O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía coa lista definitiva de admitidos para a selección de 2 operarios de servizos múltiples entre perceptores de RISGA en Outes.

 Ver resolución

LICITACIÓN DE LICENZA DE USO COMÚN ESPECIAL PARA A INSTALACIÓN DE SERVIZO DE POLBEIRA DURANTE A CELEBRACIÓN DAS FESTAS MUNICIPAIS DO SANTIAGUIÑO
12/06/2024

Logo de aprobar por Resolución de Alcaldía núm. 2024-0291 de data 06/06/2024 as bases e a convocatoria para a adxudicación de 1 licenza de uso común especial de ben de dominio público en réxime de concorrencia, para a instalación de Servizo de Polbeira durante a celebración das festas municipais do Santiaguiño, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. 

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica do Concello [ https://outes.sedelectronica.gal/]. Os Modelos de Declaración responsable e proposición económica, tanto individual como colectiva, poden descargarse dende o Portal de Transparencia aloxado na Sede Electrónica:  https://outes.sedelectronica.gal/transparency  

 Ver anuncio do BOP

SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS (CAMPAÑA DE VERÁN 2024)
11/06/2024

O Concello de Outes publica a resolución coa lista definitiva de admitidos/as, data da proba práctica e prazo de presentación de méritos para a selección de 4 socorristas en espazos acuáticos naturais para a campaña de verán 2024.

 Ver resolución

SELECCIÓN DE PERSOAL: TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE
10/06/2024

O Concello de Outes publica a acta de resolución da convocatoria do proceso selectivo para a selección dun técnico/a de medio ambiente encadrado no proxecto “Renatur_Outes: renaturalización fluvial del Río Tines a su paso por el municipio de Outes”.

 Ver acta

SELECCIÓN DE PERSOAL: 2 OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DE RISGA EN OUTES
06/06/2024

O Concello de Outes publica a convocatoria para a selección de 2 operarios de servizos múltiples entre perceptores de RISGA en Outes.

 Ver bases da convocatoria

SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS (CAMPAÑA DE VERÁN 2024)
06/06/2024

O Concello de Outes publica a convocatoria para a selección de 4 socorristas en espazos acuáticos naturais para a campaña de verán 2024.

A selección dos socorristas realizarase mediante oferta comunicada á oficina de emprego de Santiago-Norte. As persoas interesadas en participar neste proceso selectivo deberán estar inscritas como demandantes na oficina de emprego e ter solicitada a ocupación de Socorrista en espazos acuáticos naturais.

A solicitude de persoas candidatas á oficina de emprego efectuarase o vindeiro luns día 10 de xuño. O resto de requisitos das persoas aspirantes e as condicións da contratación veñen recollidas nas bases que se achegan.

 Ver bases da convocatoria

SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 6 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2024
06/06/2024

O Concello de Outes publica a acta coas puntuacións totais, fase de concurso e fase oposición, e resolución da convocatoria.

 Ver acta

CAMPAMENTO DE VERÁN 2024: LISTAXE PROVISIONAL PERSOAS ADMITIDAS E LISTAXE PROVISIONAL DE AGARDA
05/06/2024

Aprobada a listaxe provisional de persoas admitidas, así como a  listaxe provisional de agarda no Campamento de Verán 2024. A presentación de suxestións ou reclamacións poderá realizarse no prazo de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte ó desta publicación.

As persoas que figuran como admitidas con praza na listaxe provisional do Campamento de Verán 2024, punto primeiro da resolución, deberán formalizar o pago bancario no prazo comprendido entre o 6 e o 12 de xuño. 

O pago formalizarase atendendo ao modelo informativo que figura na páxina web do concello, remitindo os xustificantes de pago por correo electrónico a cimoutes@yahoo.es.   

As renuncias ás prazas deberán ser presentadas conforme ao modelo normalizado, ben por sede electrónica do Concello de Outes (https://outes.sedeelectronica.gal) ou de xeito presencial no rexistro xeral do Concello de Outes. 

De non formalizarse dito proceso nas datas establecidas e conforme as condicións da convocatoria, decaerá o dereito á praza obtida que será ocupada polas persoas que figuran na listaxe de agarda do Campamento de Verán 2024. 

