Anuncio
PROBAS CELGA 2, 3 E 4. CONVOCATORIA
O Concello de Outes informa das probas dos distintos niveis Celga que terán lugar en novembro de 2024, en Santiago de Compostela.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (do 16 de setembro ao 4 de outubro).
Se teñen calquera dúbida poden consultala no Servizo de Normalización Lingüística do concello.