Outes Dixital
Taboleiro de anuncios
MODELO DE CARTEL PEL-REACTIVA
23/03/2021Segundo as obrigas das bases reguladoras das axudas PEL-Reactiva, poñemos a disposición dos negocios beneficiarios un modelo de cartel no que se fai pública a axuda da Deputación da Coruña e o Concello de Outes.
PUNTO ATENCIÓN Á INFANCIA CURSO 2021/2022: RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA APROBANDO AS SOLICITUDES DE RENOVACIÓN
17/03/2021O Concello de Outes publica a resolución de alcaldía coa lista definitiva de admitidos/as, logo de rematado o prazo para solicitudes de renovación, no Punto de Atención á Infancia de Outes para o curso 2021/2022.
CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 1, 2, 3 E 4
17/03/2021O Concello de Outes informa de que a Consellaría de Cultura, Educación e Universidade convoca as probas para obter os certificados de lingua galega dos niveis 1, 2, 3 e 4. As probas terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galiza, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística ( http://www.lingua.gal).
As localidades onde se van realizar as probas son Santiago de Compostela e Ponferrada.
O prazo de presentación de solicitudes poderá facerse até o 8 de abril de 2021 e haberá que efectuar o pagamento da taxa correspondente que é de 16,59 euros.
Ligazón para presentar a solicitude ou descargar os documentos
Para máis información consultar o Diario Oficial de Galiza (DOG) ou contactar co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Outes a través do teléfono 981 850 003 ou no enderezo electrónico normalizacion@outes.gal
LISTADO PROVISIONAL DAS PERSOAS FÍSICAS OU XURÍDICAS BENEFICIARIAS DAS AXUDAS PEL-REACTIVA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA E DO CONCELLO DE OUTES
11/03/2021Ábrese un prazo para alegacións ou emendas de 5 días hábiles. Á finalización do prazo se non houbese alegacións este listado pasará a considerarse definitivo.
Para a resolución definitiva do pago e segundo as bases da convocatoria, as persoas beneficiarias deben de presentar con data límite 31 de marzo por sede electrónica do concello, facturas e os seus xustificantes de pago polo importe concedido.
PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA DE PERSOAS USUARIAS DO P.A.I. DE OUTES
04/03/2021O Concello de Outes informa de que xa está publicado no BOP o procedemento de renovación, novo ingreso, admisión e matrícula de persoas usuarias do Punto de Atención á Infancia do concello para o curso 2021/2022.
Dito procedemento pode consultarse no BOP da provincia da Coruña do 4 de marzo.
DESPREGUE DA FIBRA ÓPTICA EN OUTES
23/02/2021Segundo nos trasladan da empresa que está a realizar o despregue da fibra óptica no concello, do que é responsable Telefónica, nas últimas semanas realizáronse as obras de conexión nos lugares de Catasueiro, Áspera e Viro. O servizo aínda tardará en estar efectivo canto menos un mes. O plan segue coas obras de Villardigo, Cuns e Lagoa.
Por outra banda, os problemas de conexión na rúa da Capela, na Serra de Outes, tamén están sendo solucionados co que o servizo poderá ser efectivo proximamente.
Picar aquí para ver as previsións de despregue nos distintos lugares do concello.
LIÑA DE AXUDAS DO IGAPE PARA EMPRENDEDORES E EMPRESAS
19/01/2021Dende o concello informámosvos da publicación dunha axuda do Igape para empresas e emprendedores, facilitámosvos un resumo completo da axuda e o documento publicado no DOG.
Para máis información ou se necesitades axuda para elaborar o proxecto podedes contactar coa Axencia de Desenvolvemento Local do concello e preguntar por Carlos Rodríguez.
PLAN DE RECUPERACIÓN DE ÁRBORES AUTÓCTONAS NAS FRANXAS SECUNDARIAS DE PROTECCIÓN CONTRA OS LUMES FORESTAIS
13/01/2021O Concello de Outes repartirá de forma gratuíta as plantas de castiñeiro entre os/as propietarios/as que o soliciten (máximo 20 plantas por propietario/a).
Os/as interesados/as poderán realizar as solicitudes no departamento de urbanismo do Concello entre o 18 e 29 de xaneiro, chamando previamente ao teléfono 637 063 677.
OBRADOIRO DE EMPREGO: BASES DE SELECCIÓN
25/11/2020O Concello de Outes publica a resolución da aprobación das bases de selección do alumnado-traballador e equipo directivo, docente e de apoio do obradoiro de emprego OUTES-NOIA-LOUSAME 2020.
A persoa interesada en participar como alumna neste obradoiro debe:
- Ser maior de 18 anos
- Estar inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).
- Ter solicitado no SPEG o obradoiro de emprego.
Ademais, debe cumplir algún dos seguintes requisitos de acceso:
- Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
- Certificado de profesionalidade de nivel 2.
- Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional (Agraria).
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben ter superadas as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
- Ter superado as competencias clave.
As persoas interesadas en formar parte do equipo directivo, docente ou de apoio do obradoiro de emprego tamén terán que figurar inscritas no SPEG e ter solicitada a correspondente ocupación.
A solicitude de persoas candidatas a oficina de emprego realizarase o próximo luns 30 de novembro.
Unha vez recibida a listaxe de solicitantes contactarase coas persoas candidatas para informalas da documentación que deben presentar e o día e hora da selección.
Para máis información ou ante calquera dúbida, pode contactar coa orientadora laboral no teléfono 981 850 003 ou no enderezo de correo: orientacion.laboral@outes.gal
OBRADOIRO DE EMPREGO
09/11/2020O Concello de Outes acollerá un obradoiro de emprego sobre xestión forestal, organizado xunto cos concello de Noia e Lousame, que dará comezo a finais de decembro. Os interesados deberán estar anotados na oficina de emprego correspondente.
MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DE LIXO
07/11/2020O Concello de Outes publica o certificado de modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de recollida e tratamento de lixo.
LOCAL DE ENSAIO DO CONCELLO DE OUTES
14/10/2020O Concello de Outes pon a disposición da cidadanía do concello e/ou xente vinculada ao mesmo cunha relación de traballo e/ou familia un espazo para o ensaio musical.
O local de ensaio está situado nunha aula do antigo colexio do Cruceiro de Roo e conta cun espazo insonorizado e dispón tamén dun almacén para gardar os instrumentos.
SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2020-2021
21/08/2020O Concello de Outes publica a resolución de concesión de axuda para a mellora dos camiños de San Lourenzo a Mastontán e de Valadares a Asenso.
ANUNCIO DE APROBACIÓN DO PADRÓN FISCAL DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO DO 1º SEMESTRE DE 2020
13/08/2020A Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión do 20 de xullo de 2020, aprobou o padrón de contribuíntes da taxa polo servizo de recollida de lixo do 1º semestre de 2020, composto por un total de 3.522 recibos.
CALENDARIO DO CONTRIBUÍNTE DO ANO 2020
10/07/2020O Concello de Outes publica o calendario do contribuínte cos períodos voluntarios de ingreso das débedas de vencemento periódico.
DEPÓSITO DO LIXO NOS CONTEDORES
06/05/2020A FEGAMP recomenda pechar as tapas dos contedores de lixo. As tapas deben permanecer pechadas por hixiene, para evitar cheiros, minimizar a proliferación de animais e insectos e por cuestións económicas.
A contaminación de coronavirus polo contacto directo coas tapas dos contedores pódese evitar co uso de luvas cando se vaia depositar o lixo, botando un xel hidroalcólico e lavando as mans con auga e xabón. Estas medidas son efectivas e evitan a exposición da poboación aos riscos sanitarios derivados de deixar as tapas dos contedores abertas.
PROCEDEMENTO PARA A TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES DO SUBSIDIO EXCEPCIONAL POR DESEMPREGO
06/05/2020O Concello de Outes informa do procedemento para a tramitación de solicitudes do subsidio excepcional por desemprego.
SUBSIDIO EXTRAORDINARIO PARA EMPREGADOS DO FOGAR
06/05/2020O Concello de Outes informa do subsidio extraordinario por falta de actividade para empregados do fogar.
MODIFICACIÓN NOS TRÁMITES PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS MENORES DE CONSERVACIÓN E MANTEMENTO NAS PROXIMIDADES DOS RÍOS
22/04/2020O Concello de Outes anuncia que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou un novo decreto para facilitar a execución de obras menores de conservación e mantemento nas proximidades dos ríos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.
Trátase da modificación do Decreto 1/2015, do 15 de xaneiro, que aumenta os casos nos que se pode substituír o trámite de autorización polo de declaración responsable. Inclúense traballos menores na zona de policía dos ríos da demarcación Galicia-Costa, en xeral unha franxa de 100 metros a cada lado das canles dos ríos.
Este cambio no regulamento introduce ademais que os traballos menores do dominio público hidráulico ou na zona de policía poidan comezarse dende o mesmo momento da prestación da declaración responsable, o que axiliza a súa tramitación.
RESUMO DE MEDIDAS DE APOIO A EMPRESAS E AUTÓNOMOS
21/04/2020O Concello de Outes informa das medidas e programas de apoio a autónomos e empresas durante a declaración do estado de alarma. Podedes descargar o arquivo adxunto para ver un resumo das citadas medidas.
CERTIFICADO DE ACORDO PLENARIO
03/04/2020O Concello de Outes informa do acordo de aprobación do Plan Anual Normativo para o ano 2020.
DECRETO DA ALCALDÍA: APRAZAMENTO DO COBRO DA TAXA DO LIXO
26/03/2020Coa finalidade de minorar as consecuencias socioeconómicas do coronavirus, o Concello de Outes anuncia que amplía o período de pago establecido para a taxa do lixo, o único correspondente a servizos básicos municipais previsto nas vindeiras semanas.
PROXECTO MUSEISTICO ESTALEIRO “CIPRIAN”
17/01/2020O proxecto museográfico define as características xerais da exposición que albergará o futuro estaleiro rehabilitado, onde o fío condutor será a Carpintería de Ribeira: a edificación, o oficio e as súas técnicas construtivas.
O proxecto é froito dos arquitectos Iago Fernández Penedo e Óscar Fortes Dopico, (A tese doutoral de Fortes versa sobre as arquitecturas das carpinterías de ribeira en Galicia) e afrontouse como unha actuación de consolidación e respecto polo antigo estaleiro tradicional, mantendo os volumes que configuraban a carpintería de ribeira orixinal, sen modificala, tal cal chegou aos nosos días, debido a que é froito da evolución e da memoria da actividade de construción de embarcacións de madeira que alí se desenvolvían.
A idea expositiva non trata de presentar toda a información dispoñible sobre o tema se non que busca elaborar unha síntese que axude á interpretación, que simplifique a visita e a aprendizaxe. Pódense expor instrumentos que amplíen e concreten o discurso: exposicións temporais, actividades de difusión, publicacións, visitas guiadas... A idea é converter toda a área como un exemplo vivo do tradicional oficio de construcións de madeira, que sirva como un referente na defensa, a posta en valor e a continuidade da identidade e memoria do patrimonio marítimo galego en xeral, e en concreto do municipio de Outes.
PROXECTO FINANCIADO POLA UNION EUROPEA A TRAVÉS DO GRUPO DE ACCION LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO-SEO DE FISTERRA RÍA DE MUROS-NOIA: COSTA SOSTIBLE.