Anuncio

RELACIÓN PROVISIONAL DE PERSOAS ASPIRANTES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NO PROCESO DE SELECCIÓN DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA “ESTALEIRO CIPRIÁN”

Logo de aprobar por Resolución da Alcaldía de data 7 de outubro do 2024 a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso de selección dun Técnico/a Medio de atención ao espazo museístico do Centro de Interpretación da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro Ciprián”, procédese a súa publicación a efectos do seu xeral coñecemento polas persoas interesadas.

De acordo co establecido na cláusula quinta das Bases reguladoras, concédese un prazo de tres días hábiles a partir do seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial da Provincia para que os/as aspirantes excluídos/as poidan emendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou formular reclamacións. 

De non atender o requirimento de subsanación dentro do prazo sinalado, serán excluídos definitivamente do proceso selectivo.

Ver resolución no BOP da Provincia da Coruña

 Ver Anexo II: solicitude de participación (LibreOffice)

 Ver Anexo II: solicitude de participación (Word)