Outes Dixital
Axenda local
CAMPAÑA DE NEVE 2025
A Deputación da Coruña, dentro da programación deportiva para o ano 2025, pon en marcha a Campaña de Neve 2025 que terá lugar na Estación Invernal de Valgrande-Pajares (Asturias).
O Concello de Outes ten adxudicadas 5 prazas para para a 5ª quenda que terá lugar dende o 07/02/25 ata o 10/02/25. Os participantes neste programa gozarán de catro días con aloxamento a pé de pista e manutención, ademais de cursos de esquí.
Para participar é preciso ter entre 11 e 15 anos (cumpridos a 31 de decembro de 2024) e estar empadroados en Outes.
ACTIVIDADES DE OUTONO E INVERNO 2024/2025
O Concello de Outes publica a oferta de actividades de cultura, deportes e dos centros sociais para o outono e inverno 2024/2025.
As inscricións nas actividades de cultura e deporte deben facerse cubrindo a folla de inscrición e entregándoa no rexistro do Concello, ben de forma presencial ou a través da nosa sede electrónica.
As actividades de cultura e deportes gozan dun desconto do 50% a partires da terceira en cada grupo. Existen descontos familiares de ate o 60%. Podes consultar a ordenanza premendo aquí
O concello de Outes financia con recursos propios o 72,8% do custo total das actividades financiándose o resto cos prezos públicos que aportan os usuarios das mesmas.
Para inscribirse en algunha das actividades dos centros sociais, entregar a folla de inscrición do Centro Social da Serra.
O prazo para inscribirse comeza o vindeiro 12 de setembro. Nas actividades da piscina municipal, a inscrición para os non abonados comeza o 18 de setembro.
Folla de inscrición nas actividades de cultura e deportes
VERÁN 2024: ACTIVIDADES DEPORTIVAS
O Concello de Outes presenta a oferta de actividades deportivas para este verán 2024.
PRESENTADA OFICIALMENTE A III EDICIÓN DO "DEPOR CAMPUS"
Nenos e nenas de Outes e da contorna poderán gozar de instrutores de primeiro nivel que achega o RCD da Coruña en tódalas súas actividades.
ACTIVIDADES DA PISCINA MUNICIPAL: PRAZAS EN MOVEMENTO
Enmarcadas dentro das actividades da Piscina Municipal, Prazas en Movemento son unha serie de actividades que se levarán a cabo, nos meses de xullo e agosto, en distintos puntos do concello.
As inscricións realizaranse na propia piscina.
APERTURA DA NOVA PISTA DE PADEL
O Concelleiro de Deportes, Tono Caamaño, inaugurou onte a nova pista de padel, que xa está aberta ao público previa reserva.
O uso da pista é gratuíto durante esta semana e, a partir do 13 de maio (incluído), a tarifa para a súa utilización será de 10 € por hora e media e 3 € máis se se amplía media hora.
As solicitudes faranse na Piscina Municipal, no seu horario habitual, e a reserva será efectiva ao realizar o pago. Proximamente habilitarase unha app para a xestión das horas.
Máis información no 981 850 165.
ACTIVIDADES DE OUTONO E INVERNO 2023/2024
O Concello de Outes publica a oferta de actividades de cultura, deportes e dos centros sociais para o outono e inverno 2023/2024.
As inscricións nas actividades deben facerse cubrindo a folla de inscrición e entregándoa no rexistro do Concello, ben de forma presencial ou a través da nosa sede electrónica.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS
O Concello de Outes informa da apertura de inscricións para as actividades deportivas para este outono-inverno.