Anuncio

CENTRO PARA A TRANSFORMACIÓN DO LIXO MARIÑO

O Concello de Outes participa nesta iniciativa subvencionada polo GALP Costa Sostible xunto coa Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra-Ría de Muros Noia, Asociación A Creba, Asociación de Saúde Mental Misela e o Centro especial de emprego ADISBISMUR.

O principal obxectivo do proxecto é promover o aproveitamento de restos e lixo mariño derivado da actividade pesqueira e a súa reintrodución no sector, xerando dinámicas de economía circular e minorizando o impacto da contaminación nos recursos naturais e entorno mariño e costeiro. Ademais o proxecto diríxese á integración social, contribuíndo á súa vez a reforzar á colaboración entre axentes, ao coidado ambiental e á dinamización económica da zona costeira.

O proxecto implica a transformación social e a defensa dos intereses colectivos e do ben común, apoiando a xeración de redes de traballo colaborativo entre o sector pesqueiro, entidades de inclusión e concello, deseñando un proxecto de economía circular que se centra no aproveitamento de recursos ou refugallos das actividades pesqueiras, dándolle un novo uso dirixido centralmente á actividade pesqueira.

 

 Ver resolución da Consellería do Mar