 Ver resolución coa listaxe provisional

BANDO: CACHARELAS DE SAN XOÁN
05/06/2024

As persoas ou asociacións que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello antes das 14:00 horas do día 20 de xuño.

 Ver bando

SELECCIÓN DE PERSOAL: TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE. CORRECCIÓN DE ERROS.
05/06/2024

Detectado un erro na transcrición das puntuacións referentes ao exame e publicadas na acta do 3 de xuño de 2024, publicase a seguinte corrección coa rectificación das puntuacións.

 Ver corrección de erros

SELECCIÓN DE PERSOAL: TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE
03/06/2024

O Concello de Outes publica a acta de valoración da fase de concurso do proceso selectivo para a selección dun técnico/a de medio ambiente encadrado no proxecto “Renatur_Outes: renaturalización fluvial del Río Tines a su paso por el municipio de Outes”.

 Ver acta

CONSULTA PÚBLICA PREVIA Á APROBACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO ALUGUER DA VIVENDA SOCIAL MUNICIPAL
30/05/2024

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto da Ordenanza Municipal reguladora do aluguer da vivenda social municipal, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de: 

  • Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa. 
  • A necesidade e oportunidade da súa aprobación. 
  • Os obxectivos da norma. 
  • As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias. 

Os/as cidadáns/ás, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos durante o prazo de 10 días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 Ver anuncio

 

SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 6 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2024
28/05/2024

O Concello de Outes publica a acta coas cualificacións da proba de coñecemento  de galego daqueles/as aspirantes que non acreditaron estar en posesión do Celga 2 ou equivalente así como as puntuacións de tódolos/as aspirantes acadadas na fase de concurso.

 Ver acta

CONSULTA PÚBLICA PREVIA Á APROBACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO USO DAS PRAIAS DO MUNICIPIO DE OUTES
21/05/2024

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto da Ordenanza Municipal reguladora do uso das praias do Municipio de Outes, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de: 

  • Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa. 
  • A necesidade e oportunidade da súa aprobación. 
  • Os obxectivos da norma. 
  • As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias. 

Os/as cidadáns/ás, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos durante o prazo de 10 días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 Ver anuncio completo

SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 6 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2024
21/05/2024

O concello de Outes publica a acta coas puntuacións do primeiro exercicio da fase de oposición así como o lugar e data de celebración da proba de coñecemento de galego para os/as aspirantes que non acreditaron estar en posesión do Celga 2 ou equivalente.

 Ver acta

PROCESO DE SELECCIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS: OEP PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL (Lei 20/2021, de 28 de decembro)
20/05/2024

O Concello de Outes publica a acta coas puntuacións definitivas e proposta de nomeamentos  das seguintes  prazas incluídas no proceso de estabilización:

  • C01. AUXILIAR AXUDA A DOMICILIO
  • C05. DIRECTOR/A BANDA DE MUSICA
  • C06. TÉCNICO/A DE DEPORTES
  • C07. RESPONSABLE CENTRO NÁUTICO/PISCINA MUNICIPAL
  • C11. OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES-RESPONSABLE ETAP/EDAR E SERVIZOS BÁSICOS
  • C12.OPERARIO SERVIZOS MÚLTIPLES-RESPONSABLE OBRAS E MANTEMENTO
  • C13. OPERARIO SERVIZOS MÚLTIPLES-APOIO ELECTRICIDADE
  • C14. OPERARIO SERVIZOS MÚLTIPLES
  • C17. TÉCNICO/A INFORMÁTICO/A
  • C21. TÉCNICO/A PROMOCIÓN/DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E SOCIOCULTURAL
  • C10. CONDUTOR/A SERVIZOS MÚLTIPLES

 Ver acta

PROCESO DE SELECCIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS: OEP PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL (Lei 20/2021, de 28 de decembro)
20/05/2024

O Concello de Outes publica a acta logo de rematado o prazo para formular as alegacións pertinentes ás listaxes provisionais publicada na páxina web e na sede electrónica do Concello de Outes  das seguintes  prazas incluídas no proceso de estabilización:

