Outes Dixital
Taboleiro de anuncios
ANUNCIO PUNTUACIÓNS FINAIS DO PROCESO SELECTIVO DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA "ESTALEIRO CIPRIÁN"
20/11/2024Mediante a presente, procédese á publicación do Acordo do Tribunal de Selección de data 20 de novembro do 2024 relativo ao proceso selectivo para a cobertura dunha praza de Técnico/a Medio de Atención ao Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira "Estaleiro Ciprián".
En atención á reclamación presentada por unha aspirante, o tribunal acordou a anulación da pregunta 36 do primeiro exercicio da fase de oposición, debido a un erro no seu enunciado, ao referirse a "sanción leve" en lugar de "infracción leve", contravindo o establecido na Lei 5/2016, do Patrimonio Cultural de Galicia. Este erro podía inducir a confusión nos aspirantes, polo que se procedeu á súa substitución pola primeira pregunta de reserva e á realización dunha nova corrección do primeiro exercicio.
Unha vez realizada a nova corrección do primeiro exercicio e finalizada a valoración da fase de concurso de méritos, estableceuse a puntuación final do proceso selectivo, resultante da suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e de concurso.
A aspirante que obtivo a mellor puntuación, Dª PAULA LÓPEZ GARCÍA é proposta para a contratación, polo que deberá presentar, no prazo improrrogable de tres días hábiles, a seguinte documentación:
- Certificado médico ou informe de saúde que acredite non padecer enfermidade ou limitación física ou psíquica que impida o normal desenvolvemento das tarefas correspondentes ao posto ofertado.
- Declaración xurada de non ter sido separada mediante expediente disciplinario do servizo do Estado, Comunidades Autónomas ou Entidades Locais, nin atoparse inhabilitada para o exercicio de funcións públicas.
De non presentar a documentación requirida no prazo indicado, entenderase que renuncia ao posto, procedéndose conforme ás bases do proceso selectivo.
PUNTUACIÓNS DO SEGUNDO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN DO PROCESO DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA "ESTALEIRO CIPRIÁN".
15/11/2024Por medio da presente procédese á publicación do Acordo do Tribunal de selección polo que se acordan as puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición do proceso de selección dun Técnico/a de atención ao espazo museístico da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”.
ANUNCIO DE CUALIFICACIÓNS DO PRIMEIRO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN DO PROCESO DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA “ESTALEIRO CIPRIÁN”
31/10/2024Por medio da presente procédese á publicación do Acordo do Tribunal de selección polo que se aproba a puntuación do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso de selección dun Técnico/a de atención ao espazo museístico da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”.
A realización do segundo exercicio da fase de oposición fíxase para o día 7 de novembro de 2024, ás 10:00 horas, na planta baixa da Casa da Cultura de Outes, sita na Avenida de San Campio, núm. 1 da Serra de Outes, debendo portar os aspirantes a documentación identificativa indicada na Base 7.2 do proceso selectivo.
RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ASPIRANTES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO PROCESO DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA “ESTALEIRO CIPRIÁN”
22/10/2024Logo de aprobarse por Resolución da Alcaldía de data 17 de outubro do 2024 a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso de selección dun Técnico/a Medio de atención ao espazo museístico do Centro de Interpretación da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”, procédese a súa publicación a efectos do seu xeral coñecemento polas persoas interesadas.
A realización do primeiro exercicio da fase de oposición fíxase para o día 29 de outubro de 2024, ás 10:00 horas, na planta baixa da Casa da Cultura de Outes, sita na Avenida de San Campio, núm. 1 da Serra de Outes, debendo portar os aspirantes a documentación identificativa indicada na Base 7.2 do proceso selectivo.
O chamamento para posteriores exercicios farase mediante a publicación no taboleiro de anuncios da Corporación aloxado na sede electrónica deste Concello [ http://outes.sedelectronica.gal] e páxina web municipal [www.outes.gal], con 24 horas, polo menos, de antelación ao comezo de este.
RELACIÓN PROVISIONAL DE PERSOAS ASPIRANTES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO PROCESO DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA “ESTALEIRO CIPRIÁN”
11/10/2024Logo de aprobar por Resolución da Alcaldía de data 7 de outubro do 2024 a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso de selección dun Técnico/a Medio de atención ao espazo museístico do Centro de Interpretación da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”, procédese a súa publicación a efectos do seu xeral coñecemento polas persoas interesadas.
