Aviso legal

CONDICIÓNS DE USO OBXECTO E ACEPTACIÓN

Estas condicións xerais regulan o uso do servizo do portal de internet www.outes.gal (en adiante, o “Portal”).
A utilización do Portal atribúe a condición de persoa usuaria do Portal (en adiante, “a persoa usuaria”) e expresa a adhesión plena e sen reserva da persoa usuaria a todas e cada unha das Condicións Xerais na versión publicada por www.outes.gal no momento mesmo en que acceda ao Portal. En consecuencia, a persoa usuaria debe ler atentamente a Política de Privacidade en cada unha das ocasións nas que se propoña utilizar o Portal.
O acceso e/ou a utilización de determinados servizos e contidos ofrecidos ás persoas usuarias, no e/ou a través do Portal encóntrase sometida a certas condicións particulares propias que, segundo os casos, substitúen, completan e/ou modifican a Política de Privacidade (en adiante, as Condicións Particulares). Con anterioridade ao acceso e/ou a utilización de ditos servizos e contidos, a persoa usuaria debe ler atentamente tamén as correspondentes Condicións Particulares. O acceso e/ou utilización dos servizos e contidos mencionados expresa a aceptación enteira e incondicional das Condicións Particulares na versión publicada por www.outes.gal no momento en que se produza o acceso e/ou utilización.
www.outes.gal resérvase o dereito de modificar ou eliminar en calquera momento e sen previo aviso, a presentación do portal, as condicións da súa utilización, os servizos ofrecidos e as condicións para acceder e/ou utilizar eses servizos.

CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN DO PORTAL

A persoa usuaria comprométese a utilizar o Portal e os Servizos conforme a lei, co disposto na Política de Privacidade, a moral e os bos costumes xeralmente aceptados, a orde pública e obrígase a absterse de utilizar o Portal e os Servizos con fins ou efectos ilícitos, contrarios ao establecido na presente Política de Privacidade, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar o Portal e os Servizos ou impedir a normal utilización ou desfrute do Portal e dos Servizos por parte das persoas usuarias. A persoa usuaria absterase de modificar, copiar, distribuír, transmitir, divulgar, utilizar, reproducir, publicar, dar licenza, ceder, vender nin crear traballos derivados a partir da información recibida do Portal.
A persoa usuaria recoñece e acepta que www.outes.gal poderá en calquera momento e sen notificación previa e á súa plena discreción, negar o acceso á persoa usuaria ao portal, cando www.outes.gal considere que a persoa usuaria incorreu nalgún incumprimento a obrigacións incluídas no Convenio; a persoa usuaria non terá dereito a reclamarlle a www.outes.gal indemnización algunha que tal rescisión lle tivera causado. www.outes.gal en calquera momento con ou sen notificación previa, poderá modificar todos ou parte dos Servizos do portal.

DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Para acceder a e/ou utilizar os Servizos de www.outes.gal é necesario que as persoas usuarias proporcionen previamente a www.outes.gal certos datos de carácter persoal (en adiante, os “Datos Persoais”), que www.outes.gal tratará automatizadamente e incorporará a un ficheiro automatizado. Os datos recollidos nesta web son a título informativo; www.outes.gal non se responsabiliza das omisións, imprecisións ou erros que puidesen producirse nalgún intre nos datos e documentos aquí facilitados, nin das consecuencias que poidan orixinarse pola súa utilización. En ningún caso desde www.outes.gal se proporcionará información a terceiros que identifique ás persoas usuarias sen unha autorización. Garantimos a confidencialidade no tratamento dos datos de carácter persoal, así como a implantación das medidas de índole técnica e organizativas que garantan a seguridade deses datos.
Todas estas circunstancias serán previa e debidamente advertidas por www.outes.gal ás persoas usuarias, nos casos e na forma que resulta legalmente exixible. www.outes.gal garante que adoptou as medidas oportunas de seguridade nas súas instalacións, sistemas e ficheiros. Así mesmo, www.outes.gal garante a confidencialidade dos Datos Persoais. As persoas usuarias teñen recoñecidos e poderán exercer os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición contactando con www.outes.gal a través do enderezo electrónico concello@outes.es ou escribindo ao seu enderezo postal Rúa da Vila, 1, 15230, A Serra de Outes, A Coruña, Galicia. As persoas usuarias garanten e responden, en calquera caso, da veracidade, exactitude, vixencia e autenticidade dos Datos Persoais facilitados e comprométense a mantelos debidamente actualizados.

RESPONSABILIDADE

A persoa usuaria coñece e acepta expresamente que a utilización por parte dos Servizos e do Portal é a cargo exclusivo da súa conta e risco. www.outes.gal non garante a exactitude de toda a información, documentación e precisión dos Servizos contidos no Portal. Todo o material descargado do Portal pola persoa usuaria realízase baixo a súa exclusiva responsabilidade, non sendo www.outes.gal responsable por calquera dano que a mencionada información lle puidese causar na computadora ou sistemas da persoa usuaria.

EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE

A información contida nesta páxina web foi revisada e actualízase acotío. Non se ofrece garantía de integridade, corrección ou actualidade. Todos os datos poden ser retirados ou modificados en calquera momento sen necesidade de notificación. A pesar de revisar e controlar o contido con periodicidade, non nos facemos responsables do contido de ligazóns externas. www.outes.gal non se responsabiliza do contido doutras páxinas web que teñan ligazóns a www.outes.gal.

XURISDICIÓN

Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co sitio web ou das actividades desenvolvidas nel, será de aplicación a lexislación española sendo competente, para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso, os xulgados e tribunais españois competentes.

TITULARIDADE DO SITIO WEB

A páxina www.outes.gal é propiedade do Concello de Outes

Enderezo postal: Rúa DA VILA, 1, 15230. A Serra de Outes, A Coruña.

Teléfono: 981 85 00 03

Enderezo electrónico: concello@outes.es

Web: www.outes.gal