Anuncio

APROBACIÓN INICIAL DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN, NORMAS DE FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN DAS VIVENDAS SOCIAIS MUNICIPAIS

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día 29 de outubro de 2024 a Ordenanza municipal reguladora dos criterios de adxudicación, normas de funcionamento e utilización das vivendas sociais municipais, de conformidade cos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 56 do Texto Refundido de Réxime Local, sométese a información pública polo prazo de 30 días, a contar dende o día seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia para que poida ser examinada e presentar as reclamacións que se estimen oportunas. 

Durante devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello [https://outes.sedelectronica.gal] e páxina web municipal [www.outes.gal]. 

No caso de non presentarse reclamacións no citado prazo, entenderase definitivamente aprobado o Acordo de aprobación da mencionada Ordenanza. 

 Ver ordenanza