Servizos
Centro de día
Este centro xurdiu pola necesidade de ampliar os servizos que se ofertan co actual Centro Social, de forma que poidamos atender mellor aos nosos maiores e traballar polo seu benestar e a súa calidade de vida. DIRECCIÓN: Praza do Bosque, 15230 - Outes TELÉFONO: 981850090 HORARIO: De luns a venres de 8:30 a 18:30 horas. Os sábados, domingos e festivos permanecerá pechado. |
QUE É O CENTRO DE DÍA? |
É un servicio social destinado á atención diúrna de persoas maiores que padezan perda da súa autonomía física e/ou psíquica e que, residindo nos seus propios fogares, precisan dunha serie de coidados de carácter persoal, terapéutico ou social. |
A QUEN VAI DIRIXIDO? |
A tódalas persoas maiores de 65 anos, ou excepcionalmente maiores de 60 anos, veciños de Outes, con certo nivel de dependencia social e funcional, que non requiran dun centro especializado. |
QUE SERVIZOS PRESTA ? |
|
A ONDE DIRIXIRSE PARA SOLICITAR A ADMISIÓN? |
A solicitude realizarase no Concello, no despacho da traballadora social, que informará da documentación que se debe achegar. Tamén se pode solicitar información chamando ao teléfono 981850003. |