Anuncio

SELECCIÓN DE PERSOAL: 5 SOCORRISTAS EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS PARA A TEMPADA DE VERÁN 2023

O concello de Outes ten solicitada ante a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade unha subvención para a contratación de socorristas en espazos acuáticos naturais. A selección deste persoal realizarase mediante oferta comunicada á oficina de emprego de Santiago-Norte. As persoas interesadas en participar neste proceso selectivo deberán estar inscritas como demandantes na oficina de emprego e ter solicitada a ocupación de Socorrista en espazos acuáticos naturais. A solicitude de persoas candidatas a oficina de emprego efectuarase o vindeiro martes día 20 de xuño. O resto de requisitos das persoas aspirantes e as condicións da contratación veñen recollidas nas bases adxuntas.

 Ver bases