Polideportivos

Cartela subvención Deputación

O Concello de Outes conta con dous pavillóns polideportivos:

POLIDEPORTIVO DA SERRA
Pavillón de A Serra

O pavillón polideportivo da Serra está situado xunto ao campo de fútbol e a varias canchas descubertas de baloncesto.

As instalacións pódense reservar, previa solicitude, para a práctica de diversos deportes como poden ser fútbol sala ou baloncesto.

Ao longo do ano organizamos cursos dos deportes máis populares.

Horario (para uso libre do polideportivo): De luns a xoves de 20:00 a 23:00 h e venres de 20:00 a 21:00 h

Teléfono: 981850748

Interior do pavillón de A Serra
POLIDEPORTIVO DO CRUCEIRO DE ROO
Pavillón do Cruceiro de Roo

O pavillón do Cruceiro de Roo está situado xunto ao colexio Emilio Navasqüés. Conta cunha pista pintada para diversos deportes. O edificio está enmarcado nunha área recreativa con columpios para os rapaces e unha pista descuberta para deportes no exterior.

Horario (para solicitar o uso do polideportivo): De luns a venres de 19:00 a 21:00 horas

Interior do pavillón do Cruceiro de Roo