Axenda local

04/10/2019
Gallery img axenda
Ico noticia NOVA

PROGRAMAS FORMATIVOS PARA A PROMOCIÓN DO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O Concello de Outes pon en marcha un programa de formación, en colaboración coa Universidade Nacional a Distancia (UNED), dirixido a todas aquelas persoas que queiran ampliar e reforzar as súas competencias profesionais en diversos ámbitos vinculados co desenvolvemento rural. No primeiro cuadrimestre ofértanse dous cursos, o primeiro de horticultura ecolóxica de inverno e o segundo de atención a persoas dependentes no domicilio.

Cada un dos cursos ten unha duración de 30 horas e será impartido por docentes con formación especializada e experiencia profesional nas distintas áreas propostas.

Ver cartel do curso de horticultura ecolóxica de inverno

Ver cartel do curso de atención a persoas dependentes no domicilio

Máis información e inscricións no Centro Social de Outes.