De acordo co establecido na cláusula quinta das Bases reguladoras, concédese un prazo de tres días hábiles a partir do seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial da Provincia para que os/as aspirantes excluídos/as poidan emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou formular reclamacións.
De non atender o requirimento de subsanación dentro do prazo sinalado, serán excluídos definitivamente do proceso selectivo.
Ver resolución no BOP da Provincia da Coruña
Ver Anexo II: solicitude de participación (LibreOffice)
CORRECIÓN DE ERRO NAS BASES PARA A SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA “ESTALEIRO CIPRIÁN”
02/10/2024Por Resolución da Alcaldía de data 27 de agosto do 2024 procedeuse á corrección do erro detectado no Anexo I das bases reguladoras, mediante a substitución do tema 4 do ANEXO I , que inicialmente facía referencia ao Decreto 314/1986, de 16 de outubro, pola Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia, norma que foi derrogada pola Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia.
O tema 4 do Anexo I queda, polo tanto, redactado como segue: “Tema 4. Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia.”
BASES E CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA
26/09/2024Logo de aprobar por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 27 de agosto do 2024 a contratación de 1 praza de Técnico/a Medio de atención ao espazo museístico do Centro de Interpretación da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”, polo sistema de concurso-oposición, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Documentación a presentar:
- DNI ou NIE da persoa solicitante.
- DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.
- A instancia normalizada, segundo o modelo que se inclúe como ANEXO II ás presentes bases e que tamén poderá descargarse na páxina web deste Concello [www.outes.gal].
- Titulacións ás que se refire a BASE 3.b. 5. Certificado CELGA 4 ou equivalente, no seu caso (no suposto de non ter o certificado se realizará a proba de coñecemento de galego á que se refire a Base Sétima).
Ver Anexo II: solicitude de participación
Ver Anexo II: solicitude de participación (LibreOffice)
SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR/A E 3 PEÓNS/PEOAS PARA A BRIGADA EXTINCIÓN DE INCENDIOS
18/07/2024O concello de Outes publica a acta de resolución da convocatoria ao proceso selectivo da brigada de extinción de incendios.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR/A E 3 PEÓNS/PEOAS PARA A BRIGADA EXTINCIÓN DE INCENDIOS
15/07/2024O concello de Outes publica a acta de realización da proba física, entrevistas e exame de galego dos/as aspirantes admitidos/as ao proceso selectivo da brigada de extinción de incendios.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR/A E 3 PEÓNS/PEOAS PARA A BRIGADA EXTINCIÓN DE INCENDIOS
12/07/2024O concello de Outes publica a acta de méritos dos/as aspirantes admitidos/as ao proceso selectivo da brigada de extinción de incendios.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR/A E 3 PEÓNS/PEOAS PARA A BRIGADA EXTINCIÓN DE INCENDIOS
10/07/2024O concello de Outes publica a relación definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo da brigada de incendios así como a data das probas físicas, entrevistas e exame de galego.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR/A E 3 PEÓNS/PEOAS PARA A BRIGADA EXTINCIÓN DE INCENDIOS
04/07/2024O concello de Outes publica a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo da brigada de extinción de incendios así como o prazo para realizar alegacións e/ou emendas.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS (CAMPAÑA DE VERÁN 2024)
26/06/2024O Concello de Outes publica a acta de resolución de convocatoria do procedemento de selección de 4 socorristas en espazos acuáticos naturais para a campaña de verán 2024.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS (CAMPAÑA DE VERÁN 2024)
19/06/2024O Concello de Outes publica as actas da fase de oposición e fase de concurso, así como o prazo de alegacións, do procedemento de selección de 4 socorristas en espazos acuáticos naturais para a campaña de verán 2024.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 2 OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DE RISGA EN OUTES
14/06/2024O Concello de Outes publica a acta coas puntuacións finais e a resolución da convocatoria para a selección de 2 operarios de servizos múltiples entre perceptores de RISGA en Outes.
SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR/A E 3 PEÓNS/PEOAS PARA A BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
13/06/2024O concello de Outes informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia do día 13 de xuño, das bases e convocatoria que rexerán o proceso selectivo para selección de 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor/a e 3 peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de
incendios.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 14 ata o 28 de xuño (ambos incluídos).
A solicitude de inscrición e a información sobre os requisitos de participación e o procedemento de selección poden consultarse nos arquivos adxuntos.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 2 OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DE RISGA EN OUTES
12/06/2024O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía coa lista definitiva de admitidos para a selección de 2 operarios de servizos múltiples entre perceptores de RISGA en Outes.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS (CAMPAÑA DE VERÁN 2024)
11/06/2024O Concello de Outes publica a resolución coa lista definitiva de admitidos/as, data da proba práctica e prazo de presentación de méritos para a selección de 4 socorristas en espazos acuáticos naturais para a campaña de verán 2024.
SELECCIÓN DE PERSOAL: TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE
10/06/2024O Concello de Outes publica a acta de resolución da convocatoria do proceso selectivo para a selección dun técnico/a de medio ambiente encadrado no proxecto “Renatur_Outes: renaturalización fluvial del Río Tines a su paso por el municipio de Outes”.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 2 OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DE RISGA EN OUTES
06/06/2024O Concello de Outes publica a convocatoria para a selección de 2 operarios de servizos múltiples entre perceptores de RISGA en Outes.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS (CAMPAÑA DE VERÁN 2024)
06/06/2024O Concello de Outes publica a convocatoria para a selección de 4 socorristas en espazos acuáticos naturais para a campaña de verán 2024.
A selección dos socorristas realizarase mediante oferta comunicada á oficina de emprego de Santiago-Norte. As persoas interesadas en participar neste proceso selectivo deberán estar inscritas como demandantes na oficina de emprego e ter solicitada a ocupación de Socorrista en espazos acuáticos naturais.
A solicitude de persoas candidatas á oficina de emprego efectuarase o vindeiro luns día 10 de xuño. O resto de requisitos das persoas aspirantes e as condicións da contratación veñen recollidas nas bases que se achegan.
SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 6 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2024
06/06/2024O Concello de Outes publica a acta coas puntuacións totais, fase de concurso e fase oposición, e resolución da convocatoria.
SELECCIÓN DE PERSOAL: TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE. CORRECCIÓN DE ERROS.
05/06/2024Detectado un erro na transcrición das puntuacións referentes ao exame e publicadas na acta do 3 de xuño de 2024, publicase a seguinte corrección coa rectificación das puntuacións.
SELECCIÓN DE PERSOAL: TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE
03/06/2024O Concello de Outes publica a acta de valoración da fase de concurso do proceso selectivo para a selección dun técnico/a de medio ambiente encadrado no proxecto “Renatur_Outes: renaturalización fluvial del Río Tines a su paso por el municipio de Outes”.
SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 6 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2024
28/05/2024O Concello de Outes publica a acta coas cualificacións da proba de coñecemento de galego daqueles/as aspirantes que non acreditaron estar en posesión do Celga 2 ou equivalente así como as puntuacións de tódolos/as aspirantes acadadas na fase de concurso.
SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 6 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2024
21/05/2024O concello de Outes publica a acta coas puntuacións do primeiro exercicio da fase de oposición así como o lugar e data de celebración da proba de coñecemento de galego para os/as aspirantes que non acreditaron estar en posesión do Celga 2 ou equivalente.
CONVOCATORIA PARA CONTRATAR 1 TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2024
16/05/2024O Concello de Outes publica a acta da resolución da convocatoria do proceso de contratación dun tractorista brigada forestal, en réxime laboral temporal, dentro do programa APROL RURAL 2024.
CONVOCATORIA PARA CONTRATAR 1 TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2024
13/05/2024O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía coa lista definitiva de aspirantes admitidos e máis a data da proba práctica do proceso de contratación dun tractorista brigada forestal, en réxime laboral temporal, dentro do programa APROL RURAL 2024.
CONVOCATORIA PARA CONTRATAR 1 TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2024
08/05/2024O Concello de Outes publica as bases da convocatoria de contratación dun tractorista brigada forestal, en réxime laboral temporal, dentro do programa APROL RURAL 2024.
SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 6 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2024
08/05/2024O concello de Outes publica a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo: Selección de 6 operarios/as de servizos múltiples ao abeiro do programa PEL Concellos 2024 así como o lugar e data de celebración do primeiro exame da fase de oposición.
SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 6 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2024
02/05/2024O concello de Outes publica a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo: Selección de 6 operarios/as de servizos múltiples ao abeiro do programa PEL Concellos 2024 así como o prazo para realizar alegacións e/ou emendas.
SELECCIÓN DE PERSOAL: PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A. ANUNCIO DA RELACIÓN DE APROBADOS.
22/04/2024Concluído o proceso de selección de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a Municipal deste Concello, por medio da presente procédese á publicación da puntuación final do proceso, así como a listaxe complementaria integrada polos restantes aspirantes que teñan aprobado a fase de oposición, a efectos de conformar a bolsa de emprego que se creará coa finalidade e nos termos sinalados na Base Novena da Convocatoria.
SELECCIÓN DE PERSOAL: TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE
19/04/2024O concello de Outes informa da publicación da lista definitiva de aspirantes admitidos/as ao proceso selectivo para a selección dun técnico/a de medio ambiente encadrado no proxecto “Renatur_Outes: renaturalización fluvial del Río Tines a su paso por el municipio de Outes”.
SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 6 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES AO ABEIRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2024.
15/04/2024O concello de Outes informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia do día 15 de abril, das bases e convocatoria que rexerán o proceso selectivo para selección de 6 operarios/as de servizos múltiples ao abeiro do Programa da Deputación, PEL CONCELLOS 2024.
O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 16 ata o 29 de abril (ambos incluídos).
A solicitude de inscrición e a información sobre os requisitos de participación e o procedemento de selección poden consultarse nos arquivos adxuntos.
SELECCIÓN DE PERSOAL: PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A. PUNTUACIÓNS DO SEGUNDO EXERCICIO.
11/04/2024Segundo o disposto no apartado 7.3.3 das Bases da Convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a Municipal deste Concello, por medio da presente procédese á publicación da puntuación do segundo exercicio da fase de oposición.
Establécese un prazo de tres (3) días hábiles, para formular reclamacións/alegacións ao respecto dos resultados e cualificacións obtidos, contados a partir do día seguinte á súa publicación no taboleiro de anuncios e páxina web municipais.
Ver anuncio coa puntuación do segundo exercicio da fase de oposición
SELECCIÓN DE PERSOAL: PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A. PUNTUACIÓNS DO PRIMEIRO EXERCICIO.
21/03/2024Segundo o disposto no apartado 7.3.3 das Bases da Convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a Municipal deste Concello, por medio da presente procédese á publicación da puntuación do primeiro exercicio da fase de oposición.
Polo Tribunal acórdase convocar ós/ás aspirantes para a celebración do segundo exercicio da fase de oposición, o vindeiro día 5 de abril de 2024, ás 10:00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Outes.
Ver anuncio coa puntuación do primeiro exercicio da fase de oposición
SELECCIÓN DE PERSOAL: PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A. PUNTUACIÓN FINAL DA FASE DE CONCURSO.
15/03/2024Segundo o disposto no apartado 7.2.2 das Bases da Convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de Arquitecto/a Técnico/a Municipal deste Concello, por medio da presente procédese á publicación da puntuación final da fase de Concurso, determinada pola suma das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes respecto dos méritos obxecto de valoración nesta fase.
Segundo o disposto na base 7.2.2 da convocatoria, establécese un prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das puntuacións obtidas na fase de concurso, para formular as alegacións/reclamacións que no seu caso estimen pertinentes.
SELECCIÓN DE PERSOAL: ARQUITECTO/A TÉCNICO MUNICIPAL. CORRECCIÓN DE ERROS NA LISTAXE PROVISIONAL-DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS AO PROCESO DE SELECCIÓN
01/03/2024O concello de Outes publica unha corrección de erros referida á listaxe provisoional-definitiva, de aspirantes admitidos/as ao proceso de selección de Arquitecto Técnico Municipal.
SELECCIÓN DE PERSOAL: TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE
01/03/2024O concello de Outes informa da publicación da lista provisional de aspirantes admitidos/as ao proceso selectivo para a selección dun técnico/a de medio ambiente encadrado no proxecto “Renatur_Outes: renaturalización fluvial del Río Tines a su paso por el municipio de Outes”.