  • C02. ASESOR/A XURÍDICO/A DO CIM
  • C04. TÉCNICO/A SOCIOCULTURAL
  • C15. CONSERXE-LIMPADOR/A
  • C16. LIMPADOR/A
  • C18. RECEPCIONISTA PISCINA
  • C19. MONITOR/A SOCORRISTA PISCINA
  • C20. LIMPADOR/A PISCINA
  • C24. CONSERXE COLEXIO
  • C03.PSICÓLOGO/A CIM
  • C22.ORIENTADOR/A LABORAL
  • C23.TRABALLADOR/A SOCIAL
  • C08. COORDINADOR/A PUNTO ATENCIÓN Á INFANCIA
  • C09. AUXILIAR PUNTO ATENCIÓN Á INFANCIA

Visto que varios dos aspirantes están empatados na puntuación e segundo o exposto no punto 9.7, esgotados todos os criterios establecidos para resolver os empates é necesario aplicar o criterio establecido no apartado 5º “.....e finalmente, no caso de que non teña sido posible desfacer os empates trala aplicación de todos os criterios anteriores, estes resolveranse por sorteo, realizado por e ante os respectivos Tribunais, e coa presenza de todas as persoas aspirantes afectadas que así o desexen.”

Dito procedemento levarase a cabo o vindeiro día 24 de MAIO de 2024 ás 10:00h no salón de plenos da Casa do Concello de Outes.

 Ver acta

CONVOCATORIA PARA CONTRATAR 1 TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2024
16/05/2024

O Concello de Outes publica a acta da resolución da convocatoria do proceso de contratación dun tractorista brigada forestal, en réxime laboral temporal, dentro do programa APROL RURAL 2024.

 Ver acta

PROCESO DE SELECCIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS: OEP PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL (Lei 20/2021, de 28 de decembro)
16/05/2024

O Concello de Outes publica as cualificacións da primeira e segunda convocatoria das probas de coñecemento de lingua galega para aqueles aspirantes que non están en posesión do CELGA ou equivalente.

 Acta da primeira convocatoria

 Acta da segunda convocatoria

PROCESO DE SELECCIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS: OEP PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL (Lei 20/2021, de 28 de decembro)
16/05/2024

O Concello de Outes publica a acta logo de realizado o procedemento para resolver os empates, das seguintes prazas incluídas no proceso de estabilización:

  • C06. TÉCNICO/A DE DEPORTES
  • C11. OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES-RESPONSABLE ETAP/EDAR E SERVIZOS BÁSICOS
  • C12. OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES-RESPONSABLE OBRAS E MANTEMENTO
  • C13. OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES-APOIO ELECTRICIDADE
  • C14.OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES

 Ver acta

CONVOCATORIA PARA CONTRATAR 1 TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2024
13/05/2024

O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía coa lista definitiva de aspirantes admitidos e máis a data da proba práctica do proceso de contratación dun tractorista brigada forestal, en réxime laboral temporal, dentro do programa APROL RURAL 2024.

 Ver resolución

SELECCIÓN DE PERSOAL: TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE
08/05/2024

O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal cualificador, desenvolvemento do exercicio da fase de oposición e valoración do nivel de galego do proceso selectivo para a selección dun técnico/a de medio ambiente encadrado no proxecto “Renatur_Outes: renaturalización fluvial del Río Tines a su paso por el municipio de Outes”.

 Ver acta

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA DE PERSOAS USUARIAS DA EIM DO CONCELLO DE OUTES PARA O CURSO 2024/2025
08/05/2024

Concluído o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso para o vindeiro curso escolar 2024/2025 na EIM, por medio da presente procédese á publicación da  listaxe definitiva de admitidos/as.

 Ver lista 

CONVOCATORIA PARA CONTRATAR 1 TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2024
08/05/2024

O Concello de Outes publica as bases da convocatoria de contratación dun tractorista brigada forestal, en réxime laboral temporal, dentro do programa APROL RURAL 2024.

 Ver bases da convocatoria

SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 6 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2024
08/05/2024

O concello de Outes publica a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo: Selección de 6 operarios/as de servizos múltiples ao abeiro do programa PEL Concellos 2024 así como o lugar e data de celebración do primeiro exame da fase de oposición.

