Taboleiro de anuncios

PROBAS E CURSO PREPARATORIO DAS COMPETENCIAS CLAVE
21/02/2022

O Concello de Outes abre o prazo para matricularse no curso preparatorio das probas de competencias clave. A finalidade destas competencias é a de mellorar a formación para poder cursar con aproveitamento os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e poder así, mellorar a inserción laboral.

O prazo para matricularse nas probas está aberto até o 7 de abril de 2022. A inscrición poderá facerse electronicamente na web:

  https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave/convocatoria-probas

ou de maneira presencial por rexistro no concello.

Por outra banda, o curso preparatorio organizado polo Concello de Outes, comezará o 31 de marzo. As aulas impartiranse na casa da cultura tódolos xoves de 11:00 a 12:30 horas e prepararanse as materias de: Comunicación en lingua galega, Comunicación en lingua castelá e Competencia matemática. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse no Servizo de Educación Familiar.

Para resolver dúbidas e máis información chamar ao teléfono 981 85 00 03 e preguntar por Juana.

CONVOCATORIA DE CURSOS DE LINGUA GALEGA
14/02/2022

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca os cursos voluntarios e gratuítos de preparación das probas dos Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Cursos presenciais:

Haberá cursos presenciais na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Celebraranse en sesións de dúas horas e media, de luns a xoves, entre o 21 de marzo até o 12 de maio. Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas.

Cursos de teleformación:

Haberá tamén cursos na modalidade de teleformación entre o 21 de marzo e o 12 de maio co seguinte número de prazas:

  • Celga 1: 150 prazas
  • Celga 2: 150 prazas
  • Celga 3: 180 prazas
  • Celga 4: 390 prazas


Prazo de inscrición: estará aberto até o 7 de marzo.

As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico  https://formacion-lingua.xunta.gal

Para dúbidas e máis información contactar co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Outes no enderezo electrónico normalizacion@outes.gal ou chamar ao teléfono 981 85 00 03 e preguntar por Luís.

Ligazón ao Diario Oficial de Galiza  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220214/AnuncioG0598-260122-0002_gl.html

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA)
18/08/2021

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no Diario Oficial de Galiza (DOG) a convocatoria de cursos en liña de linguaxe administrativa de nivel medio e superior e os cursos preparatorios para o Celga (2021/2022). 

Estes cursos son de balde e impartiranse entre outubro de 2021 e maio de 2022, en horario de mañá ou de tarde.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2021, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro), e desde o 4 ata o 14 de xaneiro de 2022, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Para máis información consultar o  DOG Núm. 155, chamar ao teléfono 981 850 003 ou escribir a normalizacion@outes.gal