Axenda local

29/11/2019
Gallery campamento tempo nadal 2019
Ico noticia NOVA

CAMPAMENTO “TEMPO DE NADAL"

O Concello de Outes, a través do Centro de Información ás Mulleres quere convidar a tódolos nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos a participar no Campamento TEMPO DE NADAL”, que se desenvolverá os días, 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e 2 e 3 de xaneiro, en horario de 8:00 a 16:00 h, no edificio autónomo do CEIP de Outes.

As familias poderán facer uso do servizo en función das súas necesidades, permitindo a entrada e saída flexibles.

Para o bo desenvolvemento das actividades programadas, recoméndase a aquelas familias que non vaian a facer uso do horario completo do campamento, incorporarse ao mesmo sobre ás 10:00 h e saída a partir da 13:30 h.

Pódese utilizar todos os días ou ben en días soltos.

As nenas e nenos terán opción de almorzar e xantar no servizo, sendo as familias as encargadas de aportar os alimentos.

Información e inscrición dende o 2 ao 18 de decembro, no Centro de Información ás Mulleres de Outes, Praza do Bosque, en horario de 9:00 a 14:00 horas, teléfono 981850949.

 

22/11/2019
Gallery concurso escaparates nadal web
Ico noticia NOVA

CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL

O Concello de Outes convoca para esta campaña de Nadal un concurso de escaparates no que se poderán inscribir tódolos establecementos comerciais que desexen.

O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente do Nadal. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo. Valorarase a creatividade, orixinalidade, combinación de elementos e cores, iluminación e composición.

A inscrición é de balde e para participar bastará con cubrir a ficha de inscrición do concurso en forma e prazo.

Ver bases do concurso

Folla de inscrición