Outes Dixital
Axenda local
15/09/2025
NOVA


GALEGO PARA ADOLESCENTES (GPA), DE AVELINO GONZÁLEZ
O Concello de Outes, a través do Servizo de Normalización Lingüística, achégalle ao alumnado do IES Poeta Añón, o próximo 23 de setembro, un espectáculo do actor e contador Avelino González.
O monólogo é un convite ao optimismo lingüístico, que presenta a lingua galega como o que é: unha lingua que expresa ideas, emocións e sensacións ao seu xeito.
21/08/2025
NOVA


CURSO DE INICIACIÓN AO GALEGO PARA PERSOAS DE FÓRA DE GALICIA
O Concello de Outes oferta un curso de galego dirixido a persoas de fóra de Galicia maiores de 16 anos.
O curso realizarase a partir de outubro e o prazo de inscrición é do 1 ao 15 de setembro de 2025 no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Outes ou a través do correo: barbara.carballo@outes.gal.