Anuncio

CONSULTA PÚBLICA PREVIA Á APROBACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO ALUGUER DA VIVENDA SOCIAL MUNICIPAL

De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto da Ordenanza Municipal reguladora do aluguer da vivenda social municipal, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de: 

  • Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa. 
  • A necesidade e oportunidade da súa aprobación. 
  • Os obxectivos da norma. 
  • As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias. 

Os/as cidadáns/ás, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos durante o prazo de 10 días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 Ver anuncio