Agenda local

09/04/2025
Gallery imx proxecto recordos outes
Ico noticia NOTICIA

RECORDOS DE OUTES: PROXECTO DE RECOLLIDA DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

O Concello de Outes pon en marcha unha campaña de recollida de fotografía antiga que teña como escenario o noso concello, co obxectivo de crear un arquivo audiovisual.

Todas aquelas persoas que desexen aportar algunha imaxe a este proxecto poderán facelo dende o 8 ata o 18 de abril, de martes a venres de 10:00 a 13:00 na Casa do Concello e de 17:00 a 19:00 na Casa da Cultura. As fotografías aportadas serán escaneadas e devoltas ao seu propietario.

 Ver cartel

 Máis información

03/04/2025
Gallery imx charla alimentacion 03042025
Ico noticia NOTICIA

ALIMENTACIÓN SAUDABLE: CHARLA

O Concello de Outes organiza unha charla sobre alimentación saudable coa que se pretende comezar un ciclo de actividades ao redor da alimentación, nas que iremos aprendendo todos os aspectos que se relacionan e interactúan de cara tentar acercarnos a unha alimentación saudable.

A charla repetirase en dúas localizacións para facilitar a asistencia das persoas interesadas:

  • 12 de abril ás 18:30 horas na Casa da Cultura
  • 26 de abril ás 18:30 horas no centro náutico

As inscricións faranse no teléfono 981 85 01 65 de luns a venres en horario de 9:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 23:00 horas.

24/03/2025
Gallery imx andainas primavera
Ico noticia NOTICIA

RUTAS DE PRIMAVERA 2025: COÑECE O NOSO PATRIMONIO

O Concello de Outes publica o calendario das rutas culturais que se desenvolverán esta primavera para coñecer o noso patrimonio da man dun experto.

A inscrición é obrigatoria e abrirase o luns previo a cada andaina. Para inscribirse hai que cubrir o formulario que encontrarás escaneando o código QR do cartel ou premendo no seguinte enlace:

Pica aquí para acceder ao formulario de inscrición

 Ver cartel

21/03/2025
Gallery imx tempo pascua 21032025
Ico noticia NOTICIA

TEMPO DE PASCUA 2025. OUTES CONCILIA

O Concello de Outes organiza o servizo de conciliación “TEMPO DE PASCUA”, do programa Outes Concilia, destinado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos. Dito servizo desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.

O prazo de inscrición é do 24 de marzo ao 3 de abril.

 Máis información e condicións do servizo

 Folla de inscrición

 Consentimento para o tratamento de datos persoais

07/03/2025
Gallery imx 8m 07032025
Ico noticia NOTICIA

8 MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Dende o Concello de Outes un ano máis unímonos para conmemorar este 8 de marzo baixo o lema “PARA AS MULLERES E NENAS EN TODA A SÚA DIVERSIDADE: DEREITOS, IGUALDADE E APODERAMENTO” promovido desde a ONU.

Neste 2025 cúmprense 30 anos da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing (China) do ano 1995, aprobado durante a cuarta Conferencia Mundial sobre a Muller. Documento que constitúe a base fundamental para o avance dos dereitos das mulleres en todo o mundo, sentando as bases para as políticas, os programas e a inversión en áreas clave como a educación, a saúde, a paz, os medios, a participación política, o apoderamento económico e a eliminación da violencia contra as mulleres e nenas.

As políticas públicas de igualdade son un gran instrumento para mellorar non só as vidas das mulleres senón as de toda a cidadanía. A clave para frear retrocesos en dereitos está no apoderamento da próxima xeración, que a xuventude en especial as mulleres novas e as nenas adolescentes sexan as protagonistas de cambios duradeiros no futuro.

O Concello de Outes mantén o seu compromiso coa igualdade en colaboración e coordinación con outras administracións públicas. Servizos específicos como o Centro de Información á Muller, os servizos de conciliación, as campañas de sensibilización e prevención da violencia de xénero, as actividades dirixidas ás mulleres… impulsan que a autonomía e independencia das mulleres sexa unha realidade presente.

