Taboleiro de anuncios

CONSULTA PÚBLICA PREVIA Á APROBACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA PROTECCIÓN DOS CAMIÑOS MUNICIPAIS EN RELACIÓN COAS OPERACIÓNS FORESTAIS E AGRÍCOLAS E A LIMPEZA DAS FINCAS LINDEIRAS
28/11/2024

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto da Ordenanza Municipal reguladora da protección dos camiños municipais en relación coas operacións forestais e agrícolas e a limpeza de fincas lindeiras, iníciase un proceso de consulta pública previa coa finalidade de mellorar a participación cidadá no procedemento de elaboración normativa e recoller opinións de persoas e organizacións potencialmente afectadas pola futura ordenanza municipal.

O obxectivo principal desta consulta pública é coñecer as opinións sobre diversos aspectos relacionados coa necesidade e impacto da futura normativa, especialmente aqueles vinculados aos problemas detectados, a oportunidade de implementar esta nova regulación, os obxectivos que se buscan alcanzar e as posibles alternativas dispoñibles. Os/as cidadáns/ás, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos durante o prazo de 10 días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.   

 Ver texto da consulta pública