SELECCIÓN DE PERSOAL: ARQUITÉCTO/A TÉCNICO MUNICIPAL. RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA APROBANDO A LISTAXE PROVISIONAL-DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS AO PROCESO DE SELECCIÓN
09/02/2024O concello de Outes publica o Decreto de resolución coa listaxe definitiva de admitidos/as, data, hora e lugar da celebración do primeiro exercicio da fase de oposición ao proceso de selección de Arquitecto Técnico Municipal.
SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A. DECRETO RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA E APROBACIÓN BOLSA DE EMPREGO
02/02/2024O concello de Outes publica o Decreto de resolución da convocatoria e aprobación da bolsa de emprego no proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de administrativo/a.
SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A. RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA
02/02/2024O concello de Outes publica a acta de resolución da convocatoria no proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de administrativo/a.
PROCESO DE ESTABILIZACIÓN: ANUNCIO DE NOMEAMENTO DE TRIBUNAL
25/01/2024O concello de Outes informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia do día 25 de xaneiro de 2024 (BOP nº 19) do anuncio co nomeamento do tribunal de selección do proceso extraordinario de estabilización.
SELECCIÓN DE PERSOAL: TÉCNICO/A DE MEDIO AMBIENTE
17/01/2024O concello de Outes informa da publicación no BOP do día 16/01/2024 (Nº 12) das bases que regulan o proceso selectivo para a selección dun técnico/a de medio ambiente encadrado no proxecto “Renatur_Outes: renaturalización fluvial del Río Tines a su paso por el municipio de Outes”
O proxecto “Renatur_Outes: renaturalización fluvial del Río Tines a su paso por el municipio de Outes” conta o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia (PRTP) financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Bases da convocatoria: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2024/01/16/2024_0000000185.html
Anexos:
OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO ANO 2023
15/01/2024O concello de Outes informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia con data do 15/01/2024 (Nº 11) da oferta pública de emprego correspondente ao ano 2023.
Máis información: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2024/01/15/2024_0000000162.pdf
SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A. FASE DE OPOSICIÓN
18/12/2023O concello de Outes publica a acta de desenvolvemento do segundo exercicio da fase de oposición xunto coa resolución de alegacións presentadas á fase de concurso no proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de administrativo/a.
SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A. FASE DE OPOSICIÓN
24/11/2023O concello de Outes publica a acta de desenvolvemento do primeiro exercicio da fase de oposición e data de celebración do segundo exercicio no proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de administrativo/a.
SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A. FASE DE CONCURSO
22/11/2023O concello de Outes publica a acta de valoración da fase de concurso no proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de administrativo/a.
SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A. LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS
15/09/2023O concello de Outes publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de administrativo/a.
PROCESO DE ESTABILIZACIÓN: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DE VARIAS PRAZAS
23/08/2023O Concello de Outes informa da publicación, no Boletín Oficial da Provincia do 23 de agosto, das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas das seguintes prazas incluídas no proceso de estabilización:
- Prazas Técnico/a de deportes: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006814.html
- Prazas Limpador/a: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006815.html
- Prazas Condutor/a servizos múltiples: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006816.html
- Prazas Auxiliar de axuda a domicilio: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006817.html
- Praza Traballador/a social: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006818.html
- Praza Técnico/a sociocultural: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006819.html
- Praza Técnico/a promoción/dinamización lingüística e sociocultural: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006820.html
- Praza Técnico/a informático: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006821.html
- Praza Recepcionista piscina: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006822.html
- Praza Orientador/a laboral: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006823.html
- Praza Limpador/a piscina: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006824.html
- Praza Director/a da banda de música: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006825.html
- Praza Conserxe limpador/a: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006826.html
- Praza Conserxe colexio: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/08/23/2023_0000006828.html
SELECCIÓN DE PERSOAL: ARQUITECTO/A TÉCNICO/A DO CONCELLO DE OUTES
14/08/2023O Concello de Outes publica as bases da convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de arquitecto/a técnico/a do Concello de Outes, e a creación dunha bolsa de emprego para futuras incorporacións de persoal temporal.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR E 3 PEÓNS/PEOAS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
26/07/2023O Concello de Outes publica a acta nº 3 (resolución da convocatoria) do proceso de selección de 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor e 3 peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de incendios 2023/2024.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR E 3 PEÓNS/PEOAS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
18/07/2023O Concello de Outes publica a ACTA Nº 1 (probas físicas e entrevistas) e a ACTA Nº2 (fase de concurso) do proceso de selección de 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor e 3 peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de incendios.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR E 3 PEÓNS/PEOAS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
14/07/2023O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía coa lista de admitidos/as, data e lugar da realización da proba física, data e lugar da realización das entrevistas e data de realización da proba de coñecemento de galego ao proceso de selección de 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor e 3 peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de incendios.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR E 3 PEÓNS/PEOAS DA BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
04/07/2023No Boletín Oficial da Provincia nº 126, do 04.07.2023, publícanse as bases e a convocatoria do proceso de selección de 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor e 3 peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de incendios do Concello de Outes.
