Outes Dixital
Axenda local


XV XORNADAS DE INFORMACIÓN SOCIO-SANITARIA DE OUTES
O 29 de outubro darán comezo as XV Xornadas de Información Socio-sanitaria de Outes.
Organizadas polo Concello de Outes e coordinadas polo Doutor Xosé María Dios Diz, as conferencias-coloquio celebraranse o último xoves de cada mes ás 18:30 horas.
Por motivos de seguridade, debido á pandemia da COVID-19, prégase a todas as persoas que queiran asistir que reserven praza no teléfono 981 850 575.


ACTIVIDADES DE OUTONO E INVERNO 2020/2021
O Concello de Outes publica a oferta de actividades de cultura, deportes e do centro social para o outono e inverno 2019/2020.
As inscricións nas actividades debe facerse cubrindo a folla de inscrición e entregandoa no rexistro do Concello, ben de forma presencial ou a través da nosa sede electrónica.


MADRUGADORES E TARDES DIVERTIDAS 2020/21
O Concello de Outes ofrece as familias outienses os servizos de conciliación de Madrugadores e Tardes divertidas para o curso 2020-21. Ambos forman parte do programa “Outes Concilia” que se desenvolverá no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.
As solicitudes poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello (https://outes.sedelectronica.gal), ou de xeito presencial no Centro de Información ás Mulleres de Outes, solicitando cita previa no número de teléfono 981 850 949, en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres, dende o 24 de agosto ao 4 de setembro.