Anuncio

ANUNCIO PUNTUACIÓNS FINAIS DO PROCESO SELECTIVO DUN TÉCNICO/A MEDIO DE ATENCIÓN AO ESPAZO MUSEÍSTICO DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA "ESTALEIRO CIPRIÁN"

Mediante a presente, procédese á publicación do Acordo do Tribunal de Selección de data 20 de novembro do 2024 relativo ao proceso selectivo para a cobertura dunha praza de Técnico/a Medio de Atención ao Espazo Museístico da Carpintería de Ribeira "Estaleiro Ciprián".

En atención á reclamación presentada por unha aspirante, o tribunal acordou a anulación da pregunta 36 do primeiro exercicio da fase de oposición, debido a un erro no seu enunciado, ao referirse a "sanción leve" en lugar de "infracción leve", contravindo o establecido na Lei 5/2016, do Patrimonio Cultural de Galicia. Este erro podía inducir a confusión nos aspirantes, polo que se procedeu á súa substitución pola primeira pregunta de reserva e á realización dunha nova corrección do primeiro exercicio.

Unha vez realizada a nova corrección do primeiro exercicio e finalizada a valoración da fase de concurso de méritos, estableceuse a puntuación final do proceso selectivo, resultante da suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e de concurso.

A aspirante que obtivo a mellor puntuación, Dª PAULA LÓPEZ GARCÍA é proposta para a contratación, polo que deberá presentar, no prazo improrrogable de tres días hábiles, a seguinte documentación:

  • Certificado médico ou informe de saúde que acredite non padecer enfermidade ou limitación física ou psíquica que impida o normal desenvolvemento das tarefas correspondentes ao posto ofertado.
  • Declaración xurada de non ter sido separada mediante expediente disciplinario do servizo do Estado, Comunidades Autónomas ou Entidades Locais, nin atoparse inhabilitada para o exercicio de funcións públicas.

De non presentar a documentación requirida no prazo indicado, entenderase que renuncia ao posto, procedéndose conforme ás bases do proceso selectivo.

 Ver puntuacións