SELECCIÓN DE PERSOAL: COBERTURA TEMPORAL DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A
29/06/2023No Boletín Oficial da Provincia nº 122, do 28.06.2023, publícanse as Bases reguladoras da convocatoria do proceso selectivo de persoal funcionario interino para a cobertura temporal dunha praza vacante de administrativo/a do Concello de Outes, e a creación dunha bolsa de emprego para futuras incorporacións de persoal temporal.
SELECCIÓN DE PERSOAL (PROGRAMAS DE COOPERACIÓN 2023): 5 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS PARA A TEMPADA DE VERÁN 2023
22/06/2023O concello de Outes publica a acta de desenvolvemento da fase de oposición, fase de concurso e resolución da convocatoria do proceso de selección de 5 postos de socorrista en espazos acuáticos naturais para a tempada de verán 2023.
SELECCIÓN DE PERSOAL (PROGRAMAS DE COOPERACIÓN 2023): 5 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS PARA A TEMPADA DE VERÁN 2023
21/06/2023O concello de Outes publica a lista definitiva de admitidos/as ao proceso de selección de 5 postos de socorrista en espazos acuáticos naturais para a tempada de verán 2023.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 5 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS PARA A TEMPADA DE VERÁN 2023
16/06/2023O concello de Outes ten solicitada ante a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade unha subvención para a contratación de socorristas en espazos acuáticos naturais. A selección deste persoal realizarase mediante oferta comunicada á oficina de emprego de Santiago-Norte. As persoas interesadas en participar neste proceso selectivo deberán estar inscritas como demandantes na oficina de emprego e ter solicitada a ocupación de Socorrista en espazos acuáticos naturais. A solicitude de persoas candidatas a oficina de emprego efectuarase o vindeiro martes día 20 de xuño. O resto de requisitos das persoas aspirantes e as condicións da contratación veñen recollidas nas bases adxuntas.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
16/06/2023O Concello de Outes publica a acta de resolución da convocatoria no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
07/06/2023O Concello de Outes publica a acta de desenvolvemento da proba práctica de coñecemento do galego e o resultado da fase de concurso no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.
CONTRATACIÓN DE 2 OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DA RISGA EN OUTES: ACTA 1
05/06/2023O Concello de Outes publica a acta coas puntuacións e a resolución da convocatoria do proceso para contratar a 2 operarios de servizos múltiples entre perceptores da RISGA en Outes.
CORRECCIÓN DE ERROS NAS BASES DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE 2 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DE RISGA
05/06/2023O Concello de Outes publica un decreto de alcaldía para corrixir un erro nas bases da convocatoria para a contratación de 2 operarios/as de servizos múltiples entre perceptores de RISGA.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
31/05/2023O Concello de Outes publica a acta do desenvolvemento do primeiro exercicio da fase de oposición: proba teórico-práctica, data e lugar da proba práctica de coñecemento do galego, no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.
CONTRATACIÓN DUN TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2023: DESENVOLVEMENTO DOS EXERCICIOS E RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA
29/05/2023O Concello de Outes publica a acta de desenvolvemento dos exercicios e resolución da convocatoria para contratar 1 tractorista brigada forestal dentro do Programa APROL RURAL 2023.
