Cultura e Deporte
Casa da Cultura
O Centro Sociocultural e Xuvenil do Concello de Outes, coñecido como a Casa da Cultura, é un edificio multidisciplinar que alberga de forma permanente a Aula de Informática, a Biblioteca Municipal e as oficinas de Información Xuvenil e de Animación Cultural, ademáis de acoller concertos, obras de teatro, exposicións, cursos...
Enderezo: Avd. de San Campio, nº 1, 15230 Serra de Outes
Teléfonos: 981850950 / 981842406
Horario: |
De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas |
|
Sábado, de 11:00 a 13:00 horas (só biblioteca) |
Na casa da cultura teñen a súa sede os seguintes departamentos:
ANIMACIÓN CULTURAL
A intervención da animadora cultural é unha axuda insubstituíble para os nosos rapaces, colectivo que nestes momentos sente máis necesidades, sobre todo no medio rural, para a formación de hábitos saudables, na liña de preparalo mediante o xogo, as actividades creativas, lectura de contos, etc, con intencións didácticas e a formación de grupos para evitar a rivalidade e a competitividade. Por todo isto é necesario educar ós rapaces na ocupación do seu tempo libre, axudándolle a discriminar entre actividades nocivas ou non desexables e outras saudables que estimulan a creatividade, actividades onde os rapaces aprendan a relacionarse uns cos outros e a preocuparse polos sentimentos dos demais, desapareza o medo ao fracaso e o fallo e se reafirme a confianza en si mesmo como persoa.
Obxectivos:
- Promover a participación da nosa poboación, sobre todo a mais nova, en tódalas convocatorias do eido da cultura e do tempo de lecer. Este é un obxectivo prioritario.
- Potenciar a recuperación das festas tradicionais, antroido, magosto.
- Crear e afianzar hábitos de lectura en idades temperás, involucrando os centros de ensino e as familias.
- Promover encontros con persoas (escritores, ilustradores, contacontos, editores) que teñan que ver co mundo dos libros.
- Fomentar a creatividade e o traballo en equipo, mediante os talleres de plástica.
- Promover cursos de formación específicos, como por exemplo de monitor de tempo libre, encadernación….
- Realizar un tipo de actividades encamiñadas a promover a diversión, convivencia e integración dos rapaces a través dunha aventura continua, por exemplo mediante as actividades lúdicas e o campamento urbano.
- Descubrir as posibilidades que ofrece o concello de Outes, para divertirse, relacionarse con tal de ter ilusión e un grupo de amigos con quen compartila.
- Espertar o interese polo entorno e o medio natural, mediante os talleres de medio ambiente.
Contacto: animacion@outes.gal
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL "NICOLASA AÑÓN"
A Biblioteca municipal de Outes é un centro local de información que lles facilita aos seus usuarios coñecementos e información mediante unha colección organizada de documentos, así como a través dos novos sistemas de información e tecnoloxías, e que garante o acceso libre e directo ao coñecemento, á información, ao ocio e á cultura, divulga a lectura e promove especificamente a lingua e a cultura galegas.
Servizos que presta:
- Lectura e consulta en sala
- Préstamo a domicilio
- Información bibliográfica
- Sección local
- Sección infantil e xuvenil
- Publicacións periódicas
- Acceso a internet
- Conexión inalámbrica
- Actividades culturais (contacontos, campaña de animación á lectura, encontros con escritores, ilustradores,...)
Horarios:
Sala de lectura |
|
|
|
Préstamo de libros |
|
|
|
|
|
Contacto: outes.rbgalicia@eidolocal.es
Enlaces: - Catálogo de bibliotecas: www.opacmeiga.rbgalicia.org
- Rede de bibliotecas públicas de Galicia: rbgalicia.xunta.gal
AULA DE INFORMÁTICA
A Aula de informática da Casa da Cultura está dotada de 10 ordenadores con conexión a internet que se poden usar libremente e de forma gratuíta nos horarios marcados como aula aberta. Ademáis impártense cursos de informática de diversos niveis e dirixidos a diferentes rangos de idade.
Contacto: informaticos@outes.gal
OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL
A Oficina de Información Xuvenil está a disposición dos mozos e mozas do concello que desexen coñecer as opcións que teñen en educación e formación, na búsqueda de emprego, en ocio e cultura, etc.
Contacto: omix@outes.gal