Agenda local

03/09/2025
Gallery imx outes a escena 2025
Ico noticia NOTICIA

OUTES A ESCENA

Outes a Escena é a programación de espectáculos de artes escénicas que, durante as fins de semana dos meses de setembro do 2025 ata febreiro do 2026, se representarán no auditorio da Casa da Cultura de Outes. Teremos un total de 17 representacións para tódolos públicos.

As entradas saíran á venda na plataforma habilitada 15 días antes da representación e o luns previo tamén estarán dispoñibles as reservadas para a venda presencial na Casa da Cultura.

Establecemos tamén dous bonos:

  • Bono Xeral: dará acceso a todas as obras para adultos e ten un prezo de 30,80 €.
  • Bono Miúdo: para as obras para o público infantil e familiar. O prezo é de 14,70 €.

Ámbolos dous poderán solicitarse a partir do luns 8 de setembro na Casa da Cultura.

 Ver cartel

 Acordo de prezos públicos

 Condicións de adquisición de entradas e bonos

 Ver obras incluídas no Bono Xeral

 Ver obras incluídas no Bono Miúdo

Preme aquí para acceder á plataforma de venda de entradas (proximamente)

22/07/2025
Gallery imx poldra
Ico noticia NOTICIA

POLDRA LITERATURA EXPANDIDA

Este 23 de xullo ás oito e media da tarde na Casa da Cultura de Outes, teremos unha charla coloquio entre Ismael Ramos (premio nacional de poesía xoven 2022) e a escritora Miriam Ferradáns.

Unha prometedora xornada da man da Deputación da Coruña e o seu programa POLDRA.

Se tes interese en asistir reserva praza nos teléfonos 981 850 950 ou 981 842 406.

 Ver cartel

12/06/2025
Gallery imx xeira fin curso 2025
Ico noticia NOTICIA

XEIRA FIN DE CURSO COAS FAMILIAS

O sábado 21 de xuño celebramos na Horta do Muíño unha xornada festiva para toda a familia, con teatro, xogos, música e diversas actuacións.

As persoas que o desexen poderán traer a comida e pasar o día. Pódese facer reserva de sitio para xantar, antes do mércores 18, no formulario que xa está habilitado.

 Ver cartel

 

19/02/2025
Gallery imx teatro amador 2025
Ico noticia NOTICIA

OUTES PRESENTA A SÚA PRIMEIRA MOSTRA DE TEATRO AMADOR

O tenente alcalde e concelleiro de cultura, Anxo Núñez Fernández, xunto con Carlos Outeiral Miniño, director do grupo de teatro Terra de Outes, presentou esta mañá o cartel da primeira edición da mostra de teatro amador de Outes "Nicolasa Añón".

Todos os sábados ás 20:00 horas, dende o 8 de marzo ate o 12 de abril, o auditorio da Casa da Cultura acollerá unha representación teatral nunha escolma feita pola Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes e que organiza, conxuntamente, co concello de Outes. O obxectivo da mostra é dar a coñecer agrupacións de teatro amadoras e achegar o seu traballo á veciñanza e visitantes.

O tenente alcalde afirmou "Esta mostra nace da colaboración entre a área de Cultura e o grupo de teatro de Terra de Outes e agardamos que sexa a primeira de moitas por vir." O director do grupo de teatro, pola súa banda dixo que "desenvolvemos esta mostra en colaboración con outras cinco asociacións e agrupacións que se achegan a Outes para compartir o seu traballo coa veciñanza."

As obras serán de acceso libre e gratuíto ate completar aforo polo que non se farán reservas. O 5 de abril terá lugar a estrea da obra "O doente imaxinario... Daquela maneira" do grupo afintrión.

 Ver cartel

17/02/2025
Gallery imx entroido 2025
Ico noticia NOTICIA

ENTROIDO 2025: PROGRAMA

O Concello de Outes dá a coñecer o programa de Entroido para este ano 2025,  que comezará o sábado 1 de marzo coa festa de Entroido infantil, con obradoiros, actividades e música para toda a familia. Será ás 17:30 horas no pavillón da Serra.

O 5 de marzo teremos o tradicional Enterro da Sardiña, co concurso de disfraces, onde se repartirán ate 2970€ en premios, e o posterior desfile polas principais rúas da Serra, para rematar na Praza do Bosque coa queima da sardiña e unha chocolatada. Todo o evento estará amenizado coa música da charanga Os Jalácticos.

  Ver cartel

 Ver bases do concurso de disfraces

 Folla de inscrición no concurso de disfraces

05/02/2025
Gallery imx certame anhon 2025
Ico noticia NOTICIA

XIX CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN

O Concello de Outes organiza o XIX CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN, certame que leva o nome do máis ilustre literato do noso concello, Francisco Añón, autor do "Rexurdimento" e un dos precursores da lingua galega.

Poderán participar nel todas as persoas que o desexen e que presenten os seus traballos en lingua galega. O prazo de presentación remata o 31 de marzo.

 Ver bases do certame

23/10/2024
Gallery imx formacion carpintaria ribeira
Ico noticia NOTICIA

PROXECTO PARA A RECONSTRUCIÓN DUN BARCO SANCOSMEIRO E RECUPERACIÓN DA CARPINTERÍA DE RIBEIRA

O concello de Outes informa de que abrirá o prazo de inscricións o vindeiro martes, 29 de outubro, para aquelas persoas que queiran participar na formación en Carpintaría de Ribeira a través do proxecto conxunto do Concello de Outes e a asociación Terra de Outes: “Reconstrución dun barco Sancosmeiro e recuperación da carpintería de ribeira”.

A formación vai destinada a protexer e divulgar o patrimonio material e inmaterial da carpintaría de ribeira e achegar os coñecementos en carpintaría á cidadanía en xeral.

As inscricións realizaranse no rexistro do concello ou a través da sede electrónica ( outes.sedelectronica.gal)

Máis información:
 Proposta formativa  Calendario do curso  Condicións de inscrición e participación

 

 Ver cartel

 Folla de inscrición

10/09/2024
Gallery imx actividades 2024 25
Ico noticia NOTICIA

ACTIVIDADES DE OUTONO E INVERNO 2024/2025

O Concello de Outes publica a oferta de actividades de cultura, deportes e dos centros sociais para o outono e inverno 2024/2025.

 Ver folleto de actividades

As inscricións nas actividades de cultura e deporte deben facerse cubrindo a folla de inscrición e entregándoa no rexistro do Concello, ben de forma presencial ou a través da nosa sede electrónica.

As actividades de cultura e deportes gozan dun desconto do 50% a partires da terceira en cada grupo. Existen descontos familiares de ate o 60%. Podes consultar a ordenanza premendo aquí

O concello de Outes financia con recursos propios o 72,8% do custo total das actividades financiándose o resto cos prezos públicos que aportan os usuarios das mesmas.

Para inscribirse en algunha das actividades dos centros sociais, entregar a folla de inscrición do Centro Social da Serra.

O prazo para inscribirse comeza o vindeiro 12 de setembro. Nas actividades da piscina municipal, a inscrición para os non abonados comeza o 18 de setembro.

 Folla de inscrición nas actividades de cultura e deportes

 Folla de inscrición familiar

 Folla de inscrición nas actividades da piscina

 Folla de inscrición nas actividades dos centros sociais

01/02/2024

XXVIII CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN

O Concello de Outes, comprometido e interesado en promover os valores creativo-literarios da nosa lingua, organiza o XXVIII CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN, certame que leva o nome do máis ilustre literato do noso concello, Francisco Añón, autor do "Rexurdimento" e un dos precursores da lingua galega.

Poderán participar nel todas as persoas que o desexen e que presenten os seus traballos en lingua galega. O prazo de presentación remata o 1 de abril.

 Ver bases

21/09/2023
Gallery imx actividades 23 24
Ico noticia NOTICIA

ACTIVIDADES DE OUTONO E INVERNO 2023/2024

O Concello de Outes publica a oferta de actividades de cultura, deportes e dos centros sociais para o outono e inverno 2023/2024.

  Ver folleto de actividades

As inscricións nas actividades deben facerse cubrindo a folla de inscrición e entregándoa no rexistro do Concello, ben de forma presencial ou a través da nosa sede electrónica.

  Folla de inscrición nas actividades de cultura e deportes

 Folla de inscrición nas actividades dos centros sociais