Outes Digital
Agenda local
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL PARA LA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Con motivo da celebración do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Outes levará a cabo unhas actividades conmemorativas.
O sábado 23, baixo o título VOCES EN FEMININO, OUTES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, terá lugar na Casa da Cultura un acto onde a música será a protagonista, e o día 25, ás 12:30 horas, haberá unha concentración diante da Casa do Concello.
ESPELLOS ÍNTIMOS: OBRADOIRO
O Concello de Outes colabora na actividade "Espellos Íntimos" organizada pola Deputación da Coruña. Trátase dun obradoiro práctico, sobre a maternidade e os coidados, destinado a mulleres de distintas xeracións.
Máis información e inscricións no CIM de Outes, teléfono 981 850 949.
ACTIVIDADES DE OUTONO E INVERNO 2024/2025
O Concello de Outes publica a oferta de actividades de cultura, deportes e dos centros sociais para o outono e inverno 2024/2025.
As inscricións nas actividades de cultura e deporte deben facerse cubrindo a folla de inscrición e entregándoa no rexistro do Concello, ben de forma presencial ou a través da nosa sede electrónica.
As actividades de cultura e deportes gozan dun desconto do 50% a partires da terceira en cada grupo. Existen descontos familiares de ate o 60%. Podes consultar a ordenanza premendo aquí
O concello de Outes financia con recursos propios o 72,8% do custo total das actividades financiándose o resto cos prezos públicos que aportan os usuarios das mesmas.
Para inscribirse en algunha das actividades dos centros sociais, entregar a folla de inscrición do Centro Social da Serra.
O prazo para inscribirse comeza o vindeiro 12 de setembro. Nas actividades da piscina municipal, a inscrición para os non abonados comeza o 18 de setembro.
Folla de inscrición nas actividades de cultura e deportes
ACTIVIDADES DOS CENTROS SOCIAIS
O Concello de Outes oferta unha serie de actividades que se impartirán en distintos centros sociais entre os meses de outubro e xaneiro, ambos incluídos.
As persoas interesadas en participar en algunha delas deberán anotarse no Centro Social da Serra a partir do 12 de setembro.
VERÁN 2024: ACTIVIDADES DEPORTIVAS
O Concello de Outes presenta a oferta de actividades deportivas para este verán 2024.
ACTIVIDADES DA PISCINA MUNICIPAL: PRAZAS EN MOVEMENTO
Enmarcadas dentro das actividades da Piscina Municipal, Prazas en Movemento son unha serie de actividades que se levarán a cabo, nos meses de xullo e agosto, en distintos puntos do concello.
As inscricións realizaranse na propia piscina.
CENTRO SOCIAL DE OUTES: ACTIVIDADES DE VERÁN
O Centro Social de Outes oferta unha serie de actividades para este verán.
As persoas interesadas en participar en algunha delas deberán anotarse no Centro Social a partir do 15 de maio.
Máis información no teléfono 981 850 575.
ACTIVIDADES DE OUTONO E INVERNO 2023/2024
O Concello de Outes publica a oferta de actividades de cultura, deportes e dos centros sociais para o outono e inverno 2023/2024.
As inscricións nas actividades deben facerse cubrindo a folla de inscrición e entregándoa no rexistro do Concello, ben de forma presencial ou a través da nosa sede electrónica.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS
O Concello de Outes informa da apertura de inscricións para as actividades deportivas para este outono-inverno.
PROXECTO CIRCULAR.RUR
O proxecto europeo Circular.rur “Novos modelos de negocio de economía Circular para a activación do rural europeo” é un proxecto de asociación de cooperación en materia de formación profesional ERASMUS+ que se desenvolve dende o 01.11.2021 ata o 01.11.2023.
O consorcio do proxecto está liderado polo Concello de Outes e conta coa participación da Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia( Afiprodel), así como de socios europeos de Irlanda, Alemania, Italia, Croacia e Grecia: WIN Consultants Ltd, Meath County Council, Hamburgisches WeltWirtschaftsInstitut gemeinnützige GmbH, Comune di Capannori, Lokalna akcijska grupa Zagorje Sutla e Atlantis.
Os resultados de Circular.rur están dirixidos a profesionais da área de desenvolvemento rural e/o emprego.
O obxectivo principal consiste en promover a transferencia de coñecementos innovadores sobre Economía Circular e o desenvolvemento de novos modelos de negocio baseados nesta, que respondan as expectativas dos mercados laborais nacionais e europeos, e que brinden novas oportunidades de activación fronte aos retos actuais, fomentando contornas rurais máis modernos e sostibles, a través do apoio intelixente da profesionais da área de desenvolvemento rural, aos futuros emprendedores do rural europeo.
Toda a información sobre o proxecto está dispoñible na súa web https://circularur.eu/