Casa do Concello
Servizos da casa do concello
Na Casa do Concello teñen a súa sede unha grande parte dos departamentos que traballan para o servizo e benestar dos cidadáns de Outes.
O edificio do concello, recentemente restaurado, está situado na Rúa da Vila, na Serra de Outes. Os teléfonos do Concello son o 981850003 e 981842400.
Área Administrativa
O persoal administrativo do Concello está á súa disposición para levar a cabo todo tipo de trámites de solicitudes, licencias, etc.
Arquitecto Técnico Municipal
O arquitecto técnico poderá resolver as súas dúbidas no relativo ao catastro e a licenzas de obras.
Punto de información catastral
Horario: de luns a venres, de 08:30 a 14:30 h.
Servizos dispoñibles:
- Consulta de datos catastrais non protexidos, certificación do valor de referencia e certificación da referencia catastral
- Consulta e certificación de datos catastrais protexidos, polo titular catastral, representante ou autorizado
- Certificación negativa
- Consulta polo titular catastral sobre información de solicitudes de axuda da PAC.
Taxa a aboar polo servizo:
- Certificado literal: 2,00 €
- Certificado descritivo e gráfico: 10,00 €
Policía Local
Horario de oficina: 9:00 - 21:00
Tlf: 649 42 90 68 - 981 850 350
Servizos Sociais
Os servizos sociais de atención primaria traballan para atender as necesidades de cada cidadán.
Educadora Familiar
A Educadora familiar ten, entre outras, a responsabilidade de deseñar, planificacar, seguir e avaliar proxectos de intervención socioeducativa.
Programa de axuda no fogar
Tres auxiliares de fogar municipais traballan neste programa.
Xulgado de Paz
O Xulgado de Paz, situado no baixo da Casa do Concello, ten as seguintes competencias:
- Na Orde Penal, tramitar, celebrar e dictar sentencia en xuizos de faltas por feitos de pouca gravidade que ocorreran no Concello.
- Na Orde Civil, tramitar, celebrar e dictar sentencia en asunto de cuantía inferior a 90 €.
- Xestionar o Rexistro Civil, é dicir, celebrar bodas, inscribir nacementos, etc.
Teléfono: 981842470