Taboleiro de anuncios

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA CELGA
11/09/2019

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis (Celga) 2 e 4.

Persoas destinatarias: As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria.

Datas: As probas terán lugar na segunda quincena do mes de novembro de 2019.

Lugares: As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Os formularios de solicitude, segundo o modelo PL500C, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PL500C

O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 1 de outubro de 2019.

Máis información no Diario Oficial de Galicia do 10 de setembro de 2019 e en  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190910/AnuncioG0535-020919-0001_gl.html