 Ver lista

PROCESO DE SELECCIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS: OEP PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL (Lei 20/2021, de 28 de decembro)
07/05/2024

O Concello de Outes publica a data da segunda convocatoria da proba de coñecemento de lingua galega para  aqueles aspirantes que non están en posesión do CELGA ou equivalente e que se relacionan no seguinte anuncio:

 Ver anuncio

PROCESO DE SELECCIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS: OEP PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL (Lei 20/2021, de 28 de decembro)
06/05/2024

O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal e baremación provisonal, xunto co prazo de alegacións, das seguintes  prazas incluídas no proceso de estabilización:

  • C08. COORDINADOR/A PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANICA
  • C09.AUXILIAR PUNTO ATENCIÓN Á INFANCIA

 Ver acta

SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 6 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2024
02/05/2024

O concello de Outes publica a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo: Selección de 6 operarios/as de servizos múltiples ao abeiro do programa PEL Concellos 2024 así como o prazo para realizar alegacións e/ou emendas.

 Ver lista

BANDO: AMPLIACIÓN DE HORARIO POLO PAMPALLÍN
29/04/2024

O Concello de Outes publica un bando para anunciar a ampliación en dúas horas dos horarios xerais de peche dos establecementos públicos, na Serra de Outes, durante a noite do martes 30 de abril de 2024.

 Ver bando

PROCESO DE SELECCIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS: OEP PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL (Lei 20/2021, de 28 de decembro)
29/04/2024

O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal e baremación provisonal, xunto co prazo de alegacións, das seguintes  prazas incluídas no proceso de estabilización:

  • C03. PSICÓLOGO/A DO CIM
  • C22. ORIENTADOR/A LABORAL
  • C23. TRABALLADOR/A SOCIAL

 Ver acta

PROCESO DE SELECCIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS: OEP PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL (Lei 20/2021, de 28 de decembro)
29/04/2024

O Concello de Outes publica a data da proba de coñecemento de lingua galega para todos aqueles aspirantes que non están en posesión do CELGA ou equivalente.

 Ver anuncio

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA DE PERSOAS USUARIAS DA EIM DO CONCELLO DE OUTES PARA O CURSO 2024/2025
25/04/2024

Concluído o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso para o vindeiro curso escolar 2024/2025 na EIM, por medio da presente procédese á publicación da  listaxe provisional de admitidos/as.

 Ver lista

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL: PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA DE PERSOAS USUARIAS DA EIM DO CONCELLO DE OUTES PARA O CURSO 2024/2025
25/04/2024

Concluído o prazo de presentación de solicitudes de renovación de praza para o vindeiro curso escolar 2024/2025 na EIM, por medio da presente procédese á publicación da  listaxe definitiva de admitidos/as.

 Ver lista

PROCESO DE SELECCIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS: OEP PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL (Lei 20/2021, de 28 de decembro)
22/04/2024

O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal e baremación provisonal, xunto co prazo de alegacións, das seguintes  prazas incluídas no proceso de estabilización:

  • C02. ASESOR/A XURÍDICO/A DO CIM
  • C04. TÉCNICO/A SOCIOCULTURAL
  • C15. CONSERXE-LIMPADOR/A
  • C16. LIMPADOR/A
  • C18. RECEPCIONISTA PISCINA
  • C19. MONITOR/A SOCORRISTA PISCINA
  • C20 LIMPADOR/A PISCINA
  • C24. CONSERXE COLEXIO

 Ver acta

PROCESO DE SELECCIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS: OEP PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL (Lei 20/2021, de 28 de decembro)
22/04/2024

O Concello de Outes publica a acta logo de rematado o prazo para formular as alegacións pertinentes á listaxe provisional publicada na páxina web e na sede electrónica do Concello de Outes en data 18.03.2024, das seguintes  prazas incluídas no proceso de estabilización:

  • C01. AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO
  • C05. DIRECTOR/A DE BANDA DE MÚSICA
  • C06. TÉCNICO/A DE DEPORTES
  • C07. RESPONSABLE CENTRO NÁUTICO/PISCINA MUNICIPAL
  • C11. OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES-RESPONSABLE ETAP/EDAR E SERVIZOS BÁSICOS
  • C12. OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES-RESPONSABLE OBRAS E MANTEMENTO
  • C13. OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES-APOIO ELECTRICIDADE
  • C14.OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES
  • C17. TÉCNICO/A INFORMÁTICO/A
  • C21.TÉCNICO/A PROMOCIÓN/DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E SOCIOCULTURAL
  • C10.CONDUTOR/A SERVIZOS MÚLTIPLES

Visto que varios dos aspirantes están empatados na puntuación e segundo o exposto no punto 9.7, esgotados todos os criterios establecidos para resolver os empates é necesario aplicar o criterio establecido no apartado 5º “.....e finalmente, no caso de que non teña sido posible desfacer os empates trala aplicación de todos os criterios anteriores, estes resolveranse por sorteo, realizado por e ante os respectivos Tribunais, e coa presenza de todas as persoas aspirantes afectadas que así o desexen.”

