Anuncio

MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL DE RECOLLIDA E TRATAMENTO DO LIXO

O Pleno deste Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 29 de outubro do 2024, acordou a aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal de recollida e tratamento de lixo.

E en cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. 

Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello [http://outes.sedelectronica.gal] e páxina web municipal [www.outes.gal]. Se transcorrido o devandito prazo non se presentaron reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o devandito Acordo.

Ver anuncio completo no BOP da Coruña