Anuncio
AMPLIACIÓN DE ACTIVIDADES DA AULA SOSTIBLE DO FREIXO
O Concello de Outes participa como socio beneficiario do proxecto Ampliación de actividades da Aula Sostible do Freixo (Expediente PE155A-2024-00240) xunto coa Asociación Mulleres Seo Fisterra Ría Muros Noia Costa Sostible e a Asociación Misela co obxecto de mellorar o espazo de traballo da Aula Sostible do Freixo, ampliando a cuberta e gañando espazo para continuar co desenvolvemento de actividades de limpeza e clasificación de plásticos dirixidas ao deseño e produción de pezas. O resultado do proxecto permitirá ampliar a programación de actividades e mellorar as condicións espaciais da Aula.
O proxecto conta con unha axuda de 167.301,85€ sendo un 30% financiado pola Consellería do Mar e un 70% financiado polo FEMPA. Deste montante ao Concello de Outes correspóndelle unha axuda de 63.791,58€ (19.137,41 Consellería do Mar e 44.654,10 FEMPA)