Anuncio
SELECCIÓN DE PERSOAL: SELECCIÓN DE 1 XEFE/A DE BRIGADA, 1 PEÓN/PEOA CONDUTOR/A E 3 PEÓNS/PEOAS PARA A BRIGADA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS
O concello de Outes informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia do día 13 de xuño, das bases e convocatoria que rexerán o proceso selectivo para selección de 1 xefe/a de brigada, 1 peón/peoa condutor/a e 3 peóns/peoas da brigada de prevención e extinción de
incendios.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 14 ata o 28 de xuño (ambos incluídos).
A solicitude de inscrición e a información sobre os requisitos de participación e o procedemento de selección poden consultarse nos arquivos adxuntos.