Centro de información ás mulleres

imaxe subvención

 

DIRECCIÓN: Praza do Bosque, 15230 - Outes

TELÉFONO: 981850949

CORREOS ELECTRÓNICOS: cim@outes.gal / cimoutes@yahoo.es

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

 

 

 

 

PRINCIPIOS DE ACTUACIÓN:

  • Principio de igualdade
  • Principio de coordinación
  • Anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión en contrario das mesmas.
  • Respecto á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.
  • Atendendo á vocación de servizo publico do Centro de Información ás Mulleres, a gratuidade de todos os servizos que se houberan de prestar.
  • O respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal do Centro de Información ás Mulleres, que garantirá a privacidade das comunicacións, salvo vontade en contra das usuarias.
  • Principio de prestación gratuíta de todos os servizos, que se ofertarán atendendo á vocación de servizo público.

DESTINATARIAS:

O proxecto vai destinado a toda a poboación feminina en xeral, beneficiándose así de xeito indirecto ós demais sectores da poboación.

FUNCIÓNS:

O Centro de Información ás Mulleres de Outes, dentro do seu ámbito territorial, e na súa área de influencia, desenvolverá as funcións e prestará os servizos que a continuación se relacionan:

  • Información e asesoramento xurídico.
  • Atención psicolóxica.
  • Información sobre os recursos dispoñibles.
  • Difusión e sensibilización cidadá acerca da vixencia e aplicación do principio de igualdade entre mulleres e homes.
  • Funcionamento coma canle de comunicación entre as usuarias e os distintos organismos que tiveran competencias en materia de muller.
  • Información sobre cursos, estudos e xornadas en materia de igualdade de oportunidades e, en especial difundindo as actividades e servizos desenvolvidos polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home a de Muller.
  • Realización de conferencias, encontros, xornadas, cursos sobre temas de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
  • Atención específica a mulleres víctimas de violencia de xénero, informando sobre o acceso aos recursos existentes na Comunidade Autónoma a través da xestión urxente cos servizos policiais, sanitarios, psicolóxicos, xudiciais e sociais que fosen oportunos.
  • Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación e traslado destas ao órgano competente.
  • Fomento do asociacionismo e da participación das mulleres na sociedade civil.
  • Calquera outra actividade que se adecúe ao obxectivo prioritario da consecución da igualdade.
  • Cumprir o DECRETO 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu reconoñecemento.

ÁMBITO DE ACTUACIÓN:

Atenderanse as demandas e necesidades de todos os habitantes do Concello de Outes e concellos limítrofes que non conten con CIM, prestando especial atención ó colectivo feminino para achegarnos cada día máis á igualdade real.

PERSOAL DO CIM:

O centro de información á muller contará co seguinte persoal cualificado:

  • Directora: titulación universitaria superior, preferentemente en humanidades ou en ciencias sociais. Deberá acreditar experiencia en temas de igualdade de oportunidades.
  • Asesora xurídica: licenciada en dereito.
  • Psicóloga: licenciada en psicoloxía.

O asesoramento xurídico ou a atención psicolóxica serán compatibles coas funcións de dirección.

FUNCIÓNS DO PERSOAL DO CIM:

As funcións deberán axustarse ao preceptuado no artigo 5º do capítulo primeiro do Decreto 130/2016. De conformidade co establecido no artigo 2 do mesmo, as función relativas á violencia de xénero, e á atención a mulleres en situación de vulnerabilidade terán carácter prioritario na actividade do CIM.

Directora:

  • organización, control e xestión do Centro de Información ás Mulleres. Para tal efecto velará polo cumprimento dos dereitos das usuarias.
  • Atención individualizada ás usuarias mediante o asesoramento persoal, telefónico ou por escrito.
  • Coordinación da atención específica a mulleres víctimas de violencia de xénero, poñendo á súa disposición os recursos existentes na Comunidade Autónoma a través da xestión urxente dos servizos policiais, sanitarios, xudiciais e sociais que fosen oportunos.
  • Información sobre os recursos dispoñibles no noso ámbito territorial.
  • Organización, xestión e seguimento de conferencias, encontros, xornadas, exposicións ou cursos de especial incidencia na consecución do principio de igualdade.
  • Información sobre cursos, estudos, xornadas que se programen no noso ámbito territorial, así como as actividades e servizos desenvolvidos polo Servizo Galego de Promoción de Igualdade do Home e da Muller.
  • Divulgación e sensibilización da problemática das mulleres impartindo charlas, conferencias, participando en medios de comunicación, etc.
  • Organización de exposicións e xestión de programas.
  • Fomento da participación cidadá e do asociacionismo das mulleres.
  • Recepción, canalización e tramitación de denuncias en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación.
  • Coordinación do centro de documentación.
  • Coordinación con outros servizos pertencentes a outras institucións públicas ou privadas.
  • Elaboración e supervisión de memorias e informes.
  • Elaboración, seguimento e avaliación do Plan de Igualdade do Concello de Outes.
  • Promoción da formación continua en materia de igualdade do persoal dependente do Centro de Información ás Mulleres de Outes.
  • Realización de calquera outra actividade que favoreza a consecución do principio de igualdade.

Asesora xurídica:

  • Información e asesoramento xurídico.
  • Participación nas actividades do Centro de Información de Outes.
  • Colaboración na elaboración de memorias e documentos.

Psicóloga:

  • Atención psicolóxica.
  • Realización de valoracións e orientacións psicolóxicas.
  • Intervención individual.
  • Realización de informes psicolóxicos naqueles supostos nos que foran solicitados por organismos públicos.
  • Realización de prácticas de grupo e talleres de autoestima.
  • Participación nas actividades do Centro de Información de Outes.
  • Colaboración na elaboración de memorias e documentos.

PROGRAMA "OUTES CONCILIA"

ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DE CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR “OUTES CONCILIA"

 Ver no BOP

REGULAMENTO DO PROGRAMA "OUTES CONCILIA”

Ver no BOP