Anuncio
AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E A ACCESIBILIDADE
O Concello de Outes informa de que xa se poden solicitar as axudas para a promoción da autonomía persoal e a accesibilidade.
Son axudas para persoas en situación de dependencia e/ou discapacidade que acrediten a necesidade dos apoios solicitados.
As actuacións subvencionables son:
- Adaptación funcional do fogar e supresión de barreiras na vivenda.
- Adquisición de próteses dentais e auditivas.
- Adquisición e axudas técnicas ou produtos de apoio de uso persoal e intransferible.
A data límite para a presentación de solicitudes é o 19 de decembro de 2023.
Máis información nos servizos sociais do concello (teléfono 981 850 003)