CONTRATACIÓN DE 2 OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DA RISGA EN OUTES: LISTA DEFINITIVA
29/05/2023O Concello de Outes publica a relación definitiva de aspirantes admitidos e a data da proba practica da convocatoria para contratar a 2 operarios de servizos múltiples entre perceptores da RISGA en Outes.
CONTRATACIÓN DE 2 OPERARIOS DE SERVIZOS MÚLTIPLES ENTRE PERCEPTORES DA RISGA EN OUTES
26/05/2023O Concello de Outes publica as bases da convocatoria para contratar a 2 operarios de servizos múltiples entre perceptores da RISGA en Outes.
CONTRATACIÓN DUN TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2023: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS
25/05/2023O Concello de Outes publica a lista definitiva de admitidos na convocatoria para contratar 1 tractorista brigada forestal dentro do Programa APROL RURAL 2023.
CONTRATACIÓN DUN TRACTORISTA BRIGADA FORESTAL NO PROGRAMA APROL RURAL 2023
25/05/2023O Concello de Outes publica as bases da convocatoria para contratar 1 tractorista brigada forestal dentro do Programa APROL RURAL 2023.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
05/05/2023O Concello de Outes publica a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, data e lugar do exame da fase de oposición, no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
02/05/2023O concello de Outes publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023, logo de ser advertido un erro por omisión involuntaria na publicada en data 27/04/2023.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
27/04/2023O concello de Outes publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2023
12/04/2023O concello de Outes informa da apertura do prazo de inscrición no proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2023.
A solicitude de inscrición e a información sobre os requisitos de participación e o procedemento de selección poden consultarse nos arquivos adxuntos.
O prazo de presentación de solicitudes remata o xoves 26 de abril de 2023.
SELECCIÓN DE PERSOAL: MONITOR/A-SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL
24/01/2023O Concello de Outes publica a acta de desenvolvemento das probas físicas e valoración de méritos para a selección de monitor/a-socorrista na piscina municipal.
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE ATENCIÓN EDUCATIVA
20/01/2023O Concello de Outes publica o decreto de aprobación definitiva da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de atención educativa.
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE AUXILIAR/APOIO
20/01/2023O Concello de Outes publica o decreto de aprobación definitiva da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de apoio/auxiliar.
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE ATENCIÓN EDUCATIVA
18/01/2023O Concello de Outes, logo de resoltas as alegacións presentadas, publica a acta definitiva de resolución da convocatoria para a creación da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de atención educativa.
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE AUXILIAR/APOIO
18/01/2023O Concello de Outes, logo de resoltas as alegacións presentadas, publica a acta definitiva de resolución da convocatoria para a creación da bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de apoio/auxiliar.
SELECCIÓN DE PERSOAL: MONITOR/A-SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL
17/01/2023O Concello de Outes publica a acta de desenvolvemento do primeiro exame da fase de oposición para a selección de monitor/a-socorrista na piscina municipal e data do segundo exame e un exemplar do exame coas respostas correctas.
SELECCIÓN DE PERSOAL: MONITOR/A-SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL
19/12/2022O Concello de Outes publica a listaxe definitiva de persoas admitidas na convocatoria para a selección de monitor/a-socorrista na piscina municipal e data do primeiro exame.
SELECCIÓN DE PERSOAL: MONITOR/A-SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL
02/12/2022O Concello de Outes publica a listaxe provisional de admitidos/as na convocatoria para a selección de monitor/a-socorrista na piscina municipal.
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I. - PERSOAL DE ATENCION EDUCATIVA
25/11/2022O Concello de Outes publica as seguintes actas para a creación de dúas bolsas de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de atención educativa.
Acta das puntuacións definitivas do primeiro exercicio da fase de oposición
Actas de desenvolvemento e lectura do segundo exercicio da fase oposición
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I.: CORRECCIÓN DE ERROS
21/10/2022Advertido erros no anuncio do 21 de outubro de 2022, no cal se publicaban as datas, lugar e orde para a lectura do segundo exercicio para a creación de dúas bolsas de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de atención educativa e persoal de apoio/auxiliar, publícase a seguinte corrección.
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I.
21/10/2022O Concello de Outes publica as datas, lugar e orde para a lectura do segundo exercicio para a creación de dúas bolsas de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.): persoal de atención educativa e persoal de apoio/auxiliar.
