Agenda local

21/03/2025
Gallery imx tempo pascua 21032025
Ico noticia NOTICIA

TEMPO DE PASCUA 2025. OUTES CONCILIA

O Concello de Outes organiza o servizo de conciliación “TEMPO DE PASCUA”, do programa Outes Concilia, destinado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos. Dito servizo desenvolverase os días 14, 15, 16 e 21 de abril, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.

O prazo de inscrición é do 24 de marzo ao 3 de abril.

 Máis información e condicións do servizo

 Folla de inscrición

 Consentimento para o tratamento de datos persoais

13/02/2025
Gallery imx tempo entroido 2025
Ico noticia NOTICIA

TEMPO DE ENTROIDO 2025. OUTES CONCILIA

O Concello de Outes organiza o servizo de conciliación “TEMPO DE ENTROIDO”, do programa Outes Concilia, destinado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos. Dito servizo desenvolverase os días 3 e 4 de marzo, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.

O prazo de inscrición é do 12 ao 21 de febreiro.

 Máis información e condicións do servizo

 Folla de inscrición

 Consentimento para o tratamento de datos persoais

13/01/2025
Gallery cartel servizo de madrugadores
Ico noticia NOTICIA

SERVIZO DE MADRUGADORES 2024-2025

O Concello de Outes manten a posibilidade de inscrición fóra de prazo para o Servizo de Madrugadores, curso 2024-25 que se enmarca dentro do programa Outes Concilia. Nas seguintes ligazóns podes obter máis información e descargar os formularios pertinentes para formalizar a inscrición.

O Concello de Outes abre o prazo de inscrición para o servizo de “Madrugadores”, curso 2024-2025, que forma parte do programa “Outes Concilia”. Dito servizo desenvolverase no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.

Madrugadores: ofrece un servizo de acollida, coidado, no que as/os menores poden almorzar. As familias deberán achegar os alimentos diariamente en termos ou envases adaptados a este fin.

Levarase a cabo durante todo período lectivo, en horario de 7:50 h da mañá ata o inicio das clases. As familias farán uso do mesmo, en función das súas necesidades de conciliación, pero deben incorporarse ó mesmo, como mínimo 30 minutos antes de comezar a xornada escolar. O inicio da prestación do servizo será o primeiro día do calendario escolar 2024-2025, o 11 de setembro. Está destinado a nenas e nenos escolarizados no CEIP de Outes, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Poderá ser utilizado de forma fixa ou ocasional. Prazas limitadas.

Visualizar folla informativa e condicións

Descargar folla de inscrición

Descargar consentimento para o tratamento dos datos

29/11/2024
Gallery imx tempo nadal 2024
Ico noticia NOTICIA

TEMPO DE NADAL

O Concello de Outes abre o prazo de inscrición para o Servizo Tempo de Nadal 2024-25, que se enmarca dentro do programa Outes Concilia.

O prazo de inscrición é dende o 2 ata o 12 de decembro. As prazas son limitadas.

 Máis información

 Folla de inscrición

 Folla de consentimento para o tratamento de datos persoais

10/05/2024
Gallery imx campamento veran 2024
Ico noticia NOTICIA

PROGRAMA “OUTES CONCILIA”: CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

O Concello de Outes organiza, dentro do programa OUTES CONCILIA, o CAMPAMENTO DE VERÁN 2024, que se desenvolverá, en distintas quendas, entre o 25 de xuño e o 10 de setembro.

O campamento está dirixido a nenos e nenas de 3 anos (escolarizados) a 16 anos.

As prazas son limitadas e o período de inscrición será do 13 ao 24 de maio.

Actuación financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdad.

 Ver cartel

 Ver as condicións da convocatoria

 Ver o documento informativo para a formalización do pago

 Folla de inscrición

 Consentimento para o tratamento de datos persoais

 Documento de renuncia e devolución do pago

21/08/2023
Gallery imx madrugadores 23 24
Ico noticia NOTICIA

SERVIZO DE MADRUGADORES 2023-24

O Concello de Outes pon a disposición das familias outenses o servizo de conciliación “Madrugadores” para o curso 2023-2024, que forma parte do programa “Outes Concilia”.

Dito servizo está destinado a nenas e nenos escolarizados no CEIP de Outes, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e poderá ser utilizado de forma fixa ou ocasional.

As prazas limitadas son limitadas e o período de inscrición é dende o 22 ao 31 de agosto.

 Condicións da convocatoria

 Folla de inscrición

 Consentimento para o tratamento de datos persoais