Outes Dixital
Taboleiro de anuncios
PROXECTO DE REHABILITACIÓN DO ESTALEIRO TRADICIONAL CIPRIÁN
12/01/2022O proxecto de rehabilitación do Estaleiro tradicional Ciprián, na enseada de Broña, consiste na creación dun centro de interpretación e museístico que poña en valor a carpintería de ribeira para un uso cultural e educacional.
Co apoio económico do GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia Costa sostible estase a rehabilitar integralmente a antiga carpintería de ribeira. Nela conservarase a esencia orixinal de todos os seus espazos: un espazo exterior cuberto de estrutura de madeira e 330 m2 de superficie, onde se construían as embarcacións, do que se recuperará a súa estrutura mediante o uso de madeira, e o Taller-Serradoiro, un espazo pechado de 117 m2 de superficie útil onde se cortaba e labraba a madeira e se creaban as maquetas das embarcacións, que se recuperará como novo espazo museístico formado por catro salas de exposicións: a de recepción, a polivalente, a de exposición permanente coa serra e resto de ferramentas en exhibición e a sala do motor Ayón.
PROXECTO MUSEISTICO ESTALEIRO “CIPRIAN”
17/01/2020O proxecto museográfico define as características xerais da exposición que albergará o futuro estaleiro rehabilitado, onde o fío condutor será a Carpintería de Ribeira: a edificación, o oficio e as súas técnicas construtivas.
O proxecto é froito dos arquitectos Iago Fernández Penedo e Óscar Fortes Dopico, (A tese doutoral de Fortes versa sobre as arquitecturas das carpinterías de ribeira en Galicia) e afrontouse como unha actuación de consolidación e respecto polo antigo estaleiro tradicional, mantendo os volumes que configuraban a carpintería de ribeira orixinal, sen modificala, tal cal chegou aos nosos días, debido a que é froito da evolución e da memoria da actividade de construción de embarcacións de madeira que alí se desenvolvían.
A idea expositiva non trata de presentar toda a información dispoñible sobre o tema se non que busca elaborar unha síntese que axude á interpretación, que simplifique a visita e a aprendizaxe. Pódense expor instrumentos que amplíen e concreten o discurso: exposicións temporais, actividades de difusión, publicacións, visitas guiadas... A idea é converter toda a área como un exemplo vivo do tradicional oficio de construcións de madeira, que sirva como un referente na defensa, a posta en valor e a continuidade da identidade e memoria do patrimonio marítimo galego en xeral, e en concreto do municipio de Outes.
PROXECTO FINANCIADO POLA UNION EUROPEA A TRAVÉS DO GRUPO DE ACCION LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO-SEO DE FISTERRA RÍA DE MUROS-NOIA: COSTA SOSTIBLE.
Categorías
- oferta de emprego
- técnico/a turismo
- anuncio
- vivenda social
- lixo
- deportes
- comunicado
- concurso tapas
- subvencions
- axudas
- madrugadores
- Outes Concilia
- subvencións
- Bando
- Madrugadores
- Brigada de incendios
- PXOM
- socorristas
- OEP
- Proceso de estabilización de emprego
- RISGA
- técnico medioambiente
- PEL
- campamentos
- APROL RURAL
- Escola Infantil Municipal
- arquitecto técnico
- Pampallín
- Licitación
- SAF
- CIM
- Entroido
- Resolución
- concesión cafetería
- actividades
- Nadal
- impostos
- SAT
- piscina
- PAI
- bando
- ADL
- formación
- ENIL
- proxecto
- PACES
- cim
- proxecto
- ordenanzas e regulamentos