Anuncio

CAMPAMENTO DE VERÁN 2024: LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E LISTAXE DEFINITIVA DE AGARDA

Aprobada a listaxe definitiva de persoas admitidas, así como a listaxe definitiva de agarda no Campamento de Verán 2024 co incremento de 5 prazas, en cada unha das seis quendas, aprobado por Resolución de Alcaldía.

As persoas que figuran como admitidas con praza na listaxe definitiva do Campamento de Verán 2024, punto primeiro da resolución, teñen que ter realizada a formalización do pago bancario antes do comezo do campamento de verán 2024, o martes 25 de xuño.

O pago formalizarase atendendo ao modelo informativo que figura na páxina web do concello, remitindo os xustificantes de pago por correo electrónico a cimoutes@yahoo.es.

As renuncias ás prazas deberán ser presentadas conforme ao modelo normalizado, ben por sede electrónica do Concello de Outes ( https://outes.sedelectronica.gal) ou de xeito presencial no rexistro xeral do Concello de Outes.

De non formalizarse dito proceso nas datas establecidas e conforme as condicións da convocatoria, decaerá o dereito á praza obtida que será ocupada polas persoas que figuran na listaxe de agarda do Campamento de Verán 2024.

 Ver resolución coa listaxe Definitiva