Anuncio

RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS ASPIRANTES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO PROCESO DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA “ESTALEIRO CIPRIÁN”

Logo de aprobarse por Resolución da Alcaldía de data 17 de outubro do 2024 a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso de selección dun Técnico/a Medio de atención ao espazo museístico do Centro de Interpretación da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”, procédese a súa publicación a efectos do seu xeral coñecemento polas persoas interesadas.

A realización do primeiro exercicio da fase de oposición fíxase para o día 29 de outubro de 2024, ás 10:00 horas, na planta baixa da Casa da Cultura de Outes, sita na Avenida de San Campio, núm. 1 da Serra de Outes, debendo portar os aspirantes a documentación identificativa indicada na Base 7.2 do proceso selectivo. 

O chamamento para posteriores exercicios farase mediante a publicación no taboleiro de anuncios da Corporación aloxado na sede electrónica deste Concello [ http://outes.sedelectronica.gal] e páxina web municipal [www.outes.gal], con 24 horas, polo menos, de antelación ao comezo de este.  

Ver anuncio co listado no BOP da Coruña