Outes Dixital
Axenda local
TEMPO DE NADAL
O Concello de Outes abre o prazo de inscrición para o Servizo Tempo de Nadal 2024-25, que se enmarca dentro do programa Outes Concilia.
O prazo de inscrición é dende o 2 ata o 12 de decembro. As prazas son limitadas.
Programación e concursos do nadal enOutes!
O tenente alcalde e concelleiro de cultura e festas, Anxo Núñez Fernández, presentou a programación de Nadal enOutes! Un programa amplo e diverso: teatro, baile, concertos, concursos de decoración e postais de Nadal, cabalgata de reis, festa do acendido das luces e, como novidade, a Feira de Nadal enOutes!
Un programa que comeza este domingo con DANCE JOIN no pavillón do CEIP Outes ás 19:00 e que rematará o 5 de xaneiro coa tradicional cabalgata de reis.
Este ano o concello celebrará unha festa de acendido de luces de Nadal con música ao vivo. Terá lugar o vindeiro xoves, 5 de decembro, ás 17:50 horas na praza de Galicia. Contaremos con cantos de Nadal da man da agrupación "A TROULA NA BARQUIÑA". Tamén, por primeira vez, o fin de semana do 14 e 15 de decembro contaremos coa primeira feira de nadal.
Na decoración deste ano colaboraron entidades sociais como ADISBISMUR que axudarán coas súas creacións a decorar as rúas e espazos públicos do concello. Tamén colaboraron as alumnas e profesorado do obradoiro de manualidades municipal e o tecido comercial do concello.
Este ano tamén introduciremos novidades no concurso de decoración de Nadal. As inscricións terán lugar do 1 ao 19 de decembro.
Ver condicións do concurso de decoración (A partires do 1 de decembro)
Ver condicións do concurso de postais (A partires do 1 de decembro)
Follas de inscrición (A partires do 1 de decembro)
En canto á decoración de Nadal, este ano apostouse por continuar ampliando o catálogo en propiedade do concello mentres se seguen a alugar elementos decorativos para renovar e facer máis atractivo as nosas rúas nesta época máxica do ano.
O tenente alcalde aproveitou a ocasión para desexar unhas boas festas a toda a veciñanza e convidar aos cidadáns e visitantes a gozar de todos os actos culturais e públicos así como a facer consumo de proximidade no comercio local de Outes.
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL PARA LA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Con motivo da celebración do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Outes levará a cabo unhas actividades conmemorativas.
O sábado 23, baixo o título VOCES EN FEMININO, OUTES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, terá lugar na Casa da Cultura un acto onde a música será a protagonista, e o día 25, ás 12:30 horas, haberá unha concentración diante da Casa do Concello.
CAMPAÑA DE NEVE 2025
A Deputación da Coruña, dentro da programación deportiva para o ano 2025, pon en marcha a Campaña de Neve 2025 que terá lugar na Estación Invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).
O Concello de Outes ten adxudicadas 5 prazas para para a 5ª quenda que terá lugar dende o 07/02/25 ata o 10/02/25. Os participantes neste programa gozarán de catro días con aloxamento a pé de pista e manutención, ademais de cursos de esquí.
Para participar é preciso ter entre 11 e 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2024) e estar empadroados en Outes.
PROXECTO PARA A RECONSTRUCIÓN DUN BARCO SANCOSMEIRO E RECUPERACIÓN DA CARPINTERÍA DE RIBEIRA
O concello de Outes informa de que abrirá o prazo de inscricións o vindeiro martes, 29 de outubro, para aquelas persoas que queiran participar na formación en Carpintaría de Ribeira a través do proxecto conxunto do Concello de Outes e a asociación Terra de Outes: “Reconstrución dun barco Sancosmeiro e recuperación da carpintería de ribeira”.
A formación vai destinada a protexer e divulgar o patrimonio material e inmaterial da carpintaría de ribeira e achegar os coñecementos en carpintaría á cidadanía en xeral.
As inscricións realizaranse no rexistro do concello ou a través da sede electrónica ( outes.sedelectronica.gal)
Máis información: | ||
Proposta formativa | Calendario do curso | Condicións de inscrición e participación |
ESPELLOS ÍNTIMOS: OBRADOIRO
O Concello de Outes colabora na actividade "Espellos Íntimos" organizada pola Deputación da Coruña. Trátase dun obradoiro práctico, sobre a maternidade e os coidados, destinado a mulleres de distintas xeracións.
Máis información e inscricións no CIM de Outes, teléfono 981 850 949.
ACTIVIDADES DE OUTONO E INVERNO 2024/2025
O Concello de Outes publica a oferta de actividades de cultura, deportes e dos centros sociais para o outono e inverno 2024/2025.
As inscricións nas actividades de cultura e deporte deben facerse cubrindo a folla de inscrición e entregándoa no rexistro do Concello, ben de forma presencial ou a través da nosa sede electrónica.
As actividades de cultura e deportes gozan dun desconto do 50% a partires da terceira en cada grupo. Existen descontos familiares de ate o 60%. Podes consultar a ordenanza premendo aquí
O concello de Outes financia con recursos propios o 72,8% do custo total das actividades financiándose o resto cos prezos públicos que aportan os usuarios das mesmas.