Dito procedemento levarase a cabo o vindeiro día 26 de abril de 2024 ás 9:30h no salón de plenos da Casa do Concello de Outes.

 Ver acta

SELECCIÓN DE PERSOAL: PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A. ANUNCIO DA RELACIÓN DE APROBADOS.
22/04/2024

Concluído o proceso de selección de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a Municipal deste Concello, por medio da presente procédese á publicación da puntuación final do proceso, así como a  listaxe complementaria integrada polos restantes aspirantes que teñan aprobado a fase de oposición, a efectos de conformar a bolsa de emprego que se creará coa finalidade e nos termos sinalados na Base Novena da Convocatoria.

 Ver anuncio coa puntuación final do proceso.

SELECCIÓN DE PERSOAL: TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE
19/04/2024

O concello de Outes informa da publicación da lista definitiva de aspirantes admitidos/as ao proceso selectivo para a selección dun técnico/a de medio ambiente encadrado no proxecto “Renatur_Outes: renaturalización fluvial del Río Tines a su paso por el municipio de Outes”.

 Ver lista

SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 6 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2024.
15/04/2024

O concello de Outes informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia do día 15 de abril, das bases e convocatoria que rexerán o proceso selectivo para selección de 6 operarios/as de servizos múltiples ao abeiro do Programa da Deputación, PEL CONCELLOS 2024.

O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 16 ata o 29 de abril (ambos incluídos).

A solicitude de inscrición e a información sobre os requisitos de participación e o procedemento de selección poden consultarse nos arquivos adxuntos.

 Ver bases

 Ver instancia de solicitude

PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
12/04/2024

O Concello de Outes publica un bando para anunciar ás persoas propietarias de parcelas na faixa secundaria de protección de 50 metros ao redor dos núcleos de poboación,  que as deben manter rozadas e libre de árbores (piñeiros, eucaliptos e acacias).

 Ver bando

SELECCIÓN DE PERSOAL: PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A. PUNTUACIÓNS DO SEGUNDO EXERCICIO.
11/04/2024

Segundo o disposto no apartado 7.3.3 das Bases da Convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a Municipal deste Concello, por medio da presente procédese á publicación da puntuación do segundo exercicio da fase de oposición.

Establécese un prazo de tres (3) días hábiles, para formular reclamacións/alegacións ao respecto dos resultados e cualificacións obtidos, contados a partir do día seguinte á súa publicación no taboleiro de anuncios e páxina web municipais.  

 Ver anuncio coa puntuación do segundo exercicio da fase de oposición

ANUNCIO: ABERTO O PRAZO DE LICITACIÓN DE 1 LICENZA DE USO COMÚN ESPECIAL PARA A INSTALACIÓN DE POLBEIRA DURANTE A CELEBRACIÓN DO FESTIVAL DO PAMPALLÍN 2024.
02/04/2024

Aberto o prazo de 5 días hábiles, a contar a partir do seguinte ó de publicación do presente anuncio, para a presentación de solicitudes de participación na licitación de 1 Licenza de uso común especial para a instalación de servizo de Polbeira durante a celebración do Festival do Pampallín 2024.

As solicitudes deberán presentarse segundo o Modelo de Declaración Responsable que pode descargarse a través desta páxina, así como dende o Portal de Transparencia aloxado na sede electrónica ( https://outes.sedelectronica.gal/transparency)

DOCUMENTACIÓN:

ANUNCIO: ABERTO O PRAZO DE LICITACIÓN DE 1 LICENZA DE USO COMÚN ESPECIAL PARA A INSTALACIÓN DE SERVIZO DE BAR DURANTE A CELEBRACIÓN DO FESTIVAL DO PAMPALLÍN 2024.
02/04/2024

Aberto o prazo de 5 días hábiles, a contar a partir do seguinte ó de publicación do presente anuncio, para a presentación de solicitudes de participación na licitación de 1 Licenza de uso común especial para a instalación de servizo de Bar durante a celebración do Festival do Pampallín 2024.

