Taboleiro de anuncios

MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM PARA CHAN INDUSTRIAL. INFORMACIÓN PÚBLICA
01/12/2022

Apertura do período de información pública da modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Outes.

Aprobada inicialmente a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Outes por acordo plenario, no Pleno ordinario do Concello de Outes celebrado o 25.08.2022, procedese á apertura do período de información pública durante dous meses para a presentación das alegacións que se estimen pertinentes.

O expediente, con tódolos documentos que integran o Plan Xeral incluído o estudo ambiental estratéxico, poden descargarse picando no seguinte enlace:

 Descarga de documentos

MODIFICACIÓN DO PXOM PARA CHAN INDUSTRIAL
19/05/2021

O Concello de Outes informa que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental abríu o prazo de consultas no procedemento de avaliación ambiental estratéxica que inicia os trámites para modificar o PXOM de Outes, de cara a delimitar un novo sector urbanizable industrial.

 Máis información