Para inscribirse en algunha das actividades dos centros sociais, entregar a folla de inscrición do Centro Social da Serra.
O prazo para inscribirse comeza o vindeiro 12 de setembro. Nas actividades da piscina municipal, a inscrición para os non abonados comeza o 18 de setembro.
Folla de inscrición nas actividades de cultura e deportes
ACTIVIDADES DOS CENTROS SOCIAIS
O Concello de Outes oferta unha serie de actividades que se impartirán en distintos centros sociais entre os meses de outubro e xaneiro, ambos incluídos.
As persoas interesadas en participar en algunha delas deberán anotarse no Centro Social da Serra a partir do 12 de setembro.
XXIX OUTONO TEATRAL DE OUTES
Nota: Por causas alleas ao Concello de Outes, as obras de teatro programadas dentro do circuito ASSITEJ 2024 quedan canceladas. Estas obras son:
|
O concello de Outes presenta a 29ª edición da programación local de teatro cun amplo abano de datas programadas. Do sábado 21 de setembro ate o 28 de febreiro o auditorio da casa da cultura acollerá un total de 20 obras de teatro de compañías galegas e do resto do estado. Este ano estreamos un novo sistema para a reserva de entradas que inclúe varias novidades:
-
Creamos dous bonos teatro para que os amantes do Outono Teatral poidan gozar cunha soa reserva todas as obras de teatro. Haberá a disposición da cidadanía os seguintes bonos:
-
Bono Xeral: Reserva en 9 obras para adultos e de especial interese para todos os públicos.
-
Bono Miúdo: Reserva en 6 obras pensadas para o público familiar e os máis cativos da casa.
-
-
Creamos un sistema de reserva telemática onde se poderán conseguir unha porcentaxe de entradas do auditorio dúas semanas antes de cada obra mantendo tamén a reserva presencial.
-
Mantense tamén a reserva de entradas presencial na Casa da Cultura en horario de oficina a partir do luns previo a cada obra.
Os bonos Xerais e Miúdos poderánse obter a partires do luns 9 de setembro en horario de oficina da Casa da Cultura. Ambos bonos gozan dun 30% de desconto no prezo total de cada obra. O mesmo día sairán á disposición do público a primeira tanda de entradas a través do sistema telemático e o luns previo a cada obra estarán dispoñibles as entradas gardadas para a reserva presencial en oficina.
Este sistema garante que os visitantes non empadroados no concello de Outes colaboren económicamente coa programación cultural do noso concello, axuda a mellorar e ampliar a oferta cultural, permítenos optar nun futuro a axudas da Xunta de Galicia xa que co sistema previo era imposible acceder e facilita a reserva para todos os grupos de idade a través das diferentes opcións que brinda á cidadanía. As persoas con carné xove, maiores de 65 anos ou en situación de paro tamén poderán dispor dun desconto específico.
Este ano, ademais, Outes convértese no primeiro espazo galego en entrar no circuíto AUDACES que, xunto con ASSITEJ, permítenos dotar á xuventude outense de obradoiros de formación xunto con pases escolares exclusivos. Anímate a participar e vivir a cultura ao vivo de Outes! #enOutesCultura
O prezo dun Bono Xeral é de 25,90 € co 30% de desconto incluído. O total por separado das 9 obras incluídas sería de 37 €. Obténdoo gozas dunha reserva automática nas funcións que podes atopar abaixo. O prezo medio por obra é 2,88€
O prezo dun Bono Miúdo é de 11,90 € co 30% de desconto incluído. O total por separado das 6 obras incluídas sería de 17 €. Obténdoo gozas dunha reserva automática nas funcións que podes atopar abaixo. O prezo medio por obra é 1,98 €
Podes consultar os prezos de cada función e os pases gratuítos no cartel.
PREME AQUÍ PARA CONSULTAR O CARTEL DESTA EDICIÓN
PREME AQUÍ PARA VISUALIZAR O VÍDEO DA PRESENTACIÓN DESTA EDICIÓN
PREME AQUÍ PARA CONSULTAR AS OBRAS INCLUÍDAS NO BONO XERAL
PREME AQUÍ PARA CONSULTAR AS OBRAS INCLUÍDAS NO BONO MIÚDO
PREME AQUÍ PARA OBTER AS ENTRADAS TELEMÁTICAMENTE (A partires do 9 de setembro)
PREME AQUÍ PARA CONSULTAR O ACORDO DE PREZOS PÚBLICOS
PREME AQUÍ PARA CONSULTAR AS CONDICIÓNS DE ADQUISICIÓN DE ENTRADAS E BONOS
ANDAINAS DE OUTONO: COÑECE O NOSO PATRIMONIO
O Concello de Outes organiza catro roteiros culturais, que se desenvolverán este outono, para coñecer o noso patrimonio da man dun experto.
A inscrición é obrigatoria e abrirase o luns previo a cada andaina. Pode facerse cubrindo o formulario que encontrarás escaneando o código QR do cartel ou premendo aquí. Tamén podes facelo na Casa da Cultura.