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I.
04/10/2022O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal cualificador e desenvolvemento do primeiro exercicio para a creación de dúas bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.) e a data de realización do segundo exercicio da fase de oposición.
SELECCIÓN DE PERSOAL: MONITOR/A-SOCORRISTA PARA A PISCINA MUNICIPAL
30/09/2022O Concello de Outes publica no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 187, do venres 30 de setembro de 2022, a convocatoria para a selección dunha persoa para realizar as funcións de monitor/a-socorrista na piscina municipal.
O prazo de presentación de solicitudes vai desde o 03/10/2022 até o 17/10/2022, ambos inclusive.
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I.
05/09/2022O Concello de Outes publica as listaxes provisionais de admitidos/as para a creación de dúas bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.).
BOLSA DE EMPREGO PERSOAL DE LIMPEZA: ACTA DE CONSTITUCIÓN DO TRIBUNAL E PUNTUACIÓN DO SEGUNDO EXAME DA FASE DE OPOSICIÓN
07/07/2022O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal e puntuación do segundo exercicio da fase oposición para o proceso de selección de persoal para unha bolsa de emprego para persoal de limpeza.
BOLSA DE EMPREGO PERSOAL DE LIMPEZA: ACTA DE CONSTITUCIÓN DO TRIBUNAL E PUNTUACIÓN DO PRIMEIRO EXAME DA FASE DE OPOSICIÓN
01/07/2022O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal, puntuación do primeiro exercicio da fase oposición e data do segundo exame para o proceso de selección de persoal para unha bolsa de emprego para persoal de limpeza.
BOLSA DE EMPREGO PERSOAL DE LIMPEZA: ACTA DE CONSTITUCION DO TRIBUNAL E PUNTUACIÓN DA FASE DE CONCURSO
30/06/2022O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal e puntuación da fase de concurso para o proceso de selección de persoal para unha bolsa de emprego para persoal de limpeza.
SELECCIÓN DE PERSOAL: 4 OPERARIOS/AS DE SERVIZOS MÚLTIPLES DENTRO DO PROGRAMA PEL CONCELLOS 2022
02/06/2022O Concello de Outes publica a acta de constitución do tribunal cualificador e desenvolvemento do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a contratación de 4 operarios/as de servizos múltiples dentro do Programa da Deputación da Coruña PEL Concellos 2022, e a data de realización do segundo exercicio.
BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DE LIMPEZA PARA O CONCELLO DE OUTES
02/06/2022O Concello de Outes publica no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 103, do mércores 1 de xuño de 2022, a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal de limpeza no concello de Outes.
Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 02/06/2022 ata o 15/06/2022, ambos inclusive.
CONSTITUCIÓN DE DÚAS BOLSAS DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE PERSOAL DO P.A.I.
31/05/2022O Concello de Outes publica no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 102, do martes 31 de maio de 2022, as convocatorias para a creación de dúas bolsa de emprego para a contratación laboral temporal de persoal para o Punto de Atención á Infancia (P.A.I.).
Os postos a cubrir son:
- PERSOAL DE ATENCIÓN EDUCATIVA
Ver bases
Impreso de solicitude
- PERSOAL DE APOIO/AUXILIAR
Ver bases
Impreso de solicitude
OFERTA DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE OUTES
25/05/2022O Concello de Outes publica a Oferta de Emprego Público, ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
Categorías
- oferta de emprego
- técnico/a turismo
- anuncio
- vivenda social
- lixo
- deportes
- comunicado
- concurso tapas
- subvencions
- axudas
- madrugadores
- Outes Concilia
- subvencións
- Bando
- Madrugadores
- Brigada de incendios
- PXOM
- socorristas
- OEP
- Proceso de estabilización de emprego
- RISGA
- técnico medioambiente
- PEL
- campamentos
- APROL RURAL
- Escola Infantil Municipal
- arquitecto técnico
- Pampallín
- Licitación
- SAF
- CIM
- Entroido
- Resolución
- concesión cafetería
- actividades
- Nadal
- impostos
- SAT
- piscina
- PAI
- bando
- ADL
- formación
- ENIL
- proxecto
- PACES
- cim
- proxecto
- ordenanzas e regulamentos