As solicitudes deberán presentarse segundo o Modelo de Declaración Responsable que pode descargarse a través desta páxina, así como dende o Portal de Transparencia aloxado na sede electrónica (https://outes.sedelectronica.gal/transparency)

DOCUMENTACIÓN:

BASES PARA A LICITACIÓN DA BARRA E POLBEIRA DO PAMPALLÍN
25/03/2024

O concello de Outes aproba e publica as bases de licitación para a explotación dos seguintes servizos para a :

  • Barra para o servizo bar do Pampallín
  • Polbeira do Pampallín

Nos dous casos puntuará 20 puntos a oferta económica, partindo dun mínimo de 600€, e 10 puntos os anos de experiencia no sector.

O prazo de solicitudes aínda non está aberto e terá unha duración de 5 días hábiles dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Podes consultar as bases para a barra do servizo bar do Pampallín nesta ligazón: https://outes.sedelectronica.gal/transparency/4aec39f1-4ca4-406c-b8a3-ecee457aa8de/

Podes consultar as bases para o servizo de Polbeira do Pampallín nesta ligazón: https://outes.sedelectronica.gal/transparency/3e64afb3-3cf4-42e0-a2c8-eb930122d986/

SELECCIÓN DE PERSOAL: PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A. PUNTUACIÓNS DO PRIMEIRO EXERCICIO.
21/03/2024

Segundo o disposto no apartado 7.3.3 das Bases da Convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a Municipal deste Concello, por medio da presente procédese á publicación da puntuación do primeiro exercicio da fase de oposición.

Polo Tribunal acórdase convocar ós/ás aspirantes para a celebración do segundo exercicio da fase de oposición, o vindeiro día 5 de abril de 2024, ás 10:00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Outes.

 Ver anuncio coa puntuación do primeiro exercicio da fase de oposición

 Ver exame corrixido

PROCESO DE SELECCIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS: OEP PARA A ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL (Lei 20/2021, de 28 de decembro)
18/03/2024

O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal e baremación provisonal, xunto co prazo de alegacións, das seguintes  prazas incluídas no proceso de estabilización:

  • CO1. AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO
  • C05. DIRECTOR/A DE BANDA DE MÚSICA
  • C06. TÉCNICO/A DE DEPORTES
  • C07. RESPONSABLE CENTRO NÁUTICO/PISCINA MUNICIPAL
  • C11. OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES-RESPONSABLE ETAP/EDAR E SERVIZOS BÁSICOS
  • C12. OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES-RESPONSABLE OBRAS E MANTEMENTO
  • C13. OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES-APOIO ELECTRICIDADE
  • C14.OPERARIO/A SERVIZOS MÚLTIPLES
  • C17. TÉCNICO/A INFORMÁTICO/A
  • C21.TÉCNICO/A PROMOCIÓN/DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E SOCIOCULTURAL
  • C10.CONDUTOR/A SERVIZOS MÚLTIPLES

 Ver acta

SELECCIÓN DE PERSOAL: PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A. PUNTUACIÓN FINAL DA FASE DE CONCURSO.
15/03/2024

Segundo o disposto no apartado 7.2.2 das Bases da Convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a Municipal deste Concello, por medio da presente procédese á publicación da puntuación final da fase de Concurso, determinada pola suma das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes respecto dos méritos obxecto de valoración nesta fase.

Segundo o disposto na base 7.2.2 da convocatoria, establécese un prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das puntuacións obtidas na fase de concurso, para formular as alegacións/reclamacións que no seu caso estimen pertinentes.

 Ver anuncio

CONSULTA PÚBLICA: ORDENANZA REGULADORA SOBRE PRÉSTAMO DE MATERIAL ASISTENCIAL PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
15/03/2024

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, e no marco do proceso de elaboración do proxecto de Ordenanza Reguladora sobre préstamo de material asistencial para persoas con discapacidade, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma.

Os/as cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos no seguinte cuestionario durante o prazo de 20 días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administración Públicas.

 Anuncio de Consulta Pública.

 Proposta de Ordenanza Reguladora sobre préstamo de material asistencial para persoas con discapacidade.

TRAIL DE OUTES 2024
15/03/2024

O vindeiro domingo, 17 de marzo, terá lugar o Trail de Outes 2024. As probas terán coma punto de inicio e chegada a Horta do Muíño, pero os diferentes percorridos das probas do evento pasarán por diversos núcleos de poboación ao longo da mañá e cruzarán algunha estrada do concello,

  • Pasará por Brión de Arriba
  • Pasará por Vilar de Outes
  • Pasará por Outes
  • Pasará por Río de Outes
  • Pasará pola Cruz, onde cruzará a estrada provincial
  • Cruzará a estrada provincial no Barco (ao pasar Lantarou dirección San Lourenzo)
  • Pasará por Boel
  • O tramo de estrada que vai á piscina municipal dende o Areal permanecerá pechado de 10:30 a 14:00 horas

Ao longo da mañá e en todo o percorrido das diversas probas haberá efectivos da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e diverso persoal voluntario da organización de apoio para xestionar o paso dos participantes.

A saída das probas será ás 10:30 h e o remate estimado é sobre as 14:15 h, polo que ao longo da mañá pasarán participantes das diversas probas polos puntos indicados. Pedimos comprensión e desculpas polos inconvenientes que esta proba poida ocasionar ao longo da mañá.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE OUTES. CURSO 2024/2025
07/03/2024

O Concello de Outes publica o procedemento de renovación, novo ingreso, admisión e matrícula de persoas usuarias da Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Outes para o curso 2024/2025.

 Ver anuncio completo

 Solicitude de reserva

O PLENO DE OUTES APROBA POR UNANIMIDADE A DECLARACIÓN DE DEREITOS DO RÍO TINS
05/03/2024

O pleno do Concello de Outes acordou por unanimidade a Declaración de Dereitos do río Tins e compromisos da súa comunidade ribeirá, un texto que fora consensuado pola veciñanza e que agora adoptou formalmente a corporación municipal.

Trátase da primeira vez que un concello recoñece expresamente os dereitos dun elemento natural, neste caso os do río Tins, incluíndo o dereito á protección e á conservación, ou a non ser danado nin contaminado. A declaración, aprobada o 29 de febreiro, tamén asume unha serie de compromisos colectivos para asegurar que estes dereitos son respectados.

 Máis información

 Ver declaración

SELECCIÓN DE PERSOAL: ARQUITECTO/A TÉCNICO MUNICIPAL. CORRECCIÓN DE ERROS NA LISTAXE PROVISIONAL-DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS AO PROCESO DE SELECCIÓN
01/03/2024

O concello de Outes publica unha corrección de erros referida á listaxe provisoional-definitiva, de aspirantes admitidos/as ao proceso  de selección de Arquitecto Técnico Municipal.

 Ver resolución

SELECCIÓN DE PERSOAL: TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE
01/03/2024

O concello de Outes informa da publicación da lista provisional de aspirantes admitidos/as ao proceso selectivo para a selección dun técnico/a de medio ambiente encadrado no proxecto “Renatur_Outes: renaturalización fluvial del Río Tines a su paso por el municipio de Outes”.

 Ver lista

Gañadores do concurso de entroido 2024
19/02/2024

Publicados os participantes gañadores do concurso de disfraces do entroido-enterro da sardiña 2024

VEHÍCULO PARA O SAF FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
16/02/2024

Dende este mes de febreiro o Concello de Outes conta cun vehículo para o desprazamento do persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

O coche, financiado pola Deputación da Coruña acorde á resolución do 15 de maio de 2023, foi recollido polo alcalde de Outes, Manuel González López, e máis o concelleiro de Deportes, Igualdade e Benestar, José Antonio Caamaño Lestón.

 

ELECCIÓN XUÍZ DE PAZ
16/02/2024

O Concello de Outes informa que dende o día 9 de febreiro até o día 4 de marzo de 2024, está aberto o prazo de presentación de solicitudes para nomeamento como XUIZ DE PAZ TITULAR do Concello de Outes.

As solicitudes presentaranse no Rexistro de entrada deste Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 Ver bando