O 8 de marzo non só celebramos os logros acadados, reivindicamos todo o camiño que aínda está por andar e comprometémonos a construír un Outes onde todas e todos teñamos cabida, onde a Igualdalde sexa o piar fundamental da nosa convivencia.

03/03/2025
Gallery imx seminario defensa persoal 03032025
Ico noticia NOTICIA

SEMINARIO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA

O Concello de Outes, en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza un SEMINARIO DE DEFENSA PERSOAL FEMININA.

Será o sábado 12 de abril, de 10:00 a 13:00 horas, na Casa da Cultura de Outes.

A inscrición pode facerse do 3 de marzo ao 8 de abril,   facendo clic aquí

 Ver cartel

19/02/2025
Gallery imx teatro amador 2025
Ico noticia NOTICIA

OUTES PRESENTA A SÚA PRIMEIRA MOSTRA DE TEATRO AMADOR

O tenente alcalde e concelleiro de cultura, Anxo Núñez Fernández, xunto con Carlos Outeiral Miniño, director do grupo de teatro Terra de Outes, presentou esta mañá o cartel da primeira edición da mostra de teatro amador de Outes "Nicolasa Añón".

Todos os sábados ás 20:00 horas, dende o 8 de marzo ate o 12 de abril, o auditorio da Casa da Cultura acollerá unha representación teatral nunha escolma feita pola Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes e que organiza, conxuntamente, co concello de Outes. O obxectivo da mostra é dar a coñecer agrupacións de teatro amadoras e achegar o seu traballo á veciñanza e visitantes.

O tenente alcalde afirmou "Esta mostra nace da colaboración entre a área de Cultura e o grupo de teatro de Terra de Outes e agardamos que sexa a primeira de moitas por vir." O director do grupo de teatro, pola súa banda dixo que "desenvolvemos esta mostra en colaboración con outras cinco asociacións e agrupacións que se achegan a Outes para compartir o seu traballo coa veciñanza."

As obras serán de acceso libre e gratuíto ate completar aforo polo que non se farán reservas. O 5 de abril terá lugar a estrea da obra "O doente imaxinario... Daquela maneira" do grupo afintrión.

 Ver cartel

17/02/2025
Gallery imx entroido 2025
Ico noticia NOTICIA

ENTROIDO 2025: PROGRAMA

O Concello de Outes dá a coñecer o programa de Entroido para este ano 2025,  que comezará o sábado 1 de marzo coa festa de Entroido infantil, con obradoiros, actividades e música para toda a familia. Será ás 17:30 horas no pavillón da Serra.

O 5 de marzo teremos o tradicional Enterro da Sardiña, co concurso de disfraces, onde se repartirán ate 2970€ en premios, e o posterior desfile polas principais rúas da Serra, para rematar na Praza do Bosque coa queima da sardiña e unha chocolatada. Todo o evento estará amenizado coa música da charanga Os Jalácticos.

  Ver cartel

 Ver bases do concurso de disfraces

 Folla de inscrición no concurso de disfraces

13/02/2025
Gallery imx tempo entroido 2025
Ico noticia NOTICIA

TEMPO DE ENTROIDO 2025. OUTES CONCILIA

O Concello de Outes organiza o servizo de conciliación “TEMPO DE ENTROIDO”, do programa Outes Concilia, destinado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos. Dito servizo desenvolverase os días 3 e 4 de marzo, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.

O prazo de inscrición é do 12 ao 21 de febreiro.

 Máis información e condicións do servizo

 Folla de inscrición

 Consentimento para o tratamento de datos persoais

05/02/2025
Gallery imx certame anhon 2025
Ico noticia NOTICIA

XIX CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN

O Concello de Outes organiza o XIX CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN, certame que leva o nome do máis ilustre literato do noso concello, Francisco Añón, autor do "Rexurdimento" e un dos precursores da lingua galega.

Poderán participar nel todas as persoas que o desexen e que presenten os seus traballos en lingua galega. O prazo de presentación remata o 31 de marzo.

 Ver bases do certame