Taboleiro de anuncios

ANUNCIO DE APROBACIÓN DO PADRÓN FISCAL DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO DO 1º SEMESTRE DE 2020
13/08/2020

A Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión do 20 de xullo de 2020, aprobou o padrón de contribuíntes da taxa polo servizo de recollida de lixo do 1º semestre de 2020, composto por un total de 3.522 recibos.

 Ver anuncio

ANUNCIO DE APROBACIÓN DO PADRÓN FISCAL DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO ANO 2020
26/06/2020

A Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión do 8 de xuño de 2020, aprobou o padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do ano 2020, composto por un total de 5.584 recibos.

 Ver anuncio

DECRETO DA ALCALDÍA: APRAZAMENTO DO COBRO DA TAXA DO LIXO
26/03/2020

Coa finalidade de minorar as consecuencias socioeconómicas do coronavirus, o Concello de Outes anuncia que amplía o período de pago establecido para a taxa do lixo, o único correspondente a servizos básicos municipais previsto nas vindeiras semanas.

Ver decreto