Plan xeral de ordenación municipal (P.X.O.M.)

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, por Orde do 11 de xaneiro de 2011 publicada no Diario Oficial de Galicia nº 16, do 25.01.2011, aprobou definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Outes.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística de Galicia, e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, publícase a normativa do antedito Plan, que entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín oficial da provincia da Coruña.

O PXOM é o documento que regulará o desenvolvemento urbanístico e con esa finalidade clasifica, de conformidade coa lei, o solo do municipio en urbano, urbanizable, de núcleo rural e rústico; deseña os núcleos urbanos da Serra de Outes, Pontenafonso, O Cruceiro de Roo e O Freixo e as súas áreas de crecemento; cataloga e define a totalidade dos núcleos rurais do municipio e as súas zonas de expansión; e define o solo rústico e as súas diversas categorías (común, de protección agrícola, de protección de costa, de protección paisaxística, etc.).

O PXOM tamén establece a rede viaria e os sistemas de infraestruturas e equipamentos públicos necesarios para o desenvolvemento económico (parque empresarial) e o benestar social do municipio (espazos libres e zonas verdes, instalacións escolares e deportivas, equipamentos de servizos sociais, instalacións sanitarias e culturais, redes de abastecemento e depuración de augas, redes de distribución de enerxía eléctrica, etc.).

O PXOM contén unha serie de documentos esixidos pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística de Galicia, que se presentan en catro tomos:

  • Os Tomos I e II conteñen a información sobre a situación actual ou de partida do municipio.

  • Os Tomos III e IV conteñen a nova ordenación que se propón. A persoa que queira saber como o PXOM lle pode afectar nunha propiedade determinada deberá ir directamente a estes tomos.

Para os efectos de facilitar a súa consulta e guiar ao lector, desglosamos a continuación o PXOM por tomos cunha explicación de cada documento:

 

TOMO I

Contén catro documentos:

  • Memoria, estratexia de actuación e estudo económico: describen os datos do medio xeográfico, da evolución da poboación, da estrutura urbana e das infraestruturas e equipamentos existentes; e recolle os obxectivos, criterios e actuacións propostas para definir o modelo de desenvolvemento urbanístico do municipio, así como os datos cuantitativos das capacidades das distintas clases de solo e a definición dos sistemas xerais de infraestruturas e equipamentos. Conclúe co estudo económico das actuacións necesarias para acadar os obxectivos propostos.

     Ver memoria, estratexia de actuación e estudo económico

  • Planos de información: recollen ou reflicten sobre os planos do municipio os datos físicos, xeográficos, poboacionais e económicos aos que se refiren os documentos do apartado anterior e, en xeral, a situación urbanística actual ou de partida das distintas áreas do territorio municipal.

    Ver planos de información ( arquivo 1 arquivo 2)

  • Informe de sustentabilidade ambiental (ISA): describe a situación actual do medio ambiente municipal, os criterios e obxectivos ambientais estratéxicos, a identificación dos impactos e efectos negativos, as medidas previstas para minguar e corrixir eses efectos, a descrición das alternativas analizadas, o sistema de indicadores e o plan de seguimento, o resumo non técnico do propio ISA, e o informe sobre a viabilidade económica das alternativas e das medidas para prever, minguar ou corrixir os efectos negativos do PXOM. Tamén contén o resultado do proceso de participación na elaboración do PXOM.

     Ver informe

  • Proposta de memoria ambiental: contén a análise do proceso de avaliación ambiental estratéxica, a integración das variables ambientais no planeamento, as conclusión e síntese final sobre a integración dos aspectos ambientais no Plan, a relación de informes sectoriais, a memoria ambiental e a cuprimentación da antedita memoria.

     Ver proposta de memoria ambiental

 

TOMO II

Contén tres documentos

 

 

TOMO III

Contén tres documentos:

 Ver fichas de xestión

  • Normativa: Contén:
    • As normas urbanísticas xerais do PXOM (prazo de vixencia, ámbitos espaciais, criterios de interpretación e aplicación, instrumentos de desenvolvemento, de xestión e de execución) e os dereitos e deberes xerais dos propietarios do solo.

    • As normas urbanísticas específicas das diferentes clases de solo (urbanos, de núcleo rural, urbanizables e rústicos), o réxime dos solos de sistemas xerais e dotacións (equipamentos e infraestruturas), e as normas de protección do patrimonio histórico, natural e do medio ambiente. As condicións das diferentes clases de usos do solo (residencial, industrial, de servizos, e dotacional, as condicións xerais para edificar (parcela mínima edificable, ocupación máxima da parcela, alturas, normas de calidade arquitectónica, as condicións de seguridade e hixiénicas), o procedemento de obtención das licenzas urbanísticas, as condicións de urbanización; e, finalmente, as ordenanzas reguladoras dos usos e edificacións en cada clase de solo (as ordenanzas reguladoras de solo urbano, as ordenanzas reguladoras de solo de núcleo rural, a regulación dos solos urbanizables, e a regulación dos solos rústicos).

     Ver normativa

  • Fichas de xestión: conteñen as bases e criterios de ordenación dos ámbitos de solo urbano non consolidado e de solo urbanizable que, neste último caso, deben ser desenvoltos por medio dos correspondentes plans parciais ou especiais.

  • Planos de ordenación dos núcleos rurais do municipio agrupados por parroquias e ordenados alfabeticamente polo nome de cada parroquia:

     

 

TOMO IV

Este tomo contén os planos de clasificación de solo de todo o territorio municipal.

En resumo, para coñecer a ordenación concreta que lle corresponde a un determinado terreo é preciso identificar no plano correspondente a clase de solo a que pertence -urbano, urbanizable, de núcleo rural ou rústico- e logo consultar a ordenanza urbanística aplicable.