Centro Náutico

CENTRO NÁUTICO FRANCISCO RAMA VÁZQUEZ "FUFÚ"

Centro náutico

O centro náutico municipal Francisco Rama Vázquez “Fufú” atópase na Ribeira do Freixo na contorna do seu porto pesqueiro.

O edificio estreado no ano 2012 conta cos servizos dunha base de técnico-operativa de Portos de Galicia, oficina de administración, aulas, espazos de exposición, vestiarios, pañol, zona de varada, mirador e pantalán de acceso ao mar.

Dirección: 
Ribeira do Freixo, nº 1
Freixo de Sabardes
Cp: 15.288 - OUTES
Teléfono: 649 880 015
e-mail: centronautico@outes.gal

 

HORARIOS DE OUTONO, INVERNO E PRIMAVERA

LUNS:

Mañás: de 09:00 horas a 15:00 horas

XOVES, VENRES E SÁBADOS:

Mañás: de 10:00 horas a 14:00 horas

 

Tardes: de 15:00 horas a 19:00 horas

DOMINGOS:

Mañás: de 10:00 horas a 14:00 horas

MARTES E MÉRCORES:

pechado

Para actividades concertadas ou condicións meteorolóxicas adversas, consultar ao responsable.

HORARIO DE VERÁN

MARTES A SÁBADO :

Mañás: de 10:00 horas a 14:00 horas

 

Tardes: de 16:00 horas a 20:00 horas

DOMINGO E LUNS :

pechado

SERVIZOS

CURSOS DE VELA: INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO

Quedan suspendidos os cursos de vela no club náutico durante o ano 2024 ate novo aviso.

Estes cursos de vela, pensados para distintas idades e niveis, teñen a finalidade de ofrecer aos interesados na práctica da vela, os coñecementos necesarios para que poidan navegar de forma autónoma.

Duración 
Barco ou derivador: cinco saídas de 4 horas.
Táboa deslizadora a vela (windsurf): cinco saídas de 3 horas.
Catamarán: cinco saídas de 3 horas.

Requisitos
Saber nadar, ter cumpridos os 7 anos na modalidade de barco e 10 para as modalidades de windsurf e catamarán. Os usuarios deben tamén posuír a licenza de escola do ano en curso da federación galega de vela.

Indumentaria
A escola de vela facilita os chalecos salvavidas, o resto de indumentaria correrá a cargo dos usuarios.

Tarifa: 30 €

 Folla de inscrición para os cursos de vela

 Folla de autorización do uso de imaxe

 Folla de autorización a terceiros para a recollida de menores

ALUGUER DE EMBARCACIÓNS

O servizo de aluguer de embarcacións vai dirixido a usuarios que saben navegar.

Os asistentes aos cursos de niveis de perfeccionamento poden alugar as embarcacións con desconto, facilitándolles o proceso de aprendizaxe.

Requisitos
Posuír a licenza federativa e ter efectuado o pago das taxas municipais.

O servizo pode ser suspendido, sen previo aviso, no suposto de que as condicións meteorolóxicas sexan adversas.

 Folla para o aluguer de embarcacións

 Descrición dos barcos dispoñibles

VARADA DE MATERIAL DE WINDSURF

O servizo de varada permite gardar o material propio de windsurf na escola de vela e navegar no horario establecido. Este servizo tamén dá acceso aos vestiarios e duchas, así como para realizar reparacións do material de navegación co obxecto do seu mantemento e trimado.
Á hora de navegar, tamén se dispón da embarcación pneumática como elemento básico de seguridade na navegación.

 Folla para a varada de material de windsurf