Outes Dixital
Taboleiro de anuncios
LISTADO PROVISIONAL DAS PERSOAS FÍSICAS OU XURÍDICAS BENEFICIARIAS DAS AXUDAS PEL-REACTIVA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA E DO CONCELLO DE OUTES
11/03/2021Ábrese un prazo para alegacións ou emendas de 5 días hábiles. Á finalización do prazo se non houbese alegacións este listado pasará a considerarse definitivo.
Para a resolución definitiva do pago e segundo as bases da convocatoria, as persoas beneficiarias deben de presentar con data límite 31 de marzo por sede electrónica do concello, facturas e os seus xustificantes de pago polo importe concedido.
SUBVENCIÓNS A FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS, CLUBS E SOCIEDADES ANÓNIMAS DEPORTIVAS, PARA A ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS.
08/02/2021O Concello de Outes informa de que a Secretaría Xeral para o Deporte convocou subvencións a federacións deportivas galegas, clubs e sociedades anónimas deportivas, para a adquisición de equipamentos deportivos.
Máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia
LIÑA DE AXUDAS DO IGAPE PARA EMPRENDEDORES E EMPRESAS
19/01/2021Dende o concello informámosvos da publicación dunha axuda do Igape para empresas e emprendedores, facilitámosvos un resumo completo da axuda e o documento publicado no DOG.
Para máis información ou se necesitades axuda para elaborar o proxecto podedes contactar coa Axencia de Desenvolvemento Local do concello e preguntar por Carlos Rodríguez.
AXUDAS PEL REACTIVA PARA EMPRESAS
06/11/2020O Concello de Outes informa do inicio da convocatoria de axudas para paliar a crise provocada pola COVID 19 no tecido empresarial.
Estas axudas, que contan con financiamento da Deputación Provincial da Coruña e van a ser xestionadas dende o Concello, son complementarias e compatibles coas axudas municipais “OUTES RECUPERA”. O prazo de convocatoria iníciase o día 7 de novembro e remata o 25 de novembro ás 14:00 h.