Anuncio
CONSULTA PÚBLICA PREVIA Á APROBACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DO USO DAS PRAIAS DO MUNICIPIO DE OUTES
De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto da Ordenanza Municipal reguladora do uso das praias do Municipio de Outes, solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca de:
- Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
- A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
- Os obxectivos da norma.
- As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
Os/as cidadáns/ás, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos durante o prazo de 10 días, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.