Normalización Lingüística

SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Logo SNL

O Concello de Outes quere demostrar o seu compromiso co idioma propio de Galicia prestándolle atención especial ao proceso de normalización lingüística a través da galeguización dos seus servizos e poñendo en marcha programas dirixidos á poboación para conseguir a implicación de todos os colectivos neste proceso.

A aposta contempla ademais a creación de programas dirixidos á poboación, entidades asociativas e empresariais do municipio.

O SNL é un servizo do Concello de Outes procura ser un elemento dinamizador do uso do galego tanto dentro como fóra do Concello.

Os obxectivos principais son incrementar o uso e prestixio social da lingua galega, contribuír á completa galeguización de todos os ámbitos e sectores do termo municipal e mellorar a calidade das producións lingüísticas.

Funcións xerais:

  • Asesoramento á administración en todo o relacionado coa política lingüística na procura do incremento do uso e prestixio da lingua galega.
  • Asegurar o correcto cumprimento da lexislación en materia lingüística por parte do concello garantindo os dereitos lingüísticos da veciñanza.
  • Emitir informes sobre a oportunidade, conveniencia, etc., de accións do concello con respecto ao fomento do uso e prestixio da lingua galega nomeadamente coa toponimia deturpada.

Funcións de dinamización lingüística:

  • Fomentar o uso do galego no conxunto da sociedade, para o cal se propuxeron actividades a realizar para diferentes segmentos da poboación e ámbitos socioeconómicos.
  • Propor actividades dinamizadoras concretas que intenten concienciar á sociedade respecto ao uso e prestixio da lingua galega, e a puideran implicar no proceso normalizador.
  • Promoción do uso do galego no ámbito laboral con comunicación específica a todo o persoal funcionarial do Concello de Outes.

Funcións de formación (socio)lingüística:

  • Colaboración e realización de tarefas específicas de formación lingüística co fin de garantir a presenza do galego e un aumento nas competencias lingüísticas da poboación, especialmente da infantil e xuvenil.

Funcións de asesoramento lingüístico interno:

  • Mellora da calidade lingüística e comunicativa da administración.
  • Normalización de criterios lingüísticos para a organización.
  • Resolución de dúbidas lingüísticas.

Funcións de coordinación e apoio entre a deputación e os concellos:

  • Apoiar e difundir e as accións dinamizadoras que desenvolva a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.
  • Coordinación accións de normalización conxuntas coa Deputación da Coruña e outras propias.

SNL Concello de Outes
Rúa da Vila, 1. Outes | 15230

Enderezo electrónico: normalizacion@outes.gal
Teléfono: 981850003