Agrupacións musicais

O Concello de Outes ten unha longa tradición no que a agrupacións musicais se refire. Hai constancia da existencia dunha banda de música xa a finais do século XIX. Esta banda, dirixida por Baley e despois por un discípulo seu chamado O Ruso, estivo en activo ata pouco antes de comezar a Guerra Civil.

Despois do paréntese da guerra, alá polos anos 40, Salvador, un militar e músico que tocara na banda Municipal de Santiago, reorganiza de novo a banda. Con Salvador a agrupación chegou a ter máis de 30 músicos e con el tamén desapareceu nos anos 50.

A par desta banda existiron alomenos outras dúas agrupacións máis pequenas das que case non existe información.

A día de hoxe, dependentes do Concello, hai catro agrupacións musicais: A Banda Municipal de Música, a Banda Municipal de Gaitas, o grupo de Baile Municipal e as Cantareiras.

 

Banda Municipal de Outes

Concerto da Banda Municipal de Música de Outes

Desfile

Desfile da Banda de Gaitas e Grupo de Baile Municipais