Taboleiro de anuncios

ANUNCIO DE APROBACIÓN DE ORDENANZAS E REGULAMENTOS
04/12/2019

De conformidade cos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 56 do Texto Refundido de Réxime Local, sométese a información pública polo prazo de trinta días, a contar desde o seguinte á publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que poida ser examinados, os textos de ordenanzas e regulamentos que a continuación se publican e poidan, no seu caso, presentarse as reclamacións que se estimen oportunas. Durante o devandito prazo poderá ser examinada por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará ao dispor dos interesados na sede electrónica e nesta páxina web:

Ver ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DO CONCELLO DE OUTES

Ver REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DO CONCELLO DE OUTES

Ver ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DE CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR “OUTES CONCILIA”

Ver REGULAMENTO DO PROGRAMA “OUTES CONCILIA”

No caso de non presentarse reclamacións no citado prazo, entenderase definitivamente aprobado o acordo de aprobación inicial das ordenanzas e regulamentos.