App Outes Informa

 

Outes Informa é unha app móbil de balde para que toda a veciñanza e asiduos ao noso concello teña acceso fácil e sinxelo a toda a información municipal de relevancia.

A través desta aplicación poderás ver e recibir notificacións sobre avisos, anuncios e novas municipais. Poderás consultar a axenda de eventos e actividades municipal, visualizar os vídeos dos plenos e roldas de prensa oficiais. Poderás tamén comunicarte directamente co concello para enviarnos propostas ou incidencias.

Na aplicación Outes Informa podes consultar o listín telefónico dos distintos servizos municipais e outros teléfonos de interese, coñecer máis sobre o noso patrimonio ou obter un listado co comercio local e de proximidade.

A aplicación está dispoñible para a súa descarga en Androido ou IOS (IPhone).

 

Se o desexas, tamén podes subscribirte ao boletín para recibir as noticias e avisos a través de correo electrónico. Preme aquí para facelo.