Anuncio
COMUNICADO DO GOBERNO MUNICIPAL SOBRE O SUPOSTO EPISODIO GRAVE NA REDE DE ABASTECEMENTO NO PASADO MES DE ABRIL
Diante das informacións publicadas polo grupo da oposición Populares de Outes no día de hoxe relativas a un suposto "Episodio grave na rede abastecemento no pasado mes de abril", o Goberno Municipal de Outes vese na obriga de clarificar o seguinte:
- A incidencia que aparece no SINAC (Sistema de Información Nacional de Augas no Consumo) é incorrecta.
- O suposto incumprimento do parámetro referido ao praguicida Ometoato, non é tal, posto que ese parámetro nin sequera foi analizado por parte do laboratorio que realiza as analíticas.
- Unha vez consultado o laboratorio encargado das analíticas e de subir os resultados ao SINAC, este indícanos que a corrección dese erro, de carácter administrativo, xa foi reclamada o pasado mes de Xullo, sen que o SINAC lle dera resposta algunha aínda.
- Por último, lamentamos que o grupo da oposición prantexe esta cuestión referida a unha incidencia de hai meses, creando nestes momentos delicados unha alarma social innecesaria.
Xúntase o informe realizado pola empresa ASAGLAB GROUP